BL/044, Núm 44 (2010)

Permanent URI for this collectionhttps://hdl.handle.net/10347/6031

Browse

Recent Submissions

Now showing 1 - 12 of 12
  • Item type: Item ,
    Bibliografía sobre Uxío Novoneyra
    (Universidade de Santiago de Compostela. Servizo de Publicacións e Intercambio Científico, 2010) León Viloria, Esther de
  • Item type: Item ,
    Uxío Novoneyra
    (Universidade de Santiago de Compostela. Servizo de Publicacións e Intercambio Científico, 2010) Tarrío Varela, Anxo
  • Item type: Item ,
    Correspondencia Camilo J. Cela – María Zambrano
    (Universidade de Santiago de Compostela. Servizo de Publicacións e Intercambio Científico, 2010) Serantes López, María Aránzazu
    A presente correspondencia foi froito dunha investigación realizada na Fundación María Zambrano financiada pola Xunta de Galicia e na Fundación Camilo J. Cela, que me ofreceu a posibilidade de consultar os seus arquivos. Agradezo a ambas as institucións a colaboración prestada.
  • Item type: Item ,
    Con Lupe Gómez en Santiago de Compostela. A escritora e a viaxe
    (Universidade de Santiago de Compostela. Servizo de Publicacións e Intercambio Científico, 2010) Palacios González, Manuela
  • Item type: Item ,
    Escura nova dun poema monoversal: Nunca eu fun como te amo
    (Universidade de Santiago de Compostela. Servizo de Publicacións e Intercambio Científico, 2010) Cochón, Luís
  • Item type: Item ,
    Peripecia (parcial) do “Chamamento” de Novoneyra
    (Universidade de Santiago de Compostela. Servizo de Publicacións e Intercambio Científico, 2010) Tarrío Varela, Anxo
    O autor fai unha prospección acerca das “peripecias” do poema de Uxío Novoneyra titulado xenericamente “O Chamamento”, do que apareceron varias versións, todas diferentes, até o punto de non se saber con certeza cal puido ser a orixinaria, feito este que leva a Anxo Tarrío Varela a propoñer como texto máis autorizado para unha posíbel edición crítica o orixinal mecanografado, do que se ofrece unha reprodución fotografada seguida da correspondente transcrición, que conserva nos seus arquivos a familia García- Sabell Tormo, a cuxo pé deixou escrito o poeta de propia man que se trata da “versión definitiva do Chamamento”.
  • Item type: Item ,
    6 x 6: Novas tendencias da literatura e da ilustração portuguesas para a infância
    (Universidade de Santiago de Compostela. Servizo de Publicacións e Intercambio Científico, 2010) Reis da Silva, Sara
    Neste ensaio apresentaremos uma abordagem da produção literária e pictórica de seis autores e de seis ilustradores da nova geração, procurando destacar a novidade da sua criação, bem como as suas implicações ao nível da renovação do panorama editorial português destinado aos leitores mais pequenos.
  • Item type: Item ,
    As fronteiras do heroe
    (Universidade de Santiago de Compostela. Servizo de Publicacións e Intercambio Científico, 2010) Busutil, Guillermo
    Despois de nomear varios autores que se achegaron á temática da Guerra Civil na Literatura española, Guillermo Busutil detense na novela La muerte tiene la cara azul, de Rafael Ballesteros, publicada por RD Editores en 2009 e galardoada co Premio Andalucía da Crítica. Dáse conta da estrutura desta obra en cinco bloques narrativos (“El peligro de la libertad”, “Rencor de hiena”, “Verás el sol”, “La imparcialidad del viento” e “Miss Damiani”) e achégase ao contido de cada un deles, malia deterse máis polo miúdo en “Rencor de hiena” por considerar esta parte unha “novela perfecta”.
  • Item type: Item ,
    Un exemplo de protohipertextualidade: Terminal de Xelís de Toro
    (Universidade de Santiago de Compostela. Servizo de Publicacións e Intercambio Científico, 2010) Castro López, Iria
