O emprego de modelos literarios na sátira política: entre Iberia e Provenza
Loading...
Identifiers
Publication date
Authors
Advisors
Tutors
Editors
Journal Title
Journal ISSN
Volume Title
Publisher
Universidade de Santiago de Compostela. Servizo de Publicacións e Intercambio Científico
Abstract
Nesta contribución analízanse algúns textos trobadorescos de asunto
político nos que se observa unha estratexia argumentativa peculiar:
os autores empregan diversos modelos literarios no proceso de
composición e construción das súas sátiras. Malia as numerosas
diferenzas existentes entre o sirventés provenzal e a cantiga de
escarnio e maldizer galego-portuguesa, hai unha tendencia común
nos dous xéneros a usar hipotextos moi coñecidos para incidir na
mensaxe proposta; os cantares de xesta representan, sen dúbida, o
xénero que mellor se adecúa a esta dinámica compositiva. Neste
contexto, considéranse, por un lado, textos occitanos e galego-portugueses
nos que a matriz de orixe épica aparece clara (é o caso
de Afonso López de Baian e Lopo Liáns para os galego-portugueses,
e Gui de Cavaillon para os occitanos) e, por outro, textos que
se integran na chamada poesía “baixo o veo”, que vehicula temas
de notábel importancia política a través de xéneros non recoñecíbeis
a primeira vista como satíricos (por exemplo, as pastorelas de
Paulet de Marsella e Cerverí de Girona, as “falsas” cancións de
muller de Peire Basc e Gonçal Eanes do Vinhal). En ambas as
modalidades de adaptación destácase o recurso á estrutura “externa”
–sexa a nivel formal, retórico ou, simplemente, lexical– para
difundir de xeito máis eficaz a mensaxe satírica proposta polo trobador.
Description
Bibliographic citation
MARCENARO, Simone: «O emprego de modelos literarios na sátira política: entre Iberia e Provenza», Boletín Galego de Literatura, ISSN 0214-9117, N. 38, (2. Semestre 2007), pp. 29-51



