EC/020-Vol.20, Núm. 1 (2011)

Permanent URI for this collectionhttps://hdl.handle.net/10347/18930

Browse

Recent Submissions

Now showing 1 - 14 of 14
  • Item type: Item ,
    La industria del gas en Galicia: del alumbrado por gas al siglo XXI, 1850-2005. A. Martínez [coord.], J. Mirás e E. Lindoso. Barcelona: LID / Fundación Gas Natural. 2009 [446 páxinas]
    (Universidade de Santiago de Compostela, 2011) Macías Vázquez, Alfredo; Universidade de Santiago de Compostela. Departamento de Economía Aplicada
  • Item type: Item ,
    La empresa en la Web 2.0. J. Celaya. Barcelona: Gestión 2000. 2009 [286 páxinas]
    (Universidade de Santiago de Compostela, 2011) González Sánchez, Rocío
  • Item type: Item ,
    El Análisis Financiero Dinámico como herramienta para el desarrollo de modelos internos en el marco de Solvencia II. L. Otero e P. Durán. Madrid: Fundación Mapfre. 2010 [553 páxinas]
    (Universidade de Santiago de Compostela, 2011) Barreal, Jesús; Universidade de Santiago de Compostela. Departamento de Fundamentos da Análise Económica
  • Item type: Item ,
    Deberían os accionistas poder votar a retribución dos directivos?
    (Universidade de Santiago de Compostela, 2011) Loveira Pazó, Rosa María
    Os escándalos corporativos das últimas décadas demostraron que unhas boas medidas de control corporativo non son só unha necesidade moral, senón tamén económica. Un mecanismo de goberno corporativo que actualmente está no punto de mira é o «say-on-pay», unha forma de activismo accionarial que lles permite aos accionistas votar as políticas de remuneración das súas empresas. Os defensores da implementación do «say-on-pay» por lei argumentan que é a existencia do «problema da remuneración aos executivos», ademais doutros argumentos de carácter máis político e social, o que xustifica esta intervención lexislativa. Neste traballo discútense razóns de tipo económico que restan atractivo á idea de dotar aos accionistas do dereito a votar os plans de remuneración dos seus executivos
  • Item type: Item ,
    Calidade, orientación ao servizo dos empregados e ratio H/E: efecto das características dos hoteis
    (Universidade de Santiago de Compostela, 2011) García Garazo, Teresa; Benito Torres, Leandro; Varela Neira, María Concepción; Universidade de Santiago de Compostela. Departamento de Organización de Empresas e Comercialización
    A calidade de servizo das empresas hoteleiras constitúe un elemento clave do seu éxito, polo que resulta de interese o seu coñecemento, así como en que medida esta variable se asocia a diferentes características das empresas. Tamén ten interese coñecer o nivel da orientación ao servizo dos empregados de contacto cos clientes e a ratio “cuartos/empregados”, xa que estas variables teñen potencial para incidir na calidade de servizo percibida. Este traballo propón medir este conxunto de variables nos hoteis galegos e identificar en que medida características como o número de estrelas, a localización e a afiliación a unha cadea teñen capacidade para diferencialas significativamente
  • Item type: Item ,
    Evolución e importancia económica das denominacións xeográficas de calidade galegas
    (Universidade de Santiago de Compostela, 2011) Piñeiro García, Pilar; García Rodríguez, María José
    Os produtos do sector agroalimentario galego enfróntanse a unha contorna cada vez máis competitiva. Por este motivo, algúns deles quixeron destacar as súas especiais características –relacionadas coa calidade e co seu lugar de orixe– mediante a adopción das chamadas denominacións xeográficas de calidade. Neste artigo revísanse as distintas figuras xurídicas aplicadas na actualidade e en que consiste cada unha delas. Posteriormente, realízase unha revisión das que existen en Galicia, analizando a súa evolución e importancia económica, así como a representatividade no contexto nacional e o nivel de penetración nos mercados exteriores
  • Item type: Item ,
    Os viveiros galegos como instrumento de desenvolvemento local: situación actual e liñas futuras de mellora
    (Universidade de Santiago de Compostela, 2011) Vaquero García, Alberto; Ferreiro-Seoane, Francisco-Jesús; Universidade de Santiago de Compostela. Departamento de Economía Aplicada
    O obxectivo deste traballo é realizar un estudo da situación dos viveiros en Galicia. Para iso realizouse unha enquisa a todos os responsables dos vinte e un viveiros existentes no ano 2009 e aos emprendedores actualmente localizados nos viveiros da nosa Comunidade Autónoma, co obxectivo de coñecer a súa realidade actual e de formular unha serie de elementos que buscan mellorar o funcionamento dos viveiros como instrumento de desenvolvemento local e empresarial.