    Despois de nomear algúns exemplos da chamada protohipertextualidade e de considerar interesante a comparación entre certo tipo de literatura impresa e a hipertextualidade, analízase a novela Terminal (1994), de Xelís de Toro, co obxectivo de ilustrar a converxencia entre literatura e hipertexto. Repásanse brevemente a biografía e a obra de Xelís de Toro para, a seguir, dar conta do argumento de Terminal e destacar o carácter híbrido desta novela e o indispensábel papel activo do lector á hora de enfrontarse a ela. Iria Castro López comenta os xogos que nesta obra se estabelecen coa propia autoridade do autor compostelán, así como a espacialidade e temporalidade. Tamén se detén nas imaxes e fotografías que no texto se introducen, na súa funcionalidade e na complementariedade que se estabelece entre texto e imaxe .
  • Item type: Item ,
    Canción do Sur, unha obra singular de Walt Disney
    (Universidade de Santiago de Compostela. Servizo de Publicacións e Intercambio Científico, 2010) Míguez López, María
    Canción do Sur (Song of the South, 1946) é un filme de Walt Disney practicamente descoñecido. Non está á venda en formato doméstico en ningún país do mundo e nos Estados Unidos é o único título da compañía nunca comercializado en VHS nin en DVD por mor do seu suposto racismo. O filme baséase nas Historias do tío Remus de Joel Chandler Harris. Nelas, un antigo escravo relátalle ao fillo da súa ama fábulas sobre animais. Nesas historias un coello burla, a base de enxeño, os seus inimigos o raposo, o oso e o lobo, máis forte ca el. Estes relatos foron pasando de xeración en xeración de escravos para que estes, aprendendo das súas ideas sobre como vencer os máis poderosos, puidesen facerlles pequenos enganos aos amos e ter unha vida un pouco máis levadía. Mais, a pesar da súa base subversiva, o resultado foi un filme cualificado por diversos críticos como un dos máis racistas da historia do cinema. Porén, o éxito que acadou entre o público foi notábel, froito das características do momento histórico no que viu a luz: dunha banda, a loita polos dereitos civís comezaba a agromar nos Estados Unidos mais, neses anos, certas actitudes cara á poboación afroamericana eran consideradas aínda normais, de aí a división de opinións que causou.
  • Item type: Item ,
    Lirismo e alteridade: uma leitura da trajetória poética de Helena Villar Janeiro
    (Universidade de Santiago de Compostela. Servizo de Publicacións e Intercambio Científico, 2010) Marques Samyn, Henrique
    Apresenta-se uma interpretação da trajetória poética de Helena Villar Janeiro. O corpus de análise é constituído pelas coletâneas de poemas publicados por aquela autora em língua galega, desse modo incluindo desde O sangue na paisaxe (1980), obra assinada juntamente com Xesús Rábade, até Pálpebra azul (2003). Advogase uma leitura do percurso poético de Helena Villar como caracterizado por múltiplas formas de tratamento da alteridade, tanto no tocante às condições de produção poética quanto no que diz respeito à eleição dos temas constantes de sua obra lírica.
  • Item type: Item ,
    Memoria, oralidade e escritura. Sobre literatura oral e literatura escrita
    (Universidade de Santiago de Compostela. Servizo de Publicacións e Intercambio Científico, 2010) Cerrillo, Pedro C.
    As manifestacións literarias populares son máis numerosas que as cultas. Na primeira parte deste traballo, “Literatura culta e literatura popular”, o autor explica as razóns polas que estudamos e coñecemos máis e mellor a literatura escrita –a culta– que a oral –a popular–. Na segunda parte, “Da oralidade á escritura”, abórdase a influencia da imprenta na literatura de transmisión oral, o que favoreceu o paso dunha cultura que tiña as súas raíces na oralidade a outra que se sustentaba na palabra escrita, e proponse, dende consideracións filolóxicas e críticas, o sentido que poida ter o tratamento como textos escritos de materiais de transmisión oral. Na última parte, “Literatura e memoria”, refírese aos perigos de gardar na memoria dunha colectividade versións deformadas de obras literarias, cuxa fixación escrita non se realizou con rigor, e reflexiona sobre a perda de obras literarias de transmisión oral que foron unha parte importante do imaxinario de moitas sociedades, constituído o patrimonio inmaterial –folclórico e etnolóxico– que caracteriza unha parte da cultura desas sociedades.