Grao en Educación Social

Permanent URI for this collectionhttps://hdl.handle.net/10347/11499

Browse

Recent Submissions

Now showing 1 - 20 of 33
  • Item type: Item ,
    As consecuencias da prisionización e a importancia da acción socioeducativa
    (2024) Botana Iglesias, Uxía; Universidade de Santiago de Compostela. Facultade de Ciencias da Educación; Morán de Castro, Carmen
    O presente Traballo de Fin de Grao encadrado na modalidade de iniciación á investigación de campo, sitúase no ámbito da mediación, inclusión social e a diversidade da Educación Social. Ten como obxectivo analizar as consecuencias da prisionización nas persoas ex-reclusas tanto nos centros penais como na súa reincorporación á vida en liberdade, e valorar as accións socioeducativas que se desenvolven ao respecto. Tamén pretende facer visible a falta de profesionais da Educación Social no cadro de persoal das prisións. Para o seu desenvolvemento analízanse catro entrevistas a partir dunha metodoloxía cualitativa tendo, como mostra non probabilista, a tres persoas ex-reclusas e a unha educadora social da asociación Aliad Ultreia de Lugo que traballa no ámbito penal como entidade externa. Os resultados afirman a existencia de consecuencias principalmente a nivel físico, psicolóxico e relacional (diminución dos sentidos corporais, dificultade para conciliar o sono, aumento da agresividade, non exteriorización das emocións e dos sentimentos, masificación das reaccións emocionais...) observándose diferentes opinións concordantes nalgúns aspectos e discrepantes noutros entre ex-reclusos e a profesional da Educación Social. Ademais, amósase unha prevalencia valorativa cara a efectividade da acción socioeducativa realizada polas entidades externas a prisión, quedando nun segundo plano todos os recursos ofrecidos pola propia institución penal.
  • Item type: Item ,
    O TDAH como factor de risco para o consumo de substancias. Unha análise dende a Educación Social
    (2024) Sánchez López, Carla; Universidade de Santiago de Compostela. Facultade de Ciencias da Educación; Nogueira Pérez, Miguel Anxo
    Este Traballo de Fin de Grao [TFG] investiga a relación entre o Trastorno por Déficit de Atención e Hiperactividade [TDAH] e o consumo de substancias, utilizando unha metodoloxía de análise documental. Tras realizar un marco teórico sobre o estado da cuestión, examínanse dezaseis documentos de bases de datos de relevancia educativa como Dialnet, Scopus e Web of Science. Analízanse doce documentos que se centran na relación entre o TDAH e o consumo de substancias e catro que ofrecen pautas e recomendacións para a prevención e/ou tratamento da patoloxía dual. Os resultados da análise conclúen que existe unha relación entre o TDAH e o consumo de substancias. Esta comorbilidade, ademais, pode incrementar a gravidade da adicción, influír no inicio máis temperá do consumo, favorecer o policonsumo e estar asociada a unha maior psicopatoloxía, o que implica unha forma máis grave de Trastorno por Consumo de Substancias [TCS]. Con respecto ao tratamento, os resultados indican que apenas existen estudos que aborden esta problemática dende a Educación Social, mais si que existen pautas dende outras disciplinas que poden ser adaptadas. O presente traballo propón futuras liñas de investigación e suxire algunhas propostas de intervención dende a Educación Social, co fin de mellorar a abordaxe desta problemática dende un enfoque socioeducativo
  • Item type: Item ,
    Arte Comunitaria como estratexia de transformación dende a Educación Social. Unha revisión sistemática a través de experiencias
    (2024) Rey Álvarez, Álex; Universidade de Santiago de Compostela. Facultade de Ciencias da Educación; Varela Crespo, Laura
