EC/017-Vol.17, Núm. Extraordinario (2008)

Permanent URI for this collectionhttps://hdl.handle.net/10347/18922

Browse

Recent Submissions

Now showing 1 - 17 of 17
  • Item type: Item ,
    Política rexional comunitaria
    (Universidade de Santiago de Compostela, 2008) Barreiro Gil, Manuel Jaime; Universidade de Santiago de Compostela. Departamento de Economía Aplicada
  • Item type: Item ,
    Marco estratéxico de converxencia económica de Galicia (MECEGA) 2007-2013
    (Universidade de Santiago de Compostela, 2008) Xunta de Galicia. Dirección Xeral de Planificación Económica e Fondos Comunitarios
    O Marco estratéxico de converxencia económica de Galicia (MECEGA) é o documento de planificación comunitaria elaborado pola Consellería de Economía e Facenda da Xunta de Galicia, que recolle os obxectivos e a estratexia que rexerá a intervención dos Fondos Estruturais FEDER e FSE, do Fondo de Cohesión/FEDER e da Cooperación Territorial Transfronteiriza na Comunidade Autónoma no período 2007-2013. Así mesmo, o MECEGA é coherente coas actividades políticas e prioridades galegas, co Marco estratéxico nacional de referencia 2007- 2013, cos eixes establecidos no Plan nacional de reformas 2005-2010, así como cos principios transversais relativos á igualdade de oportunidades entre homes e mulleres, á conservación do medio ambiente e ao desenvolvemento territorial
  • Item type: Item ,
    Galicia/Europa, 1955-2005. Medio século de proximidade
    (Universidade de Santiago de Compostela, 2008) Barreiro Gil, Manuel Jaime; Universidade de Santiago de Compostela. Departamento de Economía Aplicada
    A historia económica e social de Galicia está contextualizada en Europa, de maneira especialmente evidente desde mediado o século XX, cando se perfilan dúas grandes etapas de relación: a primeira, desde o ano 1950 ata o ano 1986, como país emigrante, e a segunda, desde o ano 1986 ata a actualidade, como rexión española integrada no sistema institucional europeo, e cuxa política económica se insire nas políticas comunitarias de cohesión e de converxencia
  • Item type: Item ,
    Vinte anos de Galicia na Unión Europea
    (Universidade de Santiago de Compostela, 2008) Prada Blanco, Albino; Lago Peñas, Santiago
    Neste traballo facemos unha revisión polo miúdo dos agregados de produción e ocupación da economía galega desde o seu ingreso na Comunidade Económica Europea no ano 1986. En conxunto, os resultados acadados son discretos, cunha lixeira mellora de Galicia nos indicadores per cápita no conxunto de España grazas á forte perda de peso poboacional, e cun mellor comportamento de Galicia respecto da media da UE-15 por ese mesmo factor demográfico e polo forte ciclo expansivo e asimétrico no escenario europeo que experimentou a economía española desde o ano 1995 e que, cun diferencial negativo respecto da media das comunidades autónomas, tamén favoreceu a Galicia. Tamén se avalía a transformación do crecemento da produción nun desenvolvemento social que poida considerarse sostible.
