RT Book,_Section T1 Cartas que cruzan o Miño. Correspondencia con don Pedro Álvarez V de Soutomaior, falsificador (1527) A1 Álvarez Blanco, Rosario A1 Xove Ferreiro, Xosé K1 Edición de textos K1 Text editing K1 Cartas K1 Letters K1 Galego (Lingua) K1 Gallego (Lengua) K1 Galician (Language) K1 Idade Moderna K1 Edad Moderna K1 Modern age AB O inicio do século xvi marca na historia europea o comezo da Idade Moderna,que, no ámbito lingüístico e literario, se caracteriza pola progresiva substitucióndo latín en favor das linguas vernáculas que se asocian cos estados emerxentes eque se van configurando como as grandes linguas de cultura europeas. Non é ese ocaso do galego: Galicia ve comezar un período de trescentos anos de apagamentodo seu idioma na cultura escrita, que conduce a un notable desprestixio social eao esquecemento do brillante pasado medieval; un período que na nosa historiacultural recibe o significativo nome de «séculos escuros». Por iso chamaron a nosaatención os tres textos que editamos e estudamos, mesmo sendo híbridos: tresepístolas de carácter privado, dúas de 1527 e outra de entre 1528 e 1530. O feitode seren cartas aumenta a súa importancia, debido á aínda maior escaseza de testemuñosdo xénero epistolar, á que non son alleos nin o seu carácter efémero nino abandono da lingua do país por parte das clases máis cultivadas.Neste contexto, a presenza do galego débese probablemente a seren cartasde carácter persoal, non público, onde emerxe con maior facilidade a lingua habitualpara a comunicación oral entre os correspondentes. Debido ao seu carácter detextos circunstanciais e de contido bastante particular, xunto coa edición, cumpríaun labor de esclarecemento das súas características textuais e contextuais: comose producen e por que, cales son as persoas implicadas, como se datan e por que conduto se difunden, cal é o seu contido... Este, xunto coas características epistolográficas,foi o noso centro de atención na presente contibución; márcanse asalternancias de código, pero a necesaria análise da hibridación, así como a dascaracterísticas relevantes do galego empregado (grafía, gramática, léxico, onomástica...), tiveron que adiarse por forza para unha ulterior ocasión. PB Instituto da Lingua Galega PB Universidade de Santiago de Compostela, Servizo de Publicacións e Intercambio Científico YR 2013 FD 2013 LK http://hdl.handle.net/10347/9484 UL http://hdl.handle.net/10347/9484 LA glg NO Álvarez Blanco, María Rosario / Xove Ferreiro, Xosé (2013). Cartas que cruzan o Miño. Correspondencia con don Pedro Álvarez V de Soutomaior, falsificador (1527). En: "Ao sabor do texto. Estudos dedicados a Ivo Castro" (pp. 29-55). Santiago de Compostela: Instituto da Lingua Galega: Universidade de Santiago de Compostela, Servizo de Publicacións e Intercambio Científico DS Minerva RD 23 abr 2026