    As artes, entendidas como a máxima expresión das culturas, constitúen unha ferramenta fundamental para catalizar a transformación social dende a Educación Social. Este estudo céntrase en evidenciar si, e de que xeito, a Arte Comunitaria (AC) pode contribuír á intervención socioeducativa, baseándose na análise de diversas intervencións no ámbito da Animación Sociocultural (ASC), para extraer a relevancia da súa conxunción dende a praxe. Dende esta inquietude formúlase o obxectivo xeral da investigación, conducente a delimitar a evidencia científica en torno a AC como estratexia de ASC a través da análise de experiencias socioeducativas. A tal fin, empregase un proceso metodolóxico de revisión sistemática baseado no protocolo PRISMA. Esta análise posibilitou, mediante un sistema de categorías e códigos, a detección de evidencias que xustifican a relevancia desta estratexia para a citada práctica educativa. Os resultados suxiren que a AC fortalece o tecido social, favorece o procomún e promove as identidades comunitarias e o desenvolvemento persoal a través de métodos horizontais e participantes. Neste senso, conclúese que a AC configúrase como estratexia eficaz para a transformación social, destacando a importancia da mediación socioeducativa e a necesidade de poñer énfase na sistematización das prácticas artísticas comunitarias para potenciar os seus efectos transformadores
  • Item type: Item ,
    A implicación da Pedagoxía do Proxecto no desenvolvemento integral das persoas e as comunidades: o caso de Altair Galiza
    (2023) Raíndo Vázquez, Aida; Universidade de Santiago de Compostela. Facultade de Ciencias da Educación; Caballo Villar, María Belén
    Nun contexto no que o ocio de consumo, individualista e inmediato, está cada vez máis estendido, despunta Altair Galiza, un movemento xuvenil de acción voluntaria adicado á educación nos tempos libres. Baseándose na Pedagoxía do Proxecto, busca defender o dereito ao ocio, entendéndoo como un dereito universal e un recurso para o desenvolvemento humano. O presente Traballo de Fin de Grao pretende analizar esta iniciativa empregando achegas das persoas que participan nel, en aras de propoñer, dende a Pedagoxía-Educación Social, recomendacións para mellorar a calidade da Educación do Ocio, e contribuír así ao exercicio e desfrute do mesmo. Proponse un estudo de caso como investigación de carácter cualitativo que emprega como técnicas para a recollida de datos a análise documental, a entrevista en profundidade e o grupo de discusión. Os resultados acadados mostran que o ocio promovido por esta pedagoxía activa incide de xeito positivo no desenvolvemento integral das persoas e as comunidades nas que se integran; resultando así unha experiencia positiva e con valor educativo a nivel individual, pero tamén social, contribuíndo na construción dunha cidadanía activa, crítica e comprometida polo ben común
  • Item type: Item ,
    Dieta digital en alumnado universitario: vivencias y dependencias de una generación conectada
    (2023) Rodríguez González, Carolina; Universidade de Santiago de Compostela. Facultade de Ciencias da Educación; Rodríguez Groba, Ana
    Las nuevas generaciones desarrollan sus vidas rodeadas de diferentes medios digitales, consumiendo y produciendo todo aquello que los algoritmos, cada vez más refinados, ponen a su alcance. En este contexto aparecen propuestas, como la educación mediática, que buscan potenciar la perspectiva crítica de la ciudadanía, y que se empiezan a poner en práctica en propuestas educativas formales que conciencian sobre el consumo y la dependencia digital. Este Trabajo de Fin de Grado se propone analizar las reflexiones del alumnado ante una propuesta de «dieta digital» (24 horas de desconexión) integrada en una materia del Grado de Educación Social durante el curso 2021/2022. Para ello, se plantea una metodología cualitativa, que tiene como objetivo el analizar las posibilidades educativas de dicha propuesta para la concienciación sobre el uso de los medios digitales. Los resultados de este trabajo muestran como una parte importante del alumnado participante desiste del intento o muestra síntomas asociados a la adicción, al mismo tiempo, los/as protagonistas manifiestan la importancia que ejercen las TIC en los distintos ámbitos de su vida. Se destaca, finalmente, la necesidad de concienciar a la ciudadanía a través de propuestas como la analizada
  • Item type: Item ,
    Educación e societarismo obreiro. Un estudo de caso histórico: A Coruña (1886-1936)
