BL/038, Núm 38 (2007)
Permanent URI for this collectionhttps://hdl.handle.net/10347/6027
Browse
Recent Submissions
Now showing 1 - 9 of 9
Item type: Item , Daniel Salgado. Creación(Universidade de Santiago de Compostela. Servizo de Publicacións e Intercambio Científico, 2007) Salgado, DanielItem type: Item , En Santiago de Compostela con Agustín Fernández Paz(Universidade de Santiago de Compostela. Servizo de Publicacións e Intercambio Científico, 2007) Roig Rechou, Blanca Ana; Soto, IsabelItem type: Item , En Santiago de Compostela con Mary O’Donnell(Universidade de Santiago de Compostela. Servizo de Publicacións e Intercambio Científico, 2007) Palacios González, ManuelaItem type: Item , Textos poéticos e narrativos dirixidos á infancia de Celestino García Romero(Universidade de Santiago de Compostela. Servizo de Publicacións e Intercambio Científico, 2007) Neira Rodríguez, MartaItem type: Item , A tradución de Literatura infantil e xuvenil en España e a súa situación particular nas comunidades autónomas bilingües(Universidade de Santiago de Compostela. Servizo de Publicacións e Intercambio Científico, 2007) Ruzicka Kenfel, Veljka; Lorenzo García, LourdesDespois de poñer de manifesto as diferenzas entre o lector infantil e adolescente fronte ao lector adulto, que xoga necesariamente o papel de mediador, as autoras profundizan no feito de que a identidade cultural do neno dependa da súa propia capacidade receptora e das normas impostas pola sociedade adulta. Estas circunstancias, que dan lugar a certas asimetrías, inducen o tradutor a aplicar diferentes estratexias e decisións. Condicionados por unha suposta deficiencia de capacidade receptora do lector infanto-xuvenil, moitos tradutores de LIX permítense manipular o texto orixinal de tal forma que as modificacións e adaptacións aparecen con moita máis frecuencia nesta literatura que na de adultos. Ao fío desta constatación, as autoras mostran a seguir unha ampla casuística deste tipo de comportamentos dos tradutores e botan luz sobre aquelas intervencións que poden ser aceptadas e mesmo aplaudidas polo beneficio que traen á tradución, fronte aos que inciden negativamente sobre o produto final. Con esta finalidade poñen exemplos de diversos tipos de intervencionismos: os que tentan solucionar a distancia cultural, os censores, os que pretenden elevar o estilo, os motivados por razóns de política lingüística, os de notas a rodapé e os preliminares.Item type: Item , Panorama da poesía vasca actual(Universidade de Santiago de Compostela. Servizo de Publicacións e Intercambio Científico, 2007) Olaziregi Alustiza, María JoséTras unhas consideracións xerais en torno á evolución do sistema literario vasco e á proxección internacional da literatura vasca, o artigo analiza a importancia que o xénero poético tivo na historia literaria vasca recente e os poetas que lideraron a devandita evolución. O comentario das tipoloxías poéticas que protagonizaron os últimos trinta anos dá paso ao tratamento dos autores e obras actuais máis relevantes.Item type: Item , Dos índices onomásticos cunqueirianos: Merlín e familia vs Merlín y familia(Universidade de Santiago de Compostela. Servizo de Publicacións e Intercambio Científico, 2007) Nogueira Pereira, María XesúsA autora leva a cabo neste artigo un estudo contrastivo dos índices onomásticos de Merlín e familia, de Álvaro Cunqueiro, e da versión castelá, Merlín y familia, elaborada polo propio escritor. A comparación de ambos os paratextos mostra diferenzas que son analizadas no traballo e que revelan estratexias narrativas adoptadas polo autor tanto nos singulares índices onomásticos cos que concluíu a maior parte das súas novelas coma no conxunto da súa narrativa.Item type: Item , O emprego de modelos literarios na sátira política: entre Iberia e Provenza(Universidade de Santiago de Compostela. Servizo de Publicacións e Intercambio Científico, 2007) Marcenaro, SimoneNesta contribución analízanse algúns textos trobadorescos de asunto político nos que se observa unha estratexia argumentativa peculiar: os autores empregan diversos modelos literarios no proceso de composición e construción das súas sátiras. Malia as numerosas diferenzas existentes entre o sirventés provenzal e a cantiga de escarnio e maldizer galego-portuguesa, hai unha tendencia común nos dous xéneros a usar hipotextos moi coñecidos para incidir na mensaxe proposta; os cantares de xesta representan, sen dúbida, o xénero que mellor se adecúa a esta dinámica compositiva. Neste contexto, considéranse, por un lado, textos occitanos e galego-portugueses nos que a matriz de orixe épica aparece clara (é o caso de Afonso López de Baian e Lopo Liáns para os galego-portugueses, e Gui de Cavaillon para os occitanos) e, por outro, textos que se integran na chamada poesía “baixo o veo”, que vehicula temas de notábel importancia política a través de xéneros non recoñecíbeis a primeira vista como satíricos (por exemplo, as pastorelas de Paulet de Marsella e Cerverí de Girona, as “falsas” cancións de muller de Peire Basc e Gonçal Eanes do Vinhal). En ambas as modalidades de adaptación destácase o recurso á estrutura “externa” –sexa a nivel formal, retórico ou, simplemente, lexical– para difundir de xeito máis eficaz a mensaxe satírica proposta polo trobador.Item type: Item , A literatura contra o silencio. Suso de Toro(Universidade de Santiago de Compostela. Servizo de Publicacións e Intercambio Científico, 2007) Blockeel, FrancescaSe a literatura española tratou o tema da Guerra Civil dende os anos corenta, foi só a partir de mediados dos anos noventa cando entrou tamén o da memoria histórica nas narrativas españolas. A aprobación da Lei de Memoria Histórica en decembro de 2007 foi precedida en toda a sociedade española por discusións acaloradas entre os defensores do rescate da memoria e os seus opositores, argumentando estes que a iniciativa abriría vellas feridas. Despois de esbozar os aspectos esenciais da situación actual, analízase nesta contribución a última novela de Suso de Toro. Móstrase como o escritor galego, tamén coñecido polos seus escritos ensaísticos e as súas posicións políticas, intenta rematar en Home sen nome co esquecemento que caracterizou a política oficial española até fai pouco.