AAH-Unidades Didácticas
Permanent URI for this collectionhttps://hdl.handle.net/10347/9755
Browse
Recent Submissions
Now showing 1 - 15 of 15
Item type: Item , A cooperación transfronteiriza e territorial(Universidade de Santiago de Compostela. Servizo de Publicacións e Intercambio Científico, 2015) Trillo Santamaría, Juan Manuel; Paül Carril, Valerià; Universidade de Santiago de Compostela. Departamento de XeografíaIntrodución as políticas de cooperación territorial e transfronteiriza da UE.Item type: Item , O mundo occidental despois de 1945. Crecemento económico e Estado de Benestar(Universidade de Santiago de Compostela. Servizo de Publicacións e Intercambio Científico, 2013) Muñoz Abeledo, Luisa; Universidade de Santiago de Compostela. Departamento de Historia Contemporánea e de AméricaA unidade tres parte do fin da Segunda Guerra Mundial, cando se abre camiño a idea de que é necesario establecer un marco de relacións económicas internacionais baseado na cooperación e na integración económica. Mentres que na unidade que a antecede, a dúas, explícanse a recuperación de posguerra e as iniciativas para restablecer o sistema monetario internacional (acordos Bretton Woods), o fomento do comercio externo (GATT) e de axuda ao desenvolvemento (Plan Marshall, BIRD), nesta terceira unidade explícanse os factores de crecemento económico e os principais elementos do Estado de Benestar. Asemade, dentro do módulo do que forma parte a materia de Historia do Mundo Actual, que é Mundo actual: comprensión e evolución contemporánea, esta unidade complementa os coñecementos adquiridos na materia “Institucións Políticas e Movementos Sociais Contemporáneos” polo que atinxe a análise das políticas keynesianas e dos movementos sociais contemporáneos (feminismo, movemento estudiantil dos anos sesenta). Tamén constitúe unha excelente marco para coñecer as bases do funcionamento dos principais organismos internacionais que se desenvolven nesta segunda fase de mundialización da economía (GATTT, FMI) e da liberalización dos mercados de factores. Neste sentido a nosa unidade axuda a sentar as bases dos temas 4 do bloque 1 e 7 do bloque 2 da materia “Fundamentos de Economía da información”. Por último, relaciónase co tema 7 da materia “Métodos de investigación”, obrigatoria de terceiro curso, xa que dentro das actividades prácticas prItem type: Item , Linguaxe, mente e cerebro(Universidade de Santiago de Compostela. Servizo de Publicacións e Intercambio Científico, 2011) Souto Gómez, Montserrat; Universidade de Santiago de Compostela. Departamento de Literatura Española, Teoría da Literatura e Lingüística XeralLinguaxe, mente e cerebro é a terceira e última unidade didáctica de Lingüística II. Esta é xunto con Lingüística unha materia básica da rama de Artes e Humanidades; ten seis créditos ECTS e pertence á área de coñecemento Lingüística Xeral. A presente unidade enfócase cara á docencia de Lingüística II no Grao de Lingua e Literatura Españolas da Facultade de Humanidades*. Por tanto, os seus destinatarios son os estudantes de segundo curso de Español que estudan no campus de Lugo. Todos eles, aínda que non están obrigados a ter superada a materia Lingüística I (de primeiro curso), tiveron xa no curso anterior unha primeira aproximación aos contidos de Lingüística Xeral, e ás dúas grandes naturezas da linguaxe: a biolóxica obxecto desta unidade e a social. Neste último tema de Lingüística II afondaremos nas principais cuestións relacionadas coa natureza biolóxica da linguaxe: a súa adquisición como lingua materna, o proceso psicolingüístico de aprendizaxe de primeiras e segundas linguas, as características dos individuos plurilingües, os fundamentos biolóxicos da linguaxe, os trastornos da comunicación e, finalmente, as aplicacións da lingüística neste ámbito neuropsicolingüístico. A necesidade de conxugar teoría e aplicación será unha das constantes desta unidade didáctica, posto que a natureza biolóxica da linguaxe está relacionada con dous grandes problemas reais (como aprender mellor unha lingua? e como resolver un