Cartas que cruzan o Miño. Correspondencia con don Pedro Álvarez V de Soutomaior, falsificador (1527)
| dc.contributor.author | Álvarez Blanco, Rosario | |
| dc.contributor.author | Xove Ferreiro, Xosé | |
| dc.date.accessioned | 2013-12-09T08:13:30Z | |
| dc.date.available | 2013-12-09T08:13:30Z | |
| dc.date.issued | 2013 | |
| dc.description.abstract | O inicio do século xvi marca na historia europea o comezo da Idade Moderna, que, no ámbito lingüístico e literario, se caracteriza pola progresiva substitución do latín en favor das linguas vernáculas que se asocian cos estados emerxentes e que se van configurando como as grandes linguas de cultura europeas. Non é ese o caso do galego: Galicia ve comezar un período de trescentos anos de apagamento do seu idioma na cultura escrita, que conduce a un notable desprestixio social e ao esquecemento do brillante pasado medieval; un período que na nosa historia cultural recibe o significativo nome de «séculos escuros». Por iso chamaron a nosa atención os tres textos que editamos e estudamos, mesmo sendo híbridos: tres epístolas de carácter privado, dúas de 1527 e outra de entre 1528 e 1530. O feito de seren cartas aumenta a súa importancia, debido á aínda maior escaseza de testemuños do xénero epistolar, á que non son alleos nin o seu carácter efémero nin o abandono da lingua do país por parte das clases máis cultivadas. Neste contexto, a presenza do galego débese probablemente a seren cartas de carácter persoal, non público, onde emerxe con maior facilidade a lingua habitual para a comunicación oral entre os correspondentes. Debido ao seu carácter de textos circunstanciais e de contido bastante particular, xunto coa edición, cumpría un labor de esclarecemento das súas características textuais e contextuais: como se producen e por que, cales son as persoas implicadas, como se datan e por que conduto se difunden, cal é o seu contido... Este, xunto coas características epistolográficas, foi o noso centro de atención na presente contibución; márcanse as alternancias de código, pero a necesaria análise da hibridación, así como a das características relevantes do galego empregado (grafía, gramática, léxico, onomástica...), tiveron que adiarse por forza para unha ulterior ocasión. | gl |
| dc.identifier.citation | Álvarez Blanco, María Rosario / Xove Ferreiro, Xosé (2013). Cartas que cruzan o Miño. Correspondencia con don Pedro Álvarez V de Soutomaior, falsificador (1527). En: "Ao sabor do texto. Estudos dedicados a Ivo Castro" (pp. 29-55). Santiago de Compostela: Instituto da Lingua Galega: Universidade de Santiago de Compostela, Servizo de Publicacións e Intercambio Científico | gl |
| dc.identifier.uri | http://hdl.handle.net/10347/9484 | |
| dc.language.iso | glg | gl |
| dc.publisher | Instituto da Lingua Galega | gl |
| dc.publisher | Universidade de Santiago de Compostela, Servizo de Publicacións e Intercambio Científico | gl |
| dc.rights.accessRights | open access | gl |
| dc.subject | Edición de textos | gl |
| dc.subject | Text editing | gl |
| dc.subject | Cartas | gl |
| dc.subject | Letters | gl |
| dc.subject | Galego (Lingua) | gl |
| dc.subject | Gallego (Lengua) | gl |
| dc.subject | Galician (Language) | gl |
| dc.subject | Idade Moderna | gl |
| dc.subject | Edad Moderna | gl |
| dc.subject | Modern age | gl |
| dc.title | Cartas que cruzan o Miño. Correspondencia con don Pedro Álvarez V de Soutomaior, falsificador (1527) | gl |
| dc.type | book part | gl |
| dspace.entity.type | Publication | |
| relation.isAuthorOfPublication | 3ae06931-b3dd-4eb3-95ac-38e3185750a5 | |
| relation.isAuthorOfPublication.latestForDiscovery | 3ae06931-b3dd-4eb3-95ac-38e3185750a5 |
Files
Original bundle
1 - 1 of 1
Loading...
- Name:
- Alvarez_Xove_2013_Homenaxe_Ivo_Castro.pdf
- Size:
- 1.42 MB
- Format:
- Adobe Portable Document Format