  • Item type: Item ,
    Directrices para orientar a xestión ambiental cara á creación de valor empresarial
    (Universidade de Santiago de Compostela, 2011) Piñeiro Chousa, Juan Ramón; Romero Castro, Noelia María; Universidade de Santiago de Compostela. Departamento de Economía Financeira e Contabilidade
    Aínda que as interrelacións entre a economía, a empresa e o medio son cada vez máis evidentes e se constatan na toma de decisións políticas e de xestión a todos os niveis, aos xestores empresariais aínda lles resulta difícil unir o obxectivo financeiro clásico de creación de valor para o accionista coa mellora do desempeño ambiental da súa organización. Para conseguilo precísase dun marco conceptual que faga explícitos os vínculos entrambos os dous. A partir dese marco conceptual, faise posible establecer unha serie de pautas e regras que considerar polas empresas na toma de decisións operativas, de investimento e de financiamento para orientar a súa estratexia ambiental cara á creación de valor
  • Item type: Item ,
    Xestión ambiental das cadeas loxísticas: concepto e caso de estudo
    (Universidade de Santiago de Compostela, 2011) Carballo Penela, Adolfo; Castromán Diz, Juan Luis; Universidade de Santiago de Compostela. Departamento de Organización de Empresas e Comercialización
    A contribución de empresas e organizacións é fundamental para o logro dun modelo de desenvolvemento perdurable no longo prazo. A xestión ambiental –que se configura como unha ferramenta empresarial imprescindible neste campo– resulta útil para diferenciar as actividades das empresas e organizacións, precisando para iso, entre outros factores, de indicadores que ofrezan información útil como, por exemplo, a pegada do carbono corporativa (PCC), un dos indicadores máis difundidos na actualidade. Este artigo destaca, en primeiro lugar, a importancia de enfocar a xestión ambiental ás cadeas loxísticas empregando ferramentas que permitan a cooperación para que todos os seus membros colaboren na redución dos impactos xerados ao longo de toda a cadea. En segundo lugar, exponse unha alternativa metodolóxica: o método composto das contas contables (MC3), válido para estimar a PCC de bens e servizos considerando cadeas loxísticas e que, á vez, permite o ecoetiquetado de bens e servizos. O caso de estudo realizado contribúe tanto a ilustrar a importancia da xestión sobre a base das cadeas loxísticas como a expoñer os resultados que se obteñen co MC3. Para isto, aplícase o método a unha cadea loxística orientada á produción de mexillón en conserva. Os resultados ofrecen unha PCC de 10,75 tCO2/t de produto, xerada principalmente na fase de elaboración de conservas
  • Item type: Item ,
    Implicacións ambientais do proceso de implantación dos parques eólicos: a situación en Galicia
    (Universidade de Santiago de Compostela, 2011) Regueiro Ferreira, Rosa María; Universidade de Santiago de Compostela. Departamento de Economía Aplicada
    O desenvolvemento conseguido polas enerxías renovables nos últimos anos estivo motivado en parte polo auxe conseguido pola enerxía eólica como fonte subministradora de electricidade nun contexto de esgotamento dos recursos fósiles e de busca de recursos alternativos que garantisen o abastecemento, pero cun menor impacto ambiental. Neste contexto, a enerxía eólica destaca pola non emisión de substancias tóxicas ao medio pero, con todo, o proceso de instalación e construción dos parques eólicos por parte das empresas promotoras non é inocuo. Malia a existencia dunha ampla normativa tanto a nivel internacional como de España e de Galicia, non se cumpren as condicións mínimas esixidas para garantir o respecto sobre o medio. Galicia ocupou un lugar de referencia no desenvolvemento da enerxía eólica nos últimos quince anos, aínda que, dada a inexistencia dun modelo integral de desenvolvemento do sector, non destaca por un proceso de implantación pouco lesivo; pola contra, unha parte importante dos parques eólicos están situados en espazos protexidos da Rede Natura 2000
  • Item type: Item ,
    A Lei de augas de Galicia: unha nova economía da auga?