trastorno comunicativo?) que necesitan da Lingüística xunto con outras áreas de coñecemento para a súa resolución.Item type: Item , A linguaxe como un medio de comunicación(Universidade de Santiago de Compostela. Servizo de Publicacións e Intercambio Científico, 2011) Domínguez Pena, Manuela Susana; Universidade de Santiago de Compostela. Departamento de Filoloxía Inglesa e AlemáEsta materia impártese no 3º curso da Diplomatura de Mestre en Lingua Estranxeira, e a pesar de non ter uns requisitos normativos escritos para poder cursala, ó impartirse en lingua inglesa, é recomendable posuír un nivel de inglés oral e escrito equivalente a un upper-intermediate. A materia de Didáctica da Lingua Inglesa, no que se refire ó aspecto lingüístico, forma parte dun bloque formativo dentro da Diplomatura de Lingua Estranxeira que está en relación directa coas materias de Lingua Inglesa, ofertadas en 1º, 2º e 3º curso da Diplomatura. Por outra parte, a materia de Didáctica da Lingua Inglesa tamén forma parte das chamadas didácticas específicas, e a súa relación directa coas materias de Didáctica da Educación Musical e de Novas Tecnoloxías, derivada da aplicación que estas materias poden ter no ensino da Lingua Inglesa, confírelle una función integradora ó favorecer, deste xeito, a interdisciplinariedade. A Didáctica da Lingua Inglesa está pensada para que achegue unha maior competencia comunicativa, ademais dun manexo máis efectivo na aula, para que o alumnado poida facer fronte ás diferentes propostas metodolóxicas que terán lugar nas aulas das escolas nas que se desenvolverán as prácticas escolares, en primeiro lugar, e como profesionais, máis tarde.Item type: Item , Clases de palabras(Universidade de Santiago de Compostela. Servizo de Publicacións e Intercambio Científico, 2010) Crego García, Vicky; Universidade de Santiago de Compostela. Departamento de Lingua EspañolaNa presente UD búscase a delimitación e descrición das clases de palabras da lingua española, mediante unha serie de criterios máis ou menos eficaces, priorizados e interrelacionados de maneira razoada e obxectiva: lóxico-semánticos, morfolóxicos, sintáctico-distribucionais e pragmáticos. A través da presentación e ulterior desenvolvemento de tales criterios chégase a romper con visións reducionistas, monolíticas e erróneas presentes sobre todo nas diferentes gramáticas de corte tradicional, pese a que, por motivos eminentemente didácticos, seguimos a utilizar moitos dos seus conceptos e, ante todo, o modo da presentación dos contidos (vid. contidos). Practicamente toda a UD 3 amosa evidencias de base científica da difícil diferenciación entre a unidade morfema e a unidade palabra (vid. UD 2) coa conseguinte necesidade de establecer tricotomías pesadas e paralizantes do tipo de: palabra ortográfica, palabra gramatical e palabra léxica, amén da obrigatoriedade de recorrer á presentación de unidades máis ou menos prototípicas en virtude dunha serie de propiedades esencialmente formais (morfolóxicas e sintácticas).Item type: Item , As industrias lácteas. Os seus inicios e o despegue da actividade de transformación(Universidade de Santiago de Compostela. Servizo de Publicacións e Intercambio Científico, 2010) Cabana Iglesia, Ana; Universidade de Santiago de Compostela. Departamento de Historia Contemporánea e de AméricaNesta UD os alumnos/as atoparán información sobre os diferentes modelos de industrias agroalimentarias dedicadas á transformación e comercialización do leite presentes en Galicia dende finais do século XIX ata hoxe en día: empresas familiares, cooperativas, multinacionais e centrais leiteiras. A súa evolución será estudada inscribíndoa nos marcos estatal e europeo de modo que se consiga solvencia no coñecemento de realidades parellas e/ou diferentes ás existentes en Galicia, tanto no que se refire a tecido industrial, como a pautas de comercialización e consumo do leite e os seus derivados.Item type: Item , Estéticas de vangarda. Fernando Pessoa(Universidade de Santiago de Compostela. Servizo de Publicacións e Intercambio Científico, 2010) Bello