A tradución de Literatura infantil e xuvenil en España e a súa situación particular nas comunidades autónomas bilingües
Loading...
Identifiers
Publication date
Advisors
Tutors
Editors
Journal Title
Journal ISSN
Volume Title
Publisher
Universidade de Santiago de Compostela. Servizo de Publicacións e Intercambio Científico
Abstract
Despois de poñer de manifesto as diferenzas entre o lector infantil e
adolescente fronte ao lector adulto, que xoga necesariamente o
papel de mediador, as autoras profundizan no feito de que a identidade
cultural do neno dependa da súa propia capacidade receptora
e das normas impostas pola sociedade adulta. Estas circunstancias,
que dan lugar a certas asimetrías, inducen o tradutor a
aplicar diferentes estratexias e decisións. Condicionados por unha
suposta deficiencia de capacidade receptora do lector infanto-xuvenil,
moitos tradutores de LIX permítense manipular o texto orixinal
de tal forma que as modificacións e adaptacións aparecen con
moita máis frecuencia nesta literatura que na de adultos. Ao fío
desta constatación, as autoras mostran a seguir unha ampla casuística
deste tipo de comportamentos dos tradutores e botan luz sobre
aquelas intervencións que poden ser aceptadas e mesmo aplaudidas
polo beneficio que traen á tradución, fronte aos que inciden
negativamente sobre o produto final. Con esta finalidade poñen
exemplos de diversos tipos de intervencionismos: os que tentan solucionar
a distancia cultural, os censores, os que pretenden elevar o
estilo, os motivados por razóns de política lingüística, os de notas
a rodapé e os preliminares.
Description
Bibliographic citation
RUZICKA KENFEL, Veljka; LORENZO GARCÍA, Lourdes: «A tradución de Literatura infantil e xuvenil en España e a súa situación particular nas comunidades autónomas bilingües», Boletín Galego de Literatura, ISSN 0214-9117, N. 38, (2. Semestre 2007), pp. 97-121



