Cartas que cruzan o Miño. Correspondencia con don Pedro Álvarez V de Soutomaior, falsificador (1527)
Loading...
Identifiers
Publication date
Advisors
Tutors
Editors
Journal Title
Journal ISSN
Volume Title
Publisher
Instituto da Lingua Galega
Universidade de Santiago de Compostela, Servizo de Publicacións e Intercambio Científico
Universidade de Santiago de Compostela, Servizo de Publicacións e Intercambio Científico
Abstract
O inicio do século xvi marca na historia europea o comezo da Idade Moderna,
que, no ámbito lingüístico e literario, se caracteriza pola progresiva substitución
do latín en favor das linguas vernáculas que se asocian cos estados emerxentes e
que se van configurando como as grandes linguas de cultura europeas. Non é ese o
caso do galego: Galicia ve comezar un período de trescentos anos de apagamento
do seu idioma na cultura escrita, que conduce a un notable desprestixio social e
ao esquecemento do brillante pasado medieval; un período que na nosa historia
cultural recibe o significativo nome de «séculos escuros». Por iso chamaron a nosa
atención os tres textos que editamos e estudamos, mesmo sendo híbridos: tres
epístolas de carácter privado, dúas de 1527 e outra de entre 1528 e 1530. O feito
de seren cartas aumenta a súa importancia, debido á aínda maior escaseza de testemuños
do xénero epistolar, á que non son alleos nin o seu carácter efémero nin
o abandono da lingua do país por parte das clases máis cultivadas.
Neste contexto, a presenza do galego débese probablemente a seren cartas
de carácter persoal, non público, onde emerxe con maior facilidade a lingua habitual
para a comunicación oral entre os correspondentes. Debido ao seu carácter de
textos circunstanciais e de contido bastante particular, xunto coa edición, cumpría
un labor de esclarecemento das súas características textuais e contextuais: como
se producen e por que, cales son as persoas implicadas, como se datan e por que conduto se difunden, cal é o seu contido... Este, xunto coas características epistolográficas,
foi o noso centro de atención na presente contibución; márcanse as
alternancias de código, pero a necesaria análise da hibridación, así como a das
características relevantes do galego empregado (grafía, gramática, léxico, onomástica...), tiveron que adiarse por forza para unha ulterior ocasión.
Description
Bibliographic citation
Álvarez Blanco, María Rosario / Xove Ferreiro, Xosé (2013). Cartas que cruzan o Miño. Correspondencia con don Pedro Álvarez V de Soutomaior, falsificador (1527). En: "Ao sabor do texto. Estudos dedicados a Ivo Castro" (pp. 29-55). Santiago de Compostela: Instituto da Lingua Galega: Universidade de Santiago de Compostela, Servizo de Publicacións e Intercambio Científico