Vázquez, Raquel; Universidade de Santiago de Compostela. Departamento de Filoloxía GalegaA Unidade “Estéticas de Vanguarda –Fernando Pessoa” insírese nunha disciplina de introdución ás Literaturas de Lingua Portuguesa, leccionada no primeiro ano do grao de Linguas e Literaturas Modernas e no Maior en Lingua Portuguesa e Literaturas Lusófonas. A materia Literaturas de Lingua Portuguesa é o primeiro contacto do estudantado coa historia das literaturas de lingua portuguesa, e abrangue o período temporal que vai desde a Idade Media até a actualidade, con especial atención aos procesos de canonización e á incidencia de cada literatura particular no seu espazo cultural. Está situada no inicio da formación do Maior, asumíndose como materia base para os posteriores estudos de literatura e culturas de lingua portuguesa. Espérase que estudantado adquira paralelamente uns coñecementos básicos de Teoría Literaria na materia correspondente do mesmo ano. A formación aquí adquirida é necesariamente panorámica e está deseñada para poder ser complementada coas materias de Literatura e Cultura do Maior. Na materia son proporcionados contidos de carácter xeral sobre as principais correntes estéticas detectadas nas diferentes literaturas do contexto cultural lusófono, así como as relacións entre estas e os acontecementos sociais, políticos e culturais que se producen en cada país específico, nos países de lingua portuguesa no seu conxunto e nos seus contextos xeo-culturais específicos.Item type: Item , O patrimonio cultural: definicións e usos sociais(Universidade de Santiago de Compostela. Servizo de Publicacións e Intercambio Científico, 2008) Herrero Pérez, Nieves; Universidade de Santiago de Compostela. Departamento de Filosofía e Antropoloxía SocialO turismo constitúe hoxe en día en Europa un sector económico estratexicamente deseñado desde as propias institucións do Estado para facer fronte á crise dos sectores produtivos primarios que sofren determinadas rexións europeas como Galicia como consecuencia da integración económica europea. Os valores da natureza, da historia e da tradición, dos que xa temos falado, van ser utilizados na mobilización de fluxos turísticos desde as zonas máis desenvolvidas, industrializadas e urbanizadas cara a aquelas outras rexións que, precisamente polo seu atraso e carácter periférico, conservaron un marcado carácter rural e atesouraron manifestacións históricas e naturais relevantes.Item type: Item , Historia comparada da literatura. Fundamentos epistemolóxicos e metodolóxicos(Universidade de Santiago de Compostela. Servizo de Publicacións e Intercambio Científico, 2008) Domínguez Prieto, César; Universidade de Santiago de Compostela. Departamento de Lingua e Literatura Españolas, Teoría da Literatura e Lingüística XeralA necesidade de incluír nun programa da materia Introdución á Literatura Comparada unha unidade consagrada á historia comparada da literatura resulta evidente, pois, como se comprobará nos diversos epígrafes que compoñen a unidade, a propia historia institucional da disciplina é en boa medida a da súa conformación como histoire littéraire comparée. En efecto, os estudos comparatistas propiamente ditos xorden no tránsito do século XVIII ao primeiro romanticismo do XIX, cando a idea de literatura nacional, asentada no sentido moderno de diferenciación histórica, é obxecto de elaboración teórica, de xeito que a literatura comparada viría a conciliar esa aparente contradición romántica que implica a súa oscilación entre cosmopolitismo e nacionalismo.Item type: Item , Lingua e dialecto. As linguas de España(Universidade de Santiago de Compostela. Servizo de Publicacións e Intercambio Científico, 2008) Díaz García, María Teresa; Universidade de Santiago de Compostela. Departamento de Lingua EspañolaEn España conviven distintas comunidades que se comunican en variedades lingüísticas tamén diferentes. Algúns consideran que o que falan é unha lingua, mentres que outros o chaman dialecto. A diferenza entre lingua e dialecto é un dos temas sobre os que aínda os lingüistas