O mundo do románico

Loading...
Thumbnail Image
Identifiers
ISBN: 978-84-15876-51-9

Publication date

Advisors

Tutors

Editors

Journal Title

Journal ISSN

Volume Title

Publisher

Universidade de Santiago de Compostela. Servizo de Publicacións e Intercambio Científico
Metrics
Google Scholar
lacobus
Export

Research Projects

Organizational Units

Journal Issue

Abstract

A unidade didáctica a desenvolver, «O mundo do románico», que consta de catro apartados que seguen unha estrutura cronolóxica excepto o último que está en relación cunha nova orde monástica: o Císter. Dentro do conxunto da materia, establécense uns obxectivos xerais. Estes son: — obxectivo 1: coñecer as manifestacións artísticas máis relevantes de Galicia; — obxectivo 2: relacionar as obras conservadas en Galicia coas doutros lugares e períodos; — obxectivo 3: ter en conta que tanto a historia, como a literatura, as fontes documentais, a filosofía, a liturxia..., son fundamentais para a comprensión das obras, polo que o enfoque será interdisciplinario; — obxectivo 4: utilizar a linguaxe específica e a terminoloxía adecuada, propia das manifestacións artísticas; — obxectivo 5: establecer diferentes niveis de aproximación á obra de arte: desde a divulgación á investigación; — obxectivo 6: implicarse na defensa e conservación do patrimonio cultural máis próximo: o referente ás épocas máis antigas da arte en Galicia. Nesta unidade en concreto, tratarase de que o alumnado poida acadar algúns dos obxectivos xerais, no campo específico do mundo do románico. Por iso non nos parece axeitado abordar este capítulo como simplemente Arte Románica, senón como un conxunto de factores a ter en conta para explicar unhas manifestacións artísticas que responden a un contexto histórico no que Galicia entra nunha etapa de recuperación económica, cun achegamento dos monarcas e un papel cada vez máis consolidado dos bispos; así mesmo a arte expresa toda unha relixiosidade que coñecemos mellor por testemuñas escritas, ademais dos restos materiais; ou unha linguaxe que é preciso entender en relación coa súa función, situación, paisaxe...

Description

Titulación: Grao en Historia da Arte -- Materia: Historia da Arte Galega Antiga e Medieval

Bibliographic citation

Relation

Has part

Has version

Is based on

Is part of

Is referenced by

Is version of

Requires

Sponsors

Universidade de Santiago de Compostela. Servizo de Normalización Lingüística

Rights

© Universidade de Santiago de Compostela, 2013. Esta obra atópase baixo unha licenza Creative Commons Atribución-Non comercial-Compartir igual 4.0 Internacional (CC BY-NC-SA 4.0)