    (2023) Merayo Fernández, Inés; Universidade de Santiago de Compostela. Facultade de Ciencias da Educación; Gradaílle Pernas, Rita
    A Coruña dende as últimas décadas do século XIX estivo caracterizada polo seu dinamismo asociativo. Como cidade industrial, neste societarismo destacou o de tipo obreiro e, como cidade portuaria, pola influencia das ideas nacionais e de ultramar, este foi de tendencia maioritariamente anarquista. Neste contexto, no período de entreséculos naceron multitude de entidades comprometidas coa educación das clases populares, algunhas delas xurdidas do propio movemento obreiro. Mediante a análise das principais experiencias socioeducativas da localidade entre 1886 e 1936, trataranse de estudar estas prácticas educativas e as súas connotacións sociais dende unha perspectiva de dereitos sociais. Ademais, preténdese tecer un fío condutor e conector coas epistemoloxías e metodoloxías presentes na actualidade da Educación Social, consolidando o movemento obreiro non só como movemento cidadán, senón tamén como predecesor das prácticas e concepcións socioeducativas actuais.
  • Item type: Item ,
    Intervención socioeducativa en persoas con adiccións dende a Educación Social: unha aproximación á realidade dunha Comunidade Terapéutica
    (2023) Moledo Barreiros, Josefa; Universidade de Santiago de Compostela. Facultade de Ciencias da Educación; Vázquez-Rodríguez, Ana
    As Comunidades Terapéuticas (CT) son unha das principais institucións de reinserción das persoas con adiccións, espazos nos que presenta unha especial relevancia a Educación Social. Neste senso, o obxectivo principal da investigación é estudar as intervencións socioeducativas con persoas con adiccións dende o rol dos/das Educadores/as Sociais nunha CT. Con este propósito, desenvolverase un traballo de iniciación á investigación de campo, seguindo unha metodoloxía cualitativa centrada nun estudo de caso, dándolle voz ao equipo de profesionais por medio de entrevistas semiestruturadas. Os resultados indican que a Educación Social é vital nas CT por tratarse dunha disciplina pedagóxica centrada na mellora da calidade de vida do individuo, nas súas necesidades e dereitos, cun apoio integral e constante inmensurable que permitirá a súa incorporación na sociedade. Ese labor vese potenciado pola súa pericia e concienciación sobre a necesidade da intervención socioeducativa neste ámbito, así como polo traballo coordinado no equipo interdisciplinar, fundamental no éxito das actuacións. En conclusión, pola idoneidade da súa figura, é necesario emprender liñas de investigación futuras orientadas a recoñecer e optimizar a súa práctica profesional
  • Item type: Item ,
    En tempos de COVID: Educación Social e ámbito familiar nos Servizos Sociais Comunitarios de Santiago de Compostela
    (2021) García López, María; Universidade de Santiago de Compostela. Facultade de Ciencias da Educación; Morán de Castro, Carmen
    Este traballo busca investigar, dende unha perspectiva socioeducativa, como afectou a Covid-19 ao Servizo de Educación e Apoio Familiar dos Servizos Sociais Comunitarios de Santiago de Compostela e ás familias participantes no mesmo. Empregando a modalidade de iniciación á investigación de campo, deseñouse e desenvolveuse un estudo seguindo unha metodoloxía cualitativa. Entrevistáronse a tres educadoras sociais en calidade de educadoras familiares que traballan no servizo, ao igual que a tres representantes de familias participantes de cada un dos PASS aos que se vinculan. Os resultados e as conclusións reflicten consecuencias na actividade do servizo. Destaca o aumento de necesidades primarias, a demanda de recursos TIC e de alfabetización dixital nunha realidade protagonizada polo mundo virtual fronte á presencialidade, dificultades académicas e problemas de saúde emocional nos e nas menores, a incorporación de novos perfís ao servizo e a satisfacción por parte das familias. No caso das educadoras familiares, cabe resaltar o seu papel como apoio, a capacidade de adaptación á reestruturación da actividade no servizo, a importancia do coidado profesional e da reflexión sobre a praxe e a demanda de recursos coa finalidade de alcanzar maiores cotas de benestar social.
