Máster en Historia Contemporánea

Permanent URI for this collectionhttps://hdl.handle.net/10347/11529

Browse

Recent Submissions

Now showing 1 - 13 of 13
  • Item type: Item ,
    Raíces históricas y usos políticos del concepto de Hispanidad en la retórica de las extremas derechas: estudio de los casos de Vox y Cabildo Abierto, en perspectiva comparada
    (2025-07-22) Gitar Podestá, Florencia; Cagiao Vila, Pilar
    Durante las últimas décadas, los sistemas políticos de buena parte de Occidente han asistido a la emergencia de un fenómeno en apariencia novedoso. Se trata del avance de fuerzas políticas de extrema derecha, que se diferencian en gran medida de aquellas derechas tradicionales que fueron hegemónicas hasta finales del siglo XX. Con el propósito de llevar adelante una disputa por significados y sentidos en el plano cultural, han emprendido una búsqueda por los albores de la historia, buscando reinterpretar hitos, figuras, gestas, de modo que fueran funcionales a sus postulados ideológicos. De este modo, muchas de sus premisas y propuestas políticas no son novedosas, sino que las han tomado prestadas de experiencias políticas y formulaciones teóricas del pasado, adaptándolas a sus contextos de acción. En este sentido, el proceso de colonización de América no ha sido ajeno al uso político de estos actores. De ello se desprende que las formulaciones en torno al concepto de Hispanidad, sus desarrollos teóricos e implicancias, sean elementos recurrentes en la retórica de estos partidos, tanto en Latinoamérica como en España. Así, el presente trabajo se propone estudiar en profundidad los casos de Vox —expresión de extrema derecha española— y Cabildo Abierto —su manifestación en Uruguay—, a efectos de analizar si sus interpretaciones sobre el concepto de Hispanidad, genealogía, orígenes y usos políticos varían entre sí, en función a sus contextos de génesis y desarrollo, y bajo qué formas se presentan en su discursos
  • Item type: Item ,
    A Nova Canción Latinoamericana: manifestación musical dunha efervescencia cultural global
    (2025-07-03) Fernández García, Ada; Rey Tristán, Eduardo; Universidade de Santiago de Compostela. Facultade de Xeografía e Historia
    Este traballo aborda o fenómeno da Nova Canción Latinoamericana (NCL), coma un movemento cultural e unha expresión musical que se inscribe nun período de efervescencia cultural a nivel mundial na década dos anos sesenta. Se tentará afondar en como os procesos históricos, políticos, económicos e sociais acontecidos no contexto da Guerra Fría Latinoamericana afectan no eido cultural, concretamente no musical. A NCL estará fortemente marcada polos cambios estruturais globais, o desenvolvemento da Nova Esquerda e o impacto da Revolución cubana, coma catalizadora das esperanzas dos pobos latinoamericanos e as clases sociais oprimidas na súa loita contra o imperialismo norteamericano. Este horizonte ideolóxico marcará a produción musical da NCL, que seguindo a liña de revalorización da cultura propia, tomarán coma inspiración a música tradicional e folclórica das distintas rexións, neste traballo se tomará o caso de Cuba, Chile, Uruguai e Nicaragua, variantes rexionais dun fenómeno continental. Porén tamén se analizarán características musicais, poéticas e estéticas de xeito conxunto. Igual que o análise dos temas das letras, nas que se fala de compromiso social, identidade e loita revolucionaria de xeito común a todos os territorios latinoamericanos. Se buscarán transmitir eses mensaxes ao pobo a través de mecanismos de oralidadee grazas aos medios de comunicación de masa, coñecendo o potencial da canción para calar no público. Os músicos buscan relacionarse entre si, con lugares encontros e colaboracións musicais, que se construirán a NCL como un fenómeno artístico profundamente político e colectivo, que articulou unha voz e un mensaxe de resistencia e loita a través da música.
  • Item type: Item ,
    O soño do ferrocarril: proxectos ferroviarios en Bergantiños e a Costa da Morte (1877-1912)
    (2025-07-23) Beiro Torres, Mauel Uría; Universidade de Santiago de Compostela. Facultade de Xeografía e Historia; Veiga Alonso, Xosé Ramón
    Entre as décadas de 1880 e 1920, existiu nas comarcas de Bergantiños e a Costa de Morte o desexo de contar cunha vía de comunicación moderna que os unise co resto do mundo e os sacase do seu secular illamento. O presente traballo ten como obxecto analizar a historia dos proxectos ferroviarios nesta zona entre a década de 1880, e mesmo antes, e 1913, desde a liña A Coruña-Santiago por Carballo até os ferrocarrís estratéxicos A Coruña-Carballo-Corcubión –coñecido como o “ferrocarril dos tres ces”– e Santiago- Carballo. Por un lado, analízanse as diversas liñas férreas planeadas, tanto a súa formulación legal polo Estado, á calor dos plans de ferrocarrís secundarios e estratéxicos elaborados entre 1888 e 1908, como a súa demanda por parte das institucións locais (concellos, Deputación provincial, cámaras de comercio, Real Sociedade Económica de Amigos do País de Santiago de Compostela). Tamén se afonda no proxecto presentado pola Sociedad Española de Ferrocarriles Secundarios (SEFS), relacionándoo coa actuación xeral desta empresa no conxunto do Estado español, os seus propósitos e os investimentos estranxeiros nos ferrocarrís españois en xeral.