non se puxeron de acordo, non existen criterios aceptados pola comunidade científica para distinguilos. Desde un punto de vista lingüístico, un dialecto non pode ser considerado a versión reducida ou imperfecta dunha lingua. Sírvanos para ilustrar a discusión as palabras de Ramón de Andrés: “As dificultades da lingüística -ou as súas renuncias a favor de criterios sociolóxicos ou políticos para definir os conceptos de lingua e dialecto débense a unha falta de coherencia na aplicación do principio de inmanencia glotolóxica. A dicotomía lingua / dialecto, entendida no seu estrito valor glotolóxico, ten utilidade taxonómica, na clasificación das maneiras de falar en conxuntos e subconxuntos; para iso ha de valerse exclusivamente de ferramentas glotolóxicas, que son os trazos lingüísticos ou isoglosas. Doutra banda, lingua “conxunto” / dialecto “subconxunto” tamén constitúe un fenómeno de natureza sociolóxica: neste caso son os falantes (non os lingüistas) os que fan as súas clasificacións. Ambos os planos, o glotolóxico e o sociolóxico, deben ser atendidos debidamente, pero sen mesturalos. Son particularmente interesantes os casos en que o lingüista, glotoloxicamente, chega a constatacións diferentes das que o falante, socioloxicamente, obtén”. (Contextos, XV/29-30, 1997, páx. 67)Item type: Item , Aproximación á oración en francés(Universidade de Santiago de Compostela. Servizo de Publicacións e Intercambio Científico, 2012) Rodriguez Pedreira, Nuria; Universidade de Santiago de Compostela. Departamento de Filoloxía Francesa e Italiana; Universidade de Santiago de Compostela. Facultade de FiloloxíaA presente unidade didáctica pretende introducir conceptos gramaticais básicos para lograr a correcta aprendizaxe dos contidos que se van impartir en unidades posteriores. Aquí formúlanse problemas comúns derivados de nocións que resultan equívocas para os estudantes. É o caso do propio termo «gramática» que non significa o mesmo se se concibe en sentido amplo ou en sentido estrito. O mesmo se falamos de «gramática» vs. «gramáticas», de «morfosintaxe» entendida como unha única disciplina ou coma dúas disciplinas que hai que tratar separadamente, pese a que os mecanismos sintácticos poidan estar estreitamente vinculados cos propiamente morfolóxicos. Pero o principal problema reside no concepto de «oración». Este último adoita xerar moita confusión tanto nos locutores en xeral, e polo tanto, non especialistas, coma nos estudantes en particular e non só en estudantes de carreiras técnicas, que poderiamos considerar profanos en cuestións de sintaxe da lingua, senón tamén naqueles que cursan estudos específicos de linguas e literaturas ou de linguas e literaturas estranxeiras1. En base a estas lagoas, esta UD busca a correcta delimitación da «oración», que tende a ser confundida coa «proposición» e co «enunciado», seguindo así as teorías da gramática tradicional. Esta ambigüidade tamén ven dada pola mestura de criterios na descrición da oración, ou polo contrario pola intervención dun único criterio –formal, semántico, sintáctico ou pragmático– na súa definición. Tendo en conta a pluralidade de enfoques e correntes de investigación xurdidos nas últimas décadas, consideramos axeitado facilitarlles ós estudantes unha visión menos reducionista da oración, sen menoscabo do lugar que ocupa cada disciplina lingüística. Intentaremos polo tanto aplicar criterios obxectivos acordes cunha visión actual do tema, con tendencia a un eclectismo razoado sen descartar as achegas previas da gramática tradicional. Polo tanto, seguindo co desenvolvemento da UD, daremos unha descrición dos conceptos de morfoloxía, sintaxe e morfosintaxe, pero centraremos a atención na distinción entre oración e proposición, que os estudantes non logran discernir, dado que se trata dunha confusión orixinada pola lóxica retórica, que persiste nas gramáticas escolares do s. XX.Item type: Item , O Convenio Europeo da Paisaxe como marco para a ordenación da paisaxe(Universidade de Santiago de Compostela. Servizo de Publicacións e Intercambio Científico, 