EC/017-Vol.17, Núm. 1 (2008)

Permanent URI for this collectionhttps://hdl.handle.net/10347/18923

Browse

Recent Submissions

Now showing 1 - 15 of 15
  • Item type: Item ,
    Novas tendencias no transporte marítimo
    (Universidade de Santiago de Compostela, 2008) González Laxe, Fernando
    Analizamos as tendencias do transporte marítimo internacional: a forte especialización de tráficos, a selectividade de rutas e a intensificación da xerarquía portuaria. O proceso de utilización de colectores e a maior cantidade de bens transportados impulsaron a concentración empresarial nesta actividade. A nosa achega subliña as principais traxectorias: en primeiro lugar, o novo papel das compañías marítimas de liñas regulares, que reforzan o control dos transportes e das rutas; en segundo lugar, o rol dos operadores portuarios, que xestionan as orixes e os destinos das mercadorías; en terceiro lugar, resáltase a inter-operatividade e a constitución de plataformas loxísticas que enlazan os diferentes modos de transporte e que reforzan o papel das compañías marítimas e dos operadores portuarios tanto no plano económico coma no territorial. Finalmente, faise mención da interconexión dos espazos económicos e da nova intermediación da oferta e da demanda no transporte marítimo por medio da proliferación de novos servizos que supuxeron un novo reaxuste espacial na configuración das redes do transporte marítimo
  • Item type: Item ,
    As políticas públicas no desenvolvemento da miticultura en Galicia: o papel da Unión Europea
    (Universidade de Santiago de Compostela, 2008) Rodríguez Rodríguez, Gonzalo; Villasante Larramendi, Carlos Sebastián; García Negro, María do Carme; Carballo Penela, Adolfo; Universidade de Santiago de Compostela. Departamento de Economía Aplicada; Universidade de Santiago de Compostela. Departamento de Organización de Empresas e Comercialización
    Actualmente, a miticultura galega pasa por ser unha actividade económica fortemente apoiada polo sector público. Para os efectos de sopesar e de contrastar esta aseveración, neste traballo realízase unha revisión histórica do papel desenvolvido pola Administración, particularmente pola Unión Europea, desde o nacemento deste tipo de cultivo ata a actualidade, sistematizando os diversos ámbitos a través dos que influíu no desenvolvemento. Para a sistematización dos diversos ámbitos a través dos cales as políticas públicas influíron no desenvolvemento da actividade mexilloeira, partimos dunha caracterización das funcións atribuíbles ao sector público en materia de cultivos acuícolas e, en particular, na produción de mexillón. Para estes efectos distinguimos tres funcións centrais das que se derivan unha serie de ámbitos específicos de actuación: planificación e xestión, control e inspección e creación de capital social fixo. Como resultado, verifícase o notable cambio na contribución das Administracións ao desenvolvemento da miticultura que representa a creación dos Gobernos autonómicos e a incorporación á Unión Europea
  • Item type: Item ,
    Magnitude e implicacións da política común de pesca sobre o metabolismo dos recursos mariños: aplicación de indicadores de sustentabilidade ao sector pesqueiro europeo
    (Universidade de Santiago de Compostela, 2008) Villasante Larramendi, Carlos Sebastián; García Negro, María do Carme; Carballo Penela, Adolfo; Rodríguez Rodríguez, Gonzalo; Universidade de Santiago de Compostela. Departamento de Economía Aplicada; Universidade de Santiago de Compostela. Departamento de Organización de Empresas e Comercialización
    Neste traballo abórdanse diversos aspectos vinculados coa capacidade e coas implicacións do desenvolvemento da frota pesqueira comunitaria no ámbito da política común de pesca a través da utilización de indicadores de sustentabilidade. En termos xerais, os resultados suxiren que se produciu unha diminución de capacidade en cada un dos estratos de baixura, litoral e altura, aínda que de forma asimétrica entre cada un deles e entre cada Estado membro. Igualmente, identifícase a existencia dunha relación positiva, cuxa robustez debe ser comprobada, entre a tendencia da capacidade da frota e os patróns de explotación nas zonas de pesca habituais onde opera. Por último, a aplicación de indicadores de sustentabilidade permitiu medir a perda de biodiversidade nos ecosistemas mariños dos principais países produtores comunitarios. Os resultados indican importantes cambios na abundancia relativa dos ecosistemas e o carácter non sustentable da explotación pesqueira na Unión Europea
  • Item type: Item ,
    A narrativa analítica institucional. Conxugando teoría e evidencia para o caso da política económica española
    (Universidade de Santiago de Compostela, 2008) Caballero Míguez, Gonzalo