  • Item type: Item ,
    A Movida como producción cultural na cidade de Vigo (1982-1986)
    (2025-07-23) Freire Fontaíña, Alba; Universidade de Santiago de Compostela. Facultade de Xeografía e Historia; Grandío Seoane, Emilio
    No presente traballo abordarase o estudo do fenómeno cultural desenvolto na década dos oitenta na cidade de Vigo coñecido como a Movida. O seu estudo realizarase en senso amplo, entroncándose coa situación sociopolítica da cidade que entendemos que resulta definidora e chave para o seu mantemento e popularidade. Deste xeito, a través da consulta de bibliografía especializada e a análise de fontes búscase entender os particularismos da Movida viguesa que permitieron o seu desenvolvemento e creación, buscando a súaxplicación máis alá do que se considera o seu ano fundacional. Tamén as características comúnmente aceptadas son replantexadas, tratando a súa vinculación política, a desconexión coa realidade ou a súa definición como intrínsecamente urbano. Finalmente, tratarse tamén asúa vinculación coas institucións e a súa difusión a través dos medios de comunicación tanto oficiais como non oficiais.
  • Item type: Item ,
    As mulleres galegas traballaban ou botaban unha man? Unha aproximación á realidade social e laboral das mulleres do rural a través de fotografía de Ruth Matilda Anderson
    (2025-06-22) Mayán Rodríguez, Leticia; Universidade de Santiago de Compostela. Facultade de Xeografía e Historia; Barral Martínez, Margarita
    Neste traballo investigaremos a realidade das mulleres da Galicia rural a través da fotografía de Ruth Matilda Anderson. Analizaremos que factores impulsaron a creación da Hispanic Society of America e o traballo de Ruth en Galicia. Empregaremos tres fotografías concretas como fonte de información sobre os traballos femininos que non constan noutras fontes primarias. As imaxes actuarán como fío conductor para achegarnos á realidade social e laboral feminina da Galicia rural da década de 1920. A finalidade desta investigación é achegarse ao pasado dunha forma máis fiel, procurando coñecer unha parte tan importante da poboación como foron as mulleres do agro e tentar rachar co silencio que as deixou fóra da Historia.
  • Item type: Item ,
    A silicose como reflexo da expansión industrial: a crise dos afectados pola industria do granito en Porriño e a comarca da Louriña (1980-actualidade)
    (2025-02-10) Costa Romero, Manuel; Universidade de Santiago de Compostela. Facultade de Xeografía e Historia; Barca, Stefania
    A industria do granito en Porriño comezou a súa andaina dende comezos do século XX. A partir das décadas de 1970 e 1980, experimenta unha forte expansión, traendo consigo a bonanza económica e a creación de numerosos empregos. Sen embargo, as pésimas condicións ambientais de traballo provocaron un alto número de intoxicados pola sílice que se suspendía no aire; como consecuencia centenas de afectados pola industria comezaron a sufrir silicose. A partir deste traballo búscase dar visibilidade á gran cantidade de afectados pola enfermidade, mais tamén se busca demostrar a relación que ten a expansión económica e a erosión da saúde dos traballadores. Para aliviar a situación deste contexto tan daniño foi necesario a acción de médicos e institucións sanitarias que destaparon os casos e demostraron que os niveis ambientais estaban lonxe de ser os adecuados. Ademais, a mobilización obreira foi esencial para acadar unha mellora nas súas condicións e tamén unhas compensacións dignas. A contextualización deste traballo establécese dentro do marco da Grande Aceleración e o Wasteoceno. A través das entrevistas e diversos documentos búscase chegar ao nivel de conciencia e responsabilidade que cada actor tivo dentro do proceso.
  • Item type: Item ,
    As identidades femininas nas políticas de vivenda franquistas (1950-1970). Dous casos de estudo en Santiago: os grupos de vivenda “Compostela” e “Cardenal Quiroga”
    (2025-07-23) González Pazos, Aida; Universidade de Santiago de Compostela. Facultade de Xeografía e Historia; Lanero Táboas, Daniel
  • Item type: Item ,
    La financiación y los apoyos de EE.UU. a la Contra. Contrarrevolución y DD.HH.