  • Item type: Item ,
    O impacto da política rexional comunitaria en Galicia. Unha panorámica
    (Universidade de Santiago de Compostela, 2008) Armesto Pina, José Francisco
    O obxectivo deste artigo é presentar os principais estudos cuantitativos sobre a incidencia dos fondos estruturais nos indicadores económicos básicos da Comunidade Autónoma galega. Logo da presentación do volume e da asignación de fondos comunitarios entre as distintas comunidades autónomas españolas desde o ano 1986 ata o ano 2006, a conclusión máis importante que se pode sacar é que, aínda que en termos relativos non se poida falar en Galicia dunha aproximación ou converxencia activa, si hai converxencia pola vía da produción á media española ou ás autonomías máis desenvolvidas en termos absolutos, e as distintas análises realizadas si presentan unha mellora das variables macroeconómicas: produción, VEB, emprego ou stock de capital
  • Item type: Item ,
    Galiza na Unión Europea. Unha economía emerxente
    (Universidade de Santiago de Compostela, 2008) Nogueira Román, Camilo
    A entrada de Galiza na CE respondía á inequívoca realidade europea do país. Mais, se o ingreso era necesario, os seus problemas non foron considerados polos Gobernos españois, que actuaron desde a perspectiva dun Estado mediterráneo. Malia que o Estatuto de autonomía recoñecía a Galiza como nacionalidade, as institucións autonómicas elixidas non respondían a un proxecto nacional, nin tomaron posicións firmes sobre as condicións do ingreso. A sociedade galega sufriu as consecuencias, especialmente as demográficas, da ausencia de Estado, mais a súa resposta durante os anos de presenza na Unión foi extraordinaria. Forzada a unha transformación abrupta, protagonizou unha mudanza excepcional. Dispón agora dunha potente estrutura produtiva. De agraria e rural deveu en industrial e urbana, sen prexuízo do destacado papel da agricultura e da pesca. A economía do país está capacitada para facerse presente no mundo e Galiza está mellor preparada para unha vida aberta e independente
  • Item type: Item ,
    Galicia: o tránsito cara a unha sociedade urbana
    (Universidade de Santiago de Compostela, 2008) Precedo Ledo, Andrés José; Míguez Iglesias, Alberto; Fernández Justo, María Isabel; Universidade de Santiago de Compostela. Departamento de Xeografía
    Baixo este título abórdase o recente tránsito dunha Galicia rural á rexión urbana actual, cunha evolución da taxa de urbanización máis elevada cá media europea, podendo por iso falar dunha converxencia urbana de Galicia con Europa. Para demostrar este feito confeccionouse unha base de datos das sete áreas urbanas desenvolvidas en torno ás principais cidades galegas, utilizando como criterios de delimitación desas áreas os que se consideran maioritariamente nos diferentes países europeos. Esta delimitación permite estudar a distribución do crecemento da poboación en cada unha das sete cidades galegas, a distribución da produción e o proceso de terciarización da súa economía urbana, resaltando a súa apertura cara ao exterior, principalmente nos ámbitos empresarial, turístico e cultural, e incorporándose ás rexións máis desenvolvidas seguindo o modelo urbano postindustrial. Tamén se analiza o crecemento das cidades galegas no contexto das cidades medias europeas, advertíndose un déficit de tamaño en relación coa súa competitividade, cuxa causa radica na estrutura policéntrica da rede urbana rexional e no proceso histórico de alternancia do liderado urbano. Para alcanzar dimensións máis competitivas, propóñense varias estratexias de agrupación territorial, como a creación de eurocidades en torno a cidades-porto entre as que existen complementariedades funcionais
  • Item type: Item ,
    Galicia ante a Estratexia territorial europea
    (Universidade de Santiago de Compostela, 2008) González Laxe, Fernando
    O novo escenario que se configura en Europa obriga a repensar estratexias de desenvolvemento que desbordan o ámbito estritamente rexional para poder afrontar liñas de acción multirrexionais. A heteroxeneidade de situacións, de diferenzas rexionais e de distintas dinámicas de integración espacial en Europa subliña a necesidade de compatibilizar obxectivos de competitividade e de cohesión territorial dentro dun marco de crecemento sostido e baixo a perspectiva dunha Estratexia territorial europea. O noso traballo busca situar a economía e o rol de Galicia dentro dese marco integrador, subliñando as características propias dunha identidade territorial e dando conta dos problemas e das vantaxes de especialización
