Aproximación á oración en francés

Loading...
Thumbnail Image
Identifiers
ISBN: 978-84-9887-882-0

Publication date

Advisors

Tutors

Editors

Journal Title

Journal ISSN

Volume Title

Publisher

Universidade de Santiago de Compostela. Servizo de Publicacións e Intercambio Científico
Metrics
Google Scholar
lacobus
Export

Research Projects

Organizational Units

Journal Issue

Abstract

A presente unidade didáctica pretende introducir conceptos gramaticais básicos para lograr a correcta aprendizaxe dos contidos que se van impartir en unidades posteriores. Aquí formúlanse problemas comúns derivados de nocións que resultan equívocas para os estudantes. É o caso do propio termo «gramática» que non significa o mesmo se se concibe en sentido amplo ou en sentido estrito. O mesmo se falamos de «gramática» vs. «gramáticas», de «morfosintaxe» entendida como unha única disciplina ou coma dúas disciplinas que hai que tratar separadamente, pese a que os mecanismos sintácticos poidan estar estreitamente vinculados cos propiamente morfolóxicos. Pero o principal problema reside no concepto de «oración». Este último adoita xerar moita confusión tanto nos locutores en xeral, e polo tanto, non especialistas, coma nos estudantes en particular e non só en estudantes de carreiras técnicas, que poderiamos considerar profanos en cuestións de sintaxe da lingua, senón tamén naqueles que cursan estudos específicos de linguas e literaturas ou de linguas e literaturas estranxeiras1. En base a estas lagoas, esta UD busca a correcta delimitación da «oración», que tende a ser confundida coa «proposición» e co «enunciado», seguindo así as teorías da gramática tradicional. Esta ambigüidade tamén ven dada pola mestura de criterios na descrición da oración, ou polo contrario pola intervención dun único criterio –formal, semántico, sintáctico ou pragmático– na súa definición. Tendo en conta a pluralidade de enfoques e correntes de investigación xurdidos nas últimas décadas, consideramos axeitado facilitarlles ós estudantes unha visión menos reducionista da oración, sen menoscabo do lugar que ocupa cada disciplina lingüística. Intentaremos polo tanto aplicar criterios obxectivos acordes cunha visión actual do tema, con tendencia a un eclectismo razoado sen descartar as achegas previas da gramática tradicional. Polo tanto, seguindo co desenvolvemento da UD, daremos unha descrición dos conceptos de morfoloxía, sintaxe e morfosintaxe, pero centraremos a atención na distinción entre oración e proposición, que os estudantes non logran discernir, dado que se trata dunha confusión orixinada pola lóxica retórica, que persiste nas gramáticas escolares do s. XX.

Description

Titulación: Grao en Linguas e Literaturas Modernas (Francés) -- Materia: Lingua Francesa IV

Bibliographic citation

Relation

Has part

Has version

Is based on

Is part of

Is referenced by

Is version of

Requires

Sponsors

Universidade de Santiago de Compostela. Servizo de Normalización Lingüística

Rights

© Universidade de Santiago de Compostela, 2011. Esta obra atópase baixo unha licenza Creative Commons Atribución-Non comercial-Compartir igual 4.0 Internacional (CC BY-NC-SA 4.0)
Atribución-NoComercial-CompartirIgual 4.0 Internacional