    (2025-07-23) Martínez Parada, Enrique; Universidade de Santiago de Compostela. Facultade de Xeografía e Historia; Rey Tristán, Eduardo
    Los 80 se caracterizan por ser la etapa crítica de lo que consideramos la Guerra Fría, una etapa de la historia caracterizada por los grandes focos revolucionarios, los nuevos movimientos sociales o el auge de la Nueva Izquierda; pero también de una reacción brutal a estos movimientos, la generalización de lo que conocemos como Proxy Wars, avances en propaganda o la financiación de grupos rebeldes. En Nicaragua vemos el auge de la segunda revolución socialista americana exitosa, después de Cuba y tras el fracaso de la opción democrática en Chile. El FSLN es uno de los muchos grupos guerrilleros que participan en este conjunto de revoluciones, caracterizadas no solo por sus aspectos socialistas (en mayor o menor medida dependiendo de la homogeneidad de los grupos) sino también por un antiimperialismo mucho mayor del que fue esgrimido por Lenin a nivel teórico en su momento y sobre todo una impregnación de este rechazo a los imperios del mundo con una capa de nacionalismo; tenemos también al Frente Farabundo Martí para la Liberación Nacional (FMLN) en El Salvador, por ejemplo. Nicaragua consigue una victoria de corta duración, y se enfrenta a partir de este punto a una arremetida que no cesa por parte de la reacción a su movimiento, financiada casi sin descanso y por diversas vías por EE. UU. Vías que la administración Reagan buscara incansablemente, no siempre a través de financiaciones puramente armamentísticas, humanitarias o económicas. Esto es lo que trataremos de analizar en este trabajo: ¿Cómo funciona, evoluciona y en qué formas se manifiesta la ayuda de EE. UU. a la Contra? ¿Comienza con Reagan? ¿Es este el principal responsable de esta?
  • Item type: Item ,
    A cultura popular durante o franquismo: experiencias, disidencias e control social
    (2025-07-22) Poza Otero, Roi; Universidade de Santiago de Compostela. Facultade de Xeografía e Historia; Lanero Táboas, Daniel
    O presente traballo abarca o estudo e análise do control social da ditadura franquista sobre o lecer e as manifestacións lúdicas na provincia de Ourense, enmarcado dentro dos ámbitos de sociabilidade informal. Un achegamento ao “día a día” destas poboacións e aos marcos e regulacións que os moldearon, que de forma directa ou indirecta nos transmiten información acerca das súas comunidades, do papel que os individuos adoptaron dentro delas, e das relacións e estratexias que xurdiron nas dinámicas co Nuevo Estado. O réxime franquista concibiu un complexo aparato lexislativo, que en boa medida se baseaba en anteriores códigos e regulacións. Unha extensa gama de normativas e proscricións cun ideal de control da ampla totalidade da poboación e que debuxará os obxectivos de vixilancia da ditadura, permitíndonos identificar as vías e mecanismos de poder empregados sobre a vida cotiá, pero tamén as formas nas que se exercen, a súa viabilidade e as posibles disidencias. En definitiva, buscamos entender a realidade da sociabilidade diaria na provincia de Ourense durante a ditadura franquista, debuxada a través das fórmulas de adaptación da poboación no seu encontro cos mecanismos de regulación social estatais.
  • Item type: Item ,
    O cambio social, político e económico da Marina guardesa: a Cofradía de Pescadores “Santa Tecla” da Guarda (1939-1975)
    (2025-07-08) Flores Martín, Sara; Lanero Táboas, Daniel
    Este traballo pretende aproximarse ao que foi o desenvolvemento da política social do franquismo para as traballadoras e os traballadores do mar a través das Cofradías de Pescadores, centrándose no caso da Cofradía de Pescadores “Santa Tecla” da Guarda, coa intención de que, a través do estudo deste caso en particular, poidan obterse unhas primeiras conclusións que contribúan a unha análise máis ampla do fenómeno. Con todo, buscaremos aproximarnos a como é que a institución exerceu as súas funcións no contexto do barrio mariñeiro da vila, que recibe o nome da Marina. Afondarase, deste xeito, nas condicións de vida e traballo no barrio durante o período que nos concirne, así como no contexto político e institucional que derivou na creación da Cofradía. Así, o elemento central da investigación consistirá nunha análise global de todos os ámbitos da cotiandade que se viron afectados polas accións da confraría durante a ditadura, coa intención de profundar no grao de influencia real que tivo na vida dos mariñeiros. Finalmente, buscaremos comprender como é que o crecemento económico do barrio, comprendido no contexto de crecemento económico global do estado español e a súa flota pesqueira, afectou á vida cotiá e ás propias funcións desempeñadas pola confraría. Para a elaboración do traballo, foron principalmente utilizadas, ademais de bibliografía xeral e específica, fontes primarias de arquivo, en concreto do Arquivo municipal da Guarda e do Arquivo da Confraría de Pescadores “Santa Tecla” así como un corpus de entrevistas orais realizadas a veciñas e veciños do barrio nacidos nas décadas dos trinta e os corenta.
