Canción do Sur, unha obra singular de Walt Disney
Loading...
Identifiers
Publication date
Authors
Advisors
Tutors
Editors
Journal Title
Journal ISSN
Volume Title
Publisher
Universidade de Santiago de Compostela. Servizo de Publicacións e Intercambio Científico
Abstract
Canción do Sur (Song of the South, 1946) é un filme de Walt Disney
practicamente descoñecido. Non está á venda en formato doméstico
en ningún país do mundo e nos Estados Unidos é o único
título da compañía nunca comercializado en VHS nin en DVD por
mor do seu suposto racismo. O filme baséase nas Historias do tío
Remus de Joel Chandler Harris. Nelas, un antigo escravo relátalle
ao fillo da súa ama fábulas sobre animais. Nesas historias un coello
burla, a base de enxeño, os seus inimigos o raposo, o oso e o
lobo, máis forte ca el. Estes relatos foron pasando de xeración en
xeración de escravos para que estes, aprendendo das súas ideas
sobre como vencer os máis poderosos, puidesen facerlles pequenos
enganos aos amos e ter unha vida un pouco máis levadía. Mais, a
pesar da súa base subversiva, o resultado foi un filme cualificado
por diversos críticos como un dos máis racistas da historia do cinema.
Porén, o éxito que acadou entre o público foi notábel, froito das
características do momento histórico no que viu a luz: dunha
banda, a loita polos dereitos civís comezaba a agromar nos Estados
Unidos mais, neses anos, certas actitudes cara á poboación afroamericana
eran consideradas aínda normais, de aí a división de opinións
que causou.
Description
Bibliographic citation
MÍGUEZ LÓPEZ, María: «Canción do Sur, unha obra singular de Walt Disney», Boletín Galego de Literatura, ISSN 0214-9117, N. 44, (2. Semestre 2010), pp. 57-93