    A economía das institucións experimentou un notable desenvolvemento nos últimos anos nas ciencias sociais. O programa da nova economía institucional permitiu formular unha axenda de investigación para o caso da política económica española que incorpora cuestións como o cambio institucional, as institucións da descentralización e a gobernanza do Estado sobre novas bases teóricas. Este artigo presenta os fundamentos da narrativa analítica institucional como unha proposta metodolóxica que foi adecuada para abordar o desenvolvemento desa axenda de investigación para o caso español, e expón algunhas das súas principais características sinalando cuestións de método e temas substantivos
  • Item type: Item ,
    Sistemas de apoio á propiedade privada forestal e a súa aplicación en Galicia
    (Universidade de Santiago de Compostela, 2008) Rodríguez Vicente, Verónica; Marey Pérez, Manuel; Universidade de Santiago de Compostela. Departamento de Produción Vexetal e Proxectos de Enxeñaría; Área de Enxeñaría e Arquitectura
    O sector forestal galego experimentou nas últimas décadas unha forte expansión en superficie sobre terras antigamente dedicadas á agricultura e á gandería, incremento superficial que non foi acompañado por unha repercusión económica e social similar. As razóns atópanse nas carencias estruturais que o propio sector presenta e que non foron corrixidas pola política forestal desenvolvida ata o momento na Comunidade. Tendo en conta a representatividade da propiedade privada de uso forestal en Galicia, este traballo examina as actuais condicións, necesidades e criterios de xestión forestal para este tipo de propiedade na Comunidade. Para iso, e en relación co concepto de xestión forestal sostible, revísanse diferentes metodoloxías de planificación e seguimento forestal implementadas noutras rexións europeas atendendo á súa potencialidade como alternativas de avance e de desenvolvemento do sector forestal galego. Así, dados os problemas actuais da actividade forestal, seleccionáronse catro puntos clave de estudo para a súa posible adaptación a Galicia: redes de contabilidade, modelos de cooperación, programas de educación e asesoramento e medidas públicas de apoio económico. Estas liñas son analizadas en tres niveis: descrición das actuais experiencias na materia en Galicia, base para a posible aplicación ou adaptación de modelos europeos; análise posterior dos principais programas ou medidas desenvolvidos en diferentes rexións europeas e, por último, xeración de criterios para a súa adaptación á Comunidade.
  • Item type: Item ,
    Políticas rexionais de innovación no Reino Unido: a nova relación entre a industria e as institucións de educación superior (HEI) e o papel dos parques científicos
    (Universidade de Santiago de Compostela, 2008) Salvador, Elisa
    Este traballo pretende examinar as actuais políticas rexionais de innovación do Reino Unido, dedicándolle unha especial atención á nova relación entre as institucións de educación superior (HEI) e a industria, e ao papel que desenvolven os parques científicos. Despois dunha completa descrición da estrutura do Goberno relacionada coas políticas de innovación no Reino Unido, realízase unha breve análise da relación entre a industria e os HEI logo da implementación do novo sistema científico no marco 2004-2014 e dos principais instrumentos dispoñibles. Posteriormente, investíganse os parques científicos ingleses como infraestruturas de innovación fundamentais para a rede académico-industrial relativa á innovación. Nos últimos anos, o Goberno incrementou o seu apoio ás empresas asociadas aos parques científicos, aínda que son moitas as críticas e as dúbidas sobre a súa efectividade. Os resultados destacan que existe un potencial significativo nos parques científicos ingleses para desenvolver no futuro un papel máis importante e de maior amplitude na economía inglesa baseada no coñecemento, así como de apoio á creación da axenda de innovación. Dentro deste contexto de fomento da innovación e da creatividade, as universidades e os parques científicos teñen un papel clave que desempeñar e resulta evidente que a nova política comezou a producir resultados
  • Item type: Item ,
    Desigualdade e nivel económico nos países da UE-15. Análise empírica baseada no ECHP (1994-2001)
    (Universidade de Santiago de Compostela, 2008) Troitiño Cobas, Ánxela; Universidade de Santiago de Compostela. Departamento de Economía Cuantitativa
    O obxectivo principal deste artigo é estudar a relación entre a desigualdade e o nivel económico para o conxunto da UE-15 e dos países membros, así como a evolución de ambos os dous fenómenos no período 1994-2001. A variable manexada é a renda dispoñible equivalente dos fogares en paridades e a fonte de datos, o Panel de Fogares da Unión Europea (ECHP). Cuantificamos os niveis de desigualdade a través de índices ben coñecidos e de boas propiedades (Gini, Atkinson 1 e Theil 0), e usamos técnicas de correlación e regresión para medir o tipo e a intensidade da asociación entre desigualdade e nivel de renda. Da análise dos datos conclúese unha relación negativa entrambos os fenómenos, tanto para o conxunto da UE coma para un número importante de países membros.