  • Item type: Item ,
    Cuestión nacional, milicias y guerra revolucionaria: una aproximación al internacionalismo del Partido Obrero de Unificación Marxista (1931-1939)
    (2025) Sapiña González, Fernando; Universidade de Santiago de Compostela. Facultade de Xeografía e Historia; Núñez Seixas, Xosé Manoel
    El Partido Obrero de Unificación Marxista (POUM), fundado en 1935 a partir de la fusión de las dos tendencias más importantes del marxismo disidente en el Estado español, el Bloc Obrer i Camperol (BOC) y la Izquierda Comunista de España (ICE), fue una de las organizaciones revolucionarias más singulares del movimiento obrero en el Estado español. Pese a su posición minoritaria y cada vez más marginal según avanzaba el conflicto, su irreductibilidad revolucionaria desde el comienzo de la guerra civil, le situó como uno de los actores políticos más diferenciados del bando republicano. El 19 de julio de 1936, con menos de un año de vida desde la unificación, el POUM organizó sus milicias con un doble objetivo: por un lado, derrotar al ejército golpista en lo que acabaría por convertirse en una larga y brutal guerra civil, por otro, intentar reconducir el esfuerzo bélico del bando republicano hacia la consolidación de la revolución social y un horizonte socialista. A raíz de la situación excepcional generada por el conflicto y las transformaciones que la guerra provocó en el partido, el POUM llevó a cabo un complejo proceso de adaptación ideológica que fue especialmente visible en lo que respecta a la movilización bélica y propagandística.
  • Item type: Item ,
    Análisis del paternalismo industrial franquista en la ciudad de Pontevedra: el caso de ENCE y de TAFISA
    (2025-07-23) Calveiro Fontenla, Lidia; Universidade de Santiago de Compostela. Facultade de Xeografía e Historia; Lanero Táboas, Daniel
    Tras la guerra civil española, se instala a nivel estatal una dictadura que, tras cuatro décadas en el gobierno, supone una serie de cambios políticos, económicos y sociales cuya huella sigue latente. Los cambios característicos de la economía durante el franquismo juegan a favor de la aplicación de un paternalismo industrial propio en muchas industrias españolas. Es el caso de Ence y de Tafisa en la ciudad de Pontevedra. A través de este trabajo se analiza cómo se produce la industrialización de la provincia de Pontevedra a lo largo del siglo XX, teniendo en cuenta el devenir político que va marcando el camino a seguir y que ve en la industria maderera un filón en el que apoyar la economía durante la autarquía franquista. Este es el punto de arranque de estas dos empresas que hacen uso de las políticas paternalistas para el control de sus empleados durante la etapa desarrollista del franquismo y que evolucionan durante la Transición española. El impacto que estas medidas dejan en la vida de los trabajadores y su familia llegan a la actualidad y suponen el principal objeto de estudio de este trabajo.
  • Item type: Item ,
    O preito da capitalidade de Galicia nos procesos estatutarios: da II República á Lei de Sedes
    (2025) Rodríguez Barbeito, Alejandro; Universidade de Santiago de Compostela. Facultade de Xeografía e Historia; Núñez Seixas, Xosé Manoel
    Galicia viviu dous procesos constituíntes para a súa autonomía política: o Estatuto republicano de 1936 e o vixente, de 1981. Esas oportunidades abriron a porta a unha necesaria concreción, que non se deducía tan doadamente coma noutros territorios: a capitalidade. Preténdese abordar o tratamento que se lle deu á cuestión: dende os axentes políticos encargados da redacción estatutaria; os debates e discusións mantidos nos órganos representativos oficiais; mais tamén as reaccións municipais, mediáticas e populares que se xeraron nas dúas cidades que desputaban o título: A Coruña e Santiago de Compostela. Farase fincapé nos discursos e argumentos para determinar o que se mantén no tempo e o que non; que perfís os usan e con que intereses; que diferenzas e semellanzas entre lugares e cronoloxías se poden determinar. Entender, en definitiva, como unha cuestión en aparencia menor -e que moitas veces se omite ou relata como simple anécdota- deveu o punto máis polémico e crítico dos dous textos, mesmo ameazando a súa propia consecución; un preito que se resolveu oficialmente coa Lei de Sedes de 1982.