2013) Paül Carril, Valerià; Universidade de Santiago de Compostela. Departamento de Xeografía; Universidade de Santiago de Compostela. Facultade de Xeografía e HistoriaEsta unidade didáctica achega o contido central da materia de Xestión territorial da paisaxe, de carácter obrigatorio no cuarto curso do Grao en Xeografía e Ordenación do Territorio. En efecto, se a materia no seu conxunto se dirixe á consideración da paisaxe desde a ordenación e a xestión territoriais, esta unidade en particular permite aproximarse ao instrumento clave que permite esta abordaxe: o Convenio Europeo da Paisaxe (CEP). Desde o ano 2000, cando foi asinado este documento transcendente en Florencia, a ordenación e a xestión da paisaxe fanse case sen excepcións baixo este marco normativo. De feito, no caso español, as distintas leis autonómicas que implantan as políticas da paisaxe como tales parten de forma deliberada do CEP, o cal recoñecen como fonte principal das súas determinacións. De todos os xeitos, é obvio que entre o estritamente estabelecido no CEP e as diferentes normativas, lexislacións ou praxes de planificación que se están a desenvolver en cada territorio en Europa ou no Estado español, á escala que sexa, hai diferenzas que nesta unidade tamén serán obxecto de atención. Dunha banda, a consideración da paisaxe forma parte do mellor da historia científica da xeografía. Por pór un exemplo altamente revelador, un dos persoeiros considerado «pai» da xeografía moderna, Alexander von Humboldt (Berlín, 1769-1859), situou a paisaxe no centro da súa reflexión. Doutra banda, a paisaxe constitúe na actualidade un argumento central nos documentos de planificación territorial e urbanística, así como nas estratexias de desenvolvemento local e territorial; deste xeito, é fundamental para o desenvolvemento das destrezas laborais en xeografía que o alumnado comprenda plenamente o significado da paisaxe e dea distinguido que engade esta na ordenación e xestión territoriais, en particular diferenciándoo de conceptos concomitantes como medio ambiente ou territorio. Por estas razóns, a materia ofrece un equilibrio entre contidos de tipo teórico-conceptual, dunha banda, e aspectos metodolóxicos e prácticos, da outra. En coherencia con esta formulación xenérica, a abordaxe do CEP conxugará ambos os dous na medida do posíbel.Item type: Item , Fontes para o estudo da arte medieval(Universidade de Santiago de Compostela. Servizo de Publicacións e Intercambio Científico, 2013) Fraga Sampedro, María Dolores; Universidade de Santiago de Compostela. Departamento de Historia da Arte; Universidade de Santiago de Compostela. Facultade de Xeografía e HistoriaA materia Fontes documentais e literarias para a Historia da Arte, posúe o carácter de obrigatoria e ten que ser cursada no segundo ano (2º curso), en concreto no segundo cuadrimestre. Está integrada no módulo Coñecementos sistemáticos e integrados do feito artístico. Esta materia está estreitamente relacionada con Literatura e Arte no mundo antigo e medieval de primeiro curso, Fundamentos teóricos da historia da Arte de primeiro curso, Métodos de Análise e Interpretación do Fenómeno artístico impartida no segundo curso, primeiro cuadrimestre, e Historia das Ideas Estéticas de cuarto curso do Grao. Xunto a estas tres derradeiras materias, a materia Fontes documentais e Literarias para a Historia da Arte, conforma o módulo Coñecementos sistemáticos e integrados do feito artístico. Os seus contidos procuran un estudo das Fontes para a Historia da Arte desde a Antigüidade á época contemporánea, cuestión que require a división interna da materia en tres grandes bloques temáticos contemplados no programa: Fontes para o estudo da Arte antiga, Fontes para o estudo da Arte medieval e Fontes para o estudo da Arte moderna e contemporánea. Esta Unidade Didáctica corresponde ao segundo bloque temático da materia. Identifícase coa Unidade II, «Fontes para o estudo da Arte medieval». Organízase en seis apartados diferenciados pola tipoloxía de fontes literarias e documentais na Idade Media. A construción desta