  • Item type: Item ,
    O dereito da infancia á participación social: o caso do Foro de Participación Infantil e Adolescente de Teo
    (2021) Riádigos Couso, Xabier; Universidade de Santiago de Compostela. Facultade de Ciencias da Educación; Gradaílle Pernas, Rita
    As nenas e os nenos son cidadás e cidadáns do presente e suxeitos activos que han de educarse para exercer e gozar dos dereitos civís, sociais, políticos e culturais en condicións de equidade. Partindo desta premisa, nunha sociedade democrática o dereito á participación da infancia debe ser garantido por parte das administracións e gobernantes. Así, o presente Traballo de Fin de Grao pretende analizar -en clave socioeducativa- a experiencia do Foro de Participación Infantil e Adolescente (FoPIA) de Teo dende a perspectiva das nenas, nenos e adolescentes e da educadora social. Para logralo, realízase unha investigación de carácter cualitativo enfocada ao estudo de caso baseado na recollida de datos por medio de instrumentos como a análise documental, a entrevista en profundidade e o grupo de discusión. Os resultados mostran que o dereito á participación vese reforzado e impulsado coa creación do órgano de participación local, á vez que resulta un proceso en continua construción que debe ser guiado e acompañado a fin de educar na e para a participación social. Un proceso -non exento de retos e limitacións- que esixe a participación activa, implicativa e protagónica das NNA para conformar unha cidadanía crítica, consciente e responsable para coa súa comunidade
  • Item type: Item ,
    O Ocio Terapéutico como recurso da Educación Social en contextos hospitalarios
    (2021) Chaos Núñez, Beatriz; Universidade de Santiago de Compostela. Facultade de Ciencias da Educación; Caballo Villar, María Belén
    A día de hoxe, os tempos de ocio constitúen un importante indicador da calidade de vida na sociedade de occidente. O ocio entendido como experiencias desenvolvidas nos tempos libres convértese en ocio terapéutico cando o fin da súa práctica é axudar ás persoas a recuperarse tras unha ameaza a súa saúde. Existen servizos hospitalarios que promoven o ocio terapéutico como parte do tratamento a ter en conta para asegurar o benestar dos e das doentes, mais, contamos con profesionais do ámbito sanitario formados para por en práctica iniciativas de ocio terapéutico co fin de asegurar o acceso ó ocio e a práctica deste como terapia ou tratamento dunha doenza? Coñécese realmente a repercusión que a súa práctica ten na nosa saúde? É a educación social a profesión coa formación necesaria para a súa posta en marcha? O presente traballo de fin de grao pretende dar resposta a estas cuestións e afondar na análise do ocio terapéutico como práctica profesional da educación social
  • Item type: Item ,
    O Colexio Familiar Rural de Negreira, unha loita pola educación para o rural galego
    (2020) Campos López, Silvia; Universidade de Santiago de Compostela. Facultade de Ciencias da Educación; Costa Rico, Antón
    Coa preocupación por pensar as alternativas posibles para o rural galego, valémonos da memoria oral para achegarnos a unha experiencia de formación profesional agrícola que se deu en Galicia nos recentes anos setenta: o Colexio Familiar Rural de Negreira. Establecemos os seus antecedentes directos nas Maisons Familiales Rurales francesas, que guiarán outras moitas accións educativas de xestión democrática e renovación pedagóxica. Analizamos esta iniciativa con forte impacto social e pedagóxico, dende a premisa de que a educación na Galicia rural estivo historicamente apartada das necesidades da súa poboación, á vez que a dinamización social destes territorios sempre veu da man de preocupacións persoais, tamén lonxe da administración pública. Deste xeito, antes de comezar a dar conta da experiencia concreta de Negreira, achegarémonos aos antecedentes tanto da fórmula na que se inscribe, como aos referidos ao contexto histórico e educativo no que se desenvolve, buscando dilucidar as conexións que nesta se dan entre o contexto escolar e o eido social. A través da análise dos presupostos pedagóxicos nos que se basea e do funcionamento no día a día do Colexio, recuperamos unha significativa experiencia da historia cultural galega con gran significado para o que hoxe é a Educación Social.
