Linguaxe, mente e cerebro
Loading...
Identifiers
Publication date
Authors
Advisors
Tutors
Editors
Journal Title
Journal ISSN
Volume Title
Publisher
Universidade de Santiago de Compostela. Servizo de Publicacións e Intercambio Científico
Abstract
Linguaxe, mente e cerebro é a terceira e última unidade didáctica de Lingüística II. Esta é xunto con Lingüística unha materia básica da rama de Artes e Humanidades; ten seis créditos ECTS e pertence á área de coñecemento Lingüística Xeral.
A presente unidade enfócase cara á docencia de Lingüística II no Grao de Lingua e Literatura Españolas da Facultade de Humanidades*. Por tanto, os seus destinatarios son os estudantes de segundo curso de Español que estudan no campus de Lugo. Todos eles, aínda que non están
obrigados a ter superada a materia Lingüística I (de primeiro curso), tiveron xa no curso anterior unha primeira aproximación aos contidos de Lingüística Xeral, e ás dúas grandes naturezas da linguaxe: a biolóxica obxecto desta unidade e a social.
Neste último tema de Lingüística II afondaremos nas principais cuestións relacionadas coa natureza biolóxica da linguaxe: a súa adquisición como lingua materna, o proceso psicolingüístico de aprendizaxe de primeiras e segundas linguas, as características dos individuos plurilingües, os fundamentos biolóxicos da linguaxe, os trastornos da comunicación e, finalmente, as aplicacións da lingüística neste ámbito neuropsicolingüístico.
A necesidade de conxugar teoría e aplicación será unha das constantes desta unidade didáctica, posto que a natureza biolóxica da linguaxe está relacionada con dous grandes problemas reais (como aprender mellor unha lingua? e como resolver un trastorno comunicativo?) que necesitan da Lingüística xunto con outras áreas de coñecemento para a súa resolución.
Description
Keywords
Bibliographic citation
Relation
Has part
Has version
Is based on
Is part of
Is referenced by
Is version of
Requires
Sponsors
Universidade de Santiago de Compostela. Servizo de Normalización Lingüística
Rights
Atribución-NoComercial-CompartirIgual 4.0 Internacional