Unidade Didáctica reflicte a organización xeral da materia. Para as Fontes literarias, a estrutura xeral da materia se fundamenta na teoría dos xéneros artísticos de Julius von Schlosser, na súa proposta de catalogación das Fontes nas sucesivas etapas da Historia, para a súa análise científica. No campo das Fontes documentais mantéñense os criterios de clasificación das ciencias historiográficas, Paleografía e Diplomática.Item type: Item , Patrimonio e institucións(Universidade de Santiago de Compostela. Servizo de Publicacións e Intercambio Científico, 2013) Fernández Rodríguez, Begoña; Universidade de Santiago de Compostela. Departamento de Historia da Arte; Universidade de Santiago de Compostela. Facultade de Xeografía e HistoriaOs contidos desta materia "Xestión e lexislación de Patrimonio Histórico-Artístico" estrutúranse en tres grandes módulos, sendo o de Patrimonio e Institucións o primeiro, polo que funciona cun carácter introdutorio para o alumno, e serve para o establecemento dos rudimentos básicos da xestión patrimonial. Con esta unidade trátase de realizar un achegamento a aquelas institucións ou organismos que, tanto a nivel supranacional como nacional ou local, se encargan de velar pola tutela efectiva no campo do patrimonio cultural, así como de garantir a preservación e conservación para facilitar o seu uso polas xeracións futuras. Esta unidade atopa a súa razón de ser en que permite aproximar ao alumno ao campo da xestión desde o punto de vista das institucións ou organismos tanto de carácter público como privados. Igualmente a misión desta unidade no conxunto da materia é axudar a comprender o papel que desde o punto de vista social debemos de xogar na protección do patrimonio, non só desde o punto de vista da tutela, senón tamén desde o da súa posible utilización. Igualmente con ela preténdese realizar unha aproximación aos organismos encargados de realizar as diferentes normativas para favorecer o uso social do patrimonio, fundamental nunha sociedade como a contemporánea.Item type: Item , O mundo do románico(Universidade de Santiago de Compostela. Servizo de Publicacións e Intercambio Científico, 2013) Cendón Fernández, Marta; Universidade de Santiago de Compostela. Departamento de Historia da Arte; Universidade de Santiago de Compostela. Facultade de Xeografía e HistoriaA unidade didáctica a desenvolver, «O mundo do románico», que consta de catro apartados que seguen unha estrutura cronolóxica excepto o último que está en relación cunha nova orde monástica: o Císter. Dentro do conxunto da materia, establécense uns obxectivos xerais. Estes son: — obxectivo 1: coñecer as manifestacións artísticas máis relevantes de Galicia; — obxectivo 2: relacionar as obras conservadas en Galicia coas doutros lugares e períodos; — obxectivo 3: ter en conta que tanto a historia, como a literatura, as fontes documentais, a filosofía, a liturxia..., son fundamentais para a comprensión das obras, polo que o enfoque será interdisciplinario; — obxectivo 4: utilizar a linguaxe específica e a terminoloxía adecuada, propia das manifestacións artísticas; — obxectivo 5: establecer diferentes niveis de aproximación á obra de arte: desde a divulgación á investigación; — obxectivo 6: implicarse na defensa e conservación do patrimonio cultural máis próximo: o referente ás épocas máis antigas da arte en Galicia. Nesta unidade en concreto, tratarase de que o alumnado poida acadar algúns dos obxectivos xerais, no campo específico do mundo do románico. Por iso non nos parece axeitado abordar este capítulo como simplemente Arte Románica, senón como un conxunto de factores a ter en conta para explicar unhas manifestacións artísticas que responden a un contexto histórico no que Galicia entra nunha etapa de recuperación económica, cun achegamento dos monarcas e un papel cada vez máis consolidado dos bispos; así mesmo a arte expresa toda unha relixiosidade que coñecemos mellor por testemuñas escritas, ademais dos restos materiais; ou unha linguaxe que é preciso entender en relación coa súa función, situación, paisaxe...