    (Universidade de Santiago de Compostela, 2011) Doldán García, Xoán Ramón; Nogueira Moure, Emilio; Universidade de Santiago de Compostela. Departamento de Economía Aplicada
    Este artigo fai unha análise do contido, obxectivos e consecuencias da Lei de augas de Galicia aprobada no ano 2010. Esta Lei é o principal instrumento co que contará o Goberno galego para darlles resposta a aspectos complexos da xestión da auga, tales como o abastecemento, o saneamento e a depuración das augas residuais, a planificación hidrolóxica ou a protección das rías. De acordo co principio europeo de quen contamina paga, esta Lei introduce na lexislación galega o principio da recuperación do custo dos servizos mediante a creación de dous novos tributos sobre o uso ou consumo de auga. Formulacións teóricas e aplicacións máis recentes nadas no campo da “nova economía da auga” ou da “nova cultura da auga” introducen criterios de xestión que conciben a auga como un activo ecosocial e non como un simple ben público sometido a criterios de transacción mercantil, suxerindo un conxunto de medidas para acadar un uso máis eficiente da auga, máis alá das políticas de prezos. A finalidade deste artigo é verificar en que medida a Lei galega incorpora –ou non– estes postulados
  • Item type: Item ,
    Os mercados de carbono na Unión Europea: fundamentos e proceso de formación de prezos
    (Universidade de Santiago de Compostela, 2011) Erias Rey, Antonio; Dopico Castro, Jesús Ángel
    O obxectivo deste artigo é analizar os fundamentos básicos dos mercados de carbono integrados no Sistema da Unión Europea de comercio de emisións (EU-ETS) e do proceso de formación de prezos dos permisos de emisión transferibles (PET) neses mercados. Con ese fin estúdanse os principais elementos institucionais do sistema –axentes, activos, operacións e mercados organizados– e formúlanse os factores determinantes dos prezos do carbono. O estudo concreto de prezos realízase a partir das cotizacións dos contratos de futuros no maior mercado do sistema: o Intercontinental Exchange-European Climate Exchange (ICE-ECX). Como conclusións máis destacadas da análise de prezos realizada poden citarse a estabilización das cotizacións durante os últimos dous anos, o crecemento constante do xuro aberto e a correlación entre as cotizacións dos permisos e dos prezos do petróleo
  • Item type: Item ,
    Políticas contra o cambio climático e preferencias sociais en Galicia e en España
    (Universidade de Santiago de Compostela, 2011) Domínguez Arcos, Fernando; Labandeira Villot, Xavier; Loureiro García, María Luz; Universidade de Santiago de Compostela. Departamento de Fundamentos da Análise Económica
    Este traballo recolle os principais resultados dun estudo realizado para obter a dispoñibilidade a pagar e as actitudes das familias galegas e españolas ante diversas alternativas de políticas de mitigación dos efectos do cambio climático. No artigo demóstrase que as sociedades española e galega consideran o cambio climático como un problema relevante e que ten que afrontarse. A dispoñibilidade a pagar por un programa eléctrico que destine os recursos á promoción de tecnoloxías non carbónicas é relativamente elevada e demostra que as familias galegas e españolas serían favorables á aplicación de políticas de prezos contra as emisións de gases de efecto invernadoiro en determinadas circunstancias
  • Item type: Item ,
    Cara á sostibilidade: buscando puntos de encontro entre a economía ambiental e a economía ecolóxica
    (Universidade de Santiago de Compostela, 2011) Díaz Vázquez, María del Rosario
    O obxecto do traballo que presentamos é a identificación de posibles puntos de encontro entre a economía ambiental e a economía ecolóxica. É frecuente que, cando se trata de resaltar as diferenzas entrambos os dous enfoques, se vincule a economía ambiental coa “optimalidade” e a economía ecolóxica coa “sostibilidade”; porén, esta visión é demasiado simplista. Neste artigo analizamos a conexión dos dous enfoques coa sostibilidade, o que nos permite obter algunhas proposicións que, en contra do que habitualmente se afirma, terían sido defendidas desde ambas as dúas perspectivas. Delas concluímos que, malia as importantes diferenzas nos marcos conceptuais deses dous enfoques, é posible atopar puntos comúns nos seus plans de actuación