  • Item type: Item ,
    O voleibol como ferramenta no proceso reeducador de menores internos por medida xudicial. Proposta de intervención socioeducativa
    (2018) Ramos Baltasar, Aida; Universidade de Santiago de Compostela. Facultade de Ciencias da Educación; Nogueira Pérez, Miguel Anxo
    O voleibol, como deporte en equipo cunhas características únicas, guiado dende a óptica educativa pode converterse nun poderoso instrumento para a reeducación de menores internos/as por medida xudicial. Estes/as adolescentes adoitan presentar carencias sociopersoais remarcadas, en xeral, por unha baixa autoestima e un infravalorado autoconcepto, o que actúa como motivador das condutas delituosas. Por elo, nos centros de reeducación de menores resulta imprescindible abordar a educación en valores para reforzar o desenvolvemento integral, como base na futura reinserción social de estos/as adolescentes. Baseándonos nesta afirmación, o seguinte traballo de fin de grao concrétase como un proxecto de intervención socioeducativa baseado no voleibol como ferramenta para a reeducación dos/as menores internos/as nun centro de menores da Comunidade Autónoma de Galicia
  • Item type: Item ,
    Actitudes e comportamentos das familias autóctonas respecto das persoas de procedencia migrante: unha análise dende a perspectiva da educación intercultural
    (2019) Santiago Cameán, Medea; Universidade de Santiago de Compostela. Facultade de Ciencias da Educación; Priegue Caamaño, Diana
    Este estudo recolle os resultados derivados dunha investigación de campo, cuxo propósito consiste en coñecer, así como analizar as percepcións e actitudes das familias autóctonas que frecuentan o Centro Cívico de Conxo, en relación á integración da poboación inmigrante, dende a perspectiva da educación intercultural. Na actualidade, o fenómeno migratorio medra exponencialmente, así como as súas implicacións. É por iso, que dende a educación xorde a necesidade perentoria de analizar dende a perspectiva actitudinal, relacional, e interaccional; a realidade social en pequenos contextos comunitarios, onde existe unha situación de multiculturalidade ou convivencia de diferentes poboacións e culturas. Nesta liña e tras realizar unha contextualización teórica, empregouse como estratexia metodolóxica o estudo de caso, combinado coa investigación descritiva tipo enquisa, a través dun cuestionario elaborado ad hoc. No eido cualitativo, e co obxecto de complementar a investigación, empregouse a técnica de observación, mediante un sistema de rexistro categorial, neste caso unha lista de control. Finalmente, incluíronse as conclusións e discusión de resultados obtidos, ademais dun apartado con posibles liñas de actuación e propostas de intervención socioeducativa en clave de desenvolvemento comunitario dende a perspectiva da educación intercultural
  • Item type: Item ,
    El ciberacoso en los estudiantes de Educación Secundaria Obligatoria de Redondela: una aproximación desde la Educación Social
    (2019) Monteagudo Freiría, Andrea; Universidade de Santiago de Compostela. Facultade de Ciencias da Educación; Priegue Caamaño, Diana
    El ciberacoso constituye un problema creciente relacionado con el uso inadecuado de los dispositivos tecnológicos. Precisamente, este trabajo pretende conocer la prevalencia del ciberacoso entre los jóvenes, analizando el uso de las nuevas tecnologías, la relación con el grupo de iguales en la Red y sus actitudes ante posibles comportamientos de violencia en el ciberespacio. Para ello, se aplicó un cuestionario a un grupo de estudiantes de Educación Secundