Tipoloxías vitimais e prevención
Loading...
Identifiers
Publication date
Authors
Advisors
Tutors
Editors
Journal Title
Journal ISSN
Volume Title
Publisher
Universidade de Santiago de Compostela
Abstract
A formulación de tipoloxías vitimolóxicas remóntase ás orixes da vitimoloxía, debéndose as primeiras a Von Hentig e Mendelsohn —os chamados pais da vitimoloxía—, quen xogaron un papel fundamental nos seus inicios coa formulación das teses da predisposición vitimal e a contribución da vítima á súa propia vitimización. Ao orixinarse dentro dun paradigma positivista, o interese da nova disciplina centrouse, inicialmente, no estudo teórico daqueles factores que permitían diferenciar as vítimas das non vítimas, así como na interacción existente entre a vítima e o vitimario na xénese do feito delituoso da que se derivaría unha corresponsabilidade da vítima na súa propia vitimización. Esta teoría positivista da vitimoloxía é a que maioritariamente adoptan os sistemas de xustiza na medida en que exonera de toda responsabilidade ao Estado. A través da formulación de tipos vitimais pretendíase pór de manifesto o carácter nesgado co que as ciencias penais abordaban o fenómeno da criminalidade, incidindo no rol que as vítimas desempeñaban no mesmo. Tamén perseguían o establecemento dunha definición ou, polo menos, dunha subdefinición común de vítima centrada nas características máis significativas delas. A pesar de fracasaren nese obxectivo inicial e da súa perda de protagonismo unha vez superada a denominada «vitimoloxía do acto», o certo é que estas clasificacións continúan sendo consideradas como un instrumento de investigación idóneo ao achegaren datos esenciais, entre outras cousas, para o deseño de programas de prevención vitimal.
Description
Keywords
Bibliographic citation
Relation
Has part
Has version
Is based on
Is part of
Is referenced by
Is version of
Requires
Sponsors
Rights
Esta obra atópase baixo unha licenza internacional Creative Commons BY-NC-ND 4.0. Calquera forma de reprodución, distribución, comunicación pública ou transformación desta obra non incluída na licenza Creative Commons BY-NC-ND 4.0 só pode ser realizada coa autorización expresa dos titulares, salvo excepción prevista pola lei. Pode acceder Vde. ao texto completo da licenza nesta ligazón:
https://creativecommons.org/licenses/by-nc-nd/4.0/deed.gl








