Un exemplo de protohipertextualidade: Terminal de Xelís de Toro
Loading...
Identifiers
Publication date
Authors
Advisors
Tutors
Editors
Journal Title
Journal ISSN
Volume Title
Publisher
Universidade de Santiago de Compostela. Servizo de Publicacións e Intercambio Científico
Abstract
Despois de nomear algúns exemplos da chamada protohipertextualidade
e de considerar interesante a comparación entre certo tipo
de literatura impresa e a hipertextualidade, analízase a novela
Terminal (1994), de Xelís de Toro, co obxectivo de ilustrar a converxencia
entre literatura e hipertexto. Repásanse brevemente a
biografía e a obra de Xelís de Toro para, a seguir, dar conta do
argumento de Terminal e destacar o carácter híbrido desta novela e
o indispensábel papel activo do lector á hora de enfrontarse a ela.
Iria Castro López comenta os xogos que nesta obra se estabelecen
coa propia autoridade do autor compostelán, así como a espacialidade
e temporalidade. Tamén se detén nas imaxes e fotografías que
no texto se introducen, na súa funcionalidade e na complementariedade
que se estabelece entre texto e imaxe .
Description
Bibliographic citation
CASTRO LÓPEZ, Iria: «Un exemplo de protohipertextualidade: Terminal de Xelís de Toro», Boletín Galego de Literatura, ISSN 0214-9117, N. 44, (2. Semestre 2010), pp. 97-110