  • Item type: Item ,
    Galicia e España no marco da política de cohesión da Unión Europea no actual período de programación 2007-2013
    (Universidade de Santiago de Compostela, 2008) Castro Cotón, Manuel; Universidade de Santiago de Compostela. Departamento de Economía Financeira e Contabilidade
    Neste traballo analízanse as perspectivas financeiras da Unión Europea para o desenvolvemento e aplicación de políticas comúns no período 2007-2013, así como as orientacións estratéxicas básicas que van rexer o funcionamento da política de cohesión durante o dito período, de maneira que esta poida contribuír a mellorar o crecemento, a competitividade e o emprego mediante a incorporación das prioridades comunitarias da renovada Estratexia de Lisboa, e os requirimentos expresos de sostibilidade ambiental, conforme ao acordado no Consello de Goteburgo. O novo contexto de financiamento europeo para o período 2007-2013 establece un novo mapa da dita política en España, en consonancia co nivel de desenvolvemento alcanzado polo noso país, que agora ten unha maioría de rexións dentro do obxectivo de “competitividade rexional e emprego”, e que goza dun período transitorio de saída do Fondo de Cohesión. Polo que respecta a Galicia, polas súas características territoriais e económicas inscríbese dentro do obxectivo “converxencia”, e atópase ante un momento clave para reorientar a súa estratexia cara ao impulso dos factores de desenvolvemento ligados á Estratexia de Lisboa
  • Item type: Item ,
    As novas perspectivas financeiras da Unión Europea: implicacións e consecuencias para Galicia
    (Universidade de Santiago de Compostela, 2008) Espasa Queralt, Marta
    As perspectivas financeiras son o reflexo orzamentario dos obxectivos políticos da Unión Europea no medio prazo e, á súa vez, determinan grosso modo o reparto dos ingresos e dos gastos comunitarios por países. O obxectivo deste artigo é mostrar, en primeiro lugar, as prioridades da Unión Europea fixadas nas Perspectivas financeiras para o período 2007-2013 e, en segundo lugar, estimar as posibles consecuencias para España e para Galicia. A análise realizada mostra que na aprobación destas perspectivas primaron os intereses nacionais en detrimento dos comunitarios, xa que aínda que os obxectivos políticos fixados son moi ambiciosos, o seu reflexo orzamentario é extremadamente conservador e continuísta. O resultado para España foi satisfactorio, posto que se conseguiu manter un saldo fiscal positivo, prorrogar o Fondo de Cohesión e reducir gradualmente as axudas ás comunidades que deixan de ser obxectivo 1. Ademais, conseguiuse introducir no debate o concepto de cohesión en materia de innovación tecnolóxica e a súa plasmación orzamentaria, e unha maior implicación comunitaria en materia de inmigración. Con todo, o éxito tanto para España como para Galicia das actuais perspectivas dependerá, en gran medida, das actuacións internas que se implementen para beneficiarse das novas oportunidades que brinda a nova realidade comunitaria
  • Item type: Item ,
    Galicia como marco da competitividade empresarial no contexto da Estratexia de Lisboa
    (Universidade de Santiago de Compostela, 2008) Río Araújo, María Luisa del; Bande Vilela, María Belén; Universidade de Santiago de Compostela. Departamento de Organización de Empresas e Comercialización
    A situación actual de crise internacional está provocando a minoración da toma das decisións de carácter estratéxico que configurarán a futura contorna internacional nos seus aspectos económico e social. Neste traballo reflexiónase sobre elas e sobre os seus efectos potenciais. Pártese das propostas da Estratexia de Lisboa para avaliar a situación relativa de Galicia no primeiro mundo e os elementos que poden mellorala no futuro próximo
  • Item type: Item ,
    A integración da agricultura galega na Unión Europea
    (Universidade de Santiago de Compostela, 2008) Sineiro García, Francisco; Universidade de Santiago de Compostela. Departamento de Economía Aplicada
    Pásase revista aos problemas derivados da integración na Unión Europea, como son a aplicación da PAC e dos fondos estruturais e a apertura comercial aos países membros, analizando tamén a evolución da agricultura galega durante as dúas décadas transcorridas, tanto nas súas variables económicas e de volumes producidos coma nos cambios nas estruturas das explotacións. O peor comportamento da agricultura galega con respecto á española parece debido a un menor dinamismo para todas as producións, coa única excepción do leite, así como á maior intensidade do axuste ocasionada polo maior grao de avellentamento dos ocupados e tamén pola aplicación dalgunhas políticas comunitarias. Malia as previsións negativas sobre a aplicación das cotas do leite, esta produción logrou duplicar o seu volume grazas aos incrementos acadados na cota e ao maior dinamismo destas explotacións. A xestión dos fondos estruturais agrarios tivo considerables deficiencias e non acadou avances substanciais na mellora dos déficits estruturais con respecto á xestión das terras agrarias e da integración nas cadeas produtivas, que son dous asuntos de singular importancia que limitan a capacidade competitiva da nosa agricultura
  • Item type: Item ,
    A política pesqueira común (PPC): algúns casos de construción do seu carácter excepcional
    (Universidade de Santiago de Compostela, 2008) García Negro, María do Carme; Universidade de Santiago de Compostela. Departamento de Economía Aplicada
    Os principais problemas que tiña suscitada a regulamentación do sector pesqueiro comunitario non pareceron ser resolvidos pola nova política pesqueira común. Mesmo parece converterse nun lugar común entre os expertos a constatación da existencia dunha orientación no deseño desa política non anovadora senón continuadora dos obxectivos da etapa anterior
  • Item type: Item ,
    A situación enerxética galega no contexto europeo
    (Universidade de Santiago de Compostela, 2008) Doldán García, Xoán Ramón
    O modelo enerxético hexemónico na actualidade supuxo un impulso sen precedentes na evolución da demanda mundial de enerxía, tendo como fontes principais as non renovábeis. O descubrimento de novos depósitos de petróleo, gas ou carbón non segue o mesmo ritmo ca o consumo. Un problema adicional é a agresión ambiental en todas as fases que van da extracción até o uso final da enerxía. As enerxías renovábeis emerxen coma unha saída necesaria aínda que, de momento, insuficiente. A situación enerxética galega comparte moitas destas características que provocaron unha fonda transformación do sector enerxético galego ao longo das últimas décadas. Hoxe estamos diante dun novo momento de transición. De igual maneira, a UE dá pasos para promover unha política enerxética común que lles proporcione unha solución aos grandes retos cos que se enfrontará nun futuro próximo. Existindo puntos de unión entre o caso galego e o comunitario, segue a haber grandes diferenzas en cuestións tales como o tipo de fontes primarias ou o peso que teñen as renovábeis. En ambos os casos continua a darse unha visión reducionista da política enerxética, tratándoa coma unha política sectorial máis, sen considerar que afecta a todos os niveis da economía, con efectos sobre todas as capas sociais e con consecuencias ambientais de grande alcance
  • Item type: Item ,
    O mercado de traballo galego desde a entrada en Europa
    (Universidade de Santiago de Compostela, 2008) Ares Fernández, Juan José; Rey Suárez, Pedro María; Universidade de Santiago de Compostela. Departamento de Fundamentos da Análise Económica
    Neste artigo reflexiónase sobre o comportamento do mercado de traballo galego desde mediados dos anos oitenta, comparándoo co do mercado español e apoiándose nos resultados das estatísticas oficiais dispoñibles. Analízase a evolución das variables claves que definen este mercado e coméntanse as peculiaridades que presentan en Galicia
  • Item type: Item ,
    A revolución no sector terciario: a Directiva Servizos e a caída do proteccionismo corporativo
    (Universidade de Santiago de Compostela, 2009) Blanco González, José Manuel
    A Directiva Servizos no mercado interior europeo implicará un cambio radical no eido da competencia e a Administración. En áreas colindantes de dous Estados da UE (p.e. Galicia- Norte de Portugal), sen fronteiras sociais nen culturais, a vantaxe competitiva de cada grupo de profesionais suporá ameazas e oportunidades. O statu quo existente rachará en profesións protexidas polo “red tape” administrativo
  • Item type: Item ,
    A propósito da política rexional: a idea de Europa, revisitada
    (Universidade de Santiago de Compostela, 2008) Caramés Viéitez, Luis Antonio; Universidade de Santiago de Compostela. Departamento de Economía Aplicada