  • Item type: Item ,
    Valoración continxente e fútbol: a cuantificación da disposición a pagar
    (Universidade de Santiago de Compostela, 2008) Castellanos García, Pablo
    Este artigo analiza se o formato da pregunta de disposición a pagar ten algún efecto na estimación, a través do método de valoración continxente, do valor dos bens públicos xerados por un equipo de fútbol profesional. Para responder a esta cuestión utilizáronse datos dunha enquisa con formato mixto dicotómico-aberto, realizada mediante entrevistas persoais a 800 individuos. A partir dos ditos datos, a evidencia empírica obtida a través de modelos Tobit e logit revela significativas diferenzas nos resultados, dependendo de como se formule a pregunta de disposición a pagar. Polo tanto, os valores obtidos en estudos anteriores deberían ser considerados con cautela
  • Item type: Item ,
    A inserción das economías periféricas no novo patrón de comercio intra-industrial: o caso da economía galega (1988-2005)
    (Universidade de Santiago de Compostela, 2008) Rodil Marzábal, Óscar; Universidade de Santiago de Compostela. Departamento de Economía Aplicada
    Entre as pautas que acompañan o proceso de desenvolvemento das economías, atópase a crecente presenza dos intercambios comerciais de carácter intra-industrial; isto é, comercio bilateral dentro do mesmo sector. Entre os factores que o determinan destacan, entre outros, as economías de escala, a diferenciación de produtos e a diversidade nas preferencias dos consumidores; factores aos que se une a propia estratexia trazada polas empresas multinacionais (comercio intra-firma como parte do comercio intra-industrial), así como o propio comercio fronteirizo. Aínda que, no caso da economía galega, algúns traballos anteriores (Rodil, 1998, 1999) xa amosaban un tímido avance no peso deste tipo de comercio nas relacións de Galicia co exterior, este traballo parece confirmar a consolidación desta tendencia nos últimos anos. Xunto a este resultado, que vén acompañado de certos matices no nivel sectorial, incorpórase tamén unha análise dos fluxos de investimento estranxeiro directo de Galicia co exterior que poden explicar parte destas tendencias
  • Item type: Item ,
    A supervivencia dos comerciantes-banqueiros coruñeses nun marco de crecente competencia: estratexias e resultados (1840-1936)
    (Universidade de Santiago de Compostela, 2008) Lindoso Tato, Elvira; Vilar Rodríguez, Margarita
    Este traballo persegue como principal obxectivo estudar as orixes e a evolución da banca autóctona galega desde a perspectiva da historia empresarial. Utilizando nova evidencia cuantitativa, analízase a fundación das primeiras casas de banca, as súas fontes de financiamento e as principais estratexias de supervivencia adoptadas para facerlles fronte aos cambios lexislativos e ás maiores esixencias financeiras dunha economía en proceso de desenvolvemento. A capacidade de resposta de cada banqueiro privado ás novas condicións do mercado determinou os seus resultados no longo prazo. En vésperas da Guerra Civil, moitas casas de banca pecharan as súas portas, outras sobrevivían á espera de seren absorbidas por algún grupo bancario extrarrexional e só un pequeno grupo conseguiu transformarse en sociedades anónimas e chegar ata os nosos días
  • Item type: Item ,
    O aumento da dispoñibilidade enerxético-alimentaria en Europa e a súa influencia sobre os fisiócratas e malthusianos
    (Universidade de Santiago de Compostela, 2008) Macedo, Gustavo de Conti; Guerra, Sinclair Mallet Guy
  • Item type: Item ,
    Finanzas internacionales A. RAHNEMA Barcelona: Deusto. 2007 [395 páxinas]
    (Universidade de Santiago de Compostela, 2008) Vivel Búa, Milagros; Universidade de Santiago de Compostela. Departamento de Economía Financeira e Contabilidade
  • Item type: Item ,
    Guidebook 2007 of Medium & Small Caps in the Spanish Exchange Mª EUGENIA ESCUDERO PRADO [dir.] Colección Estudios & Investigación. Bolsas y Mercados Españoles (BME) Madrid: BME. 2007 [363 páxinas]
    (Universidade de Santiago de Compostela, 2008) Fernández Fernández, Loreto; Universidade de Santiago de Compostela. Departamento de Economía Financeira e Contabilidade
  • Item type: Item ,
    Compañía de tranvías de La Coruña (1876-2005). Redes de transporte local A.MARTÍNEZ [dir.], C. Piñeiro e C. Velasco Madrid: LID. 2006 [370 páxinas]
    (Universidade de Santiago de Compostela, 2008) Freire Esparís, María del Pilar; Universidade de Santiago de Compostela. Departamento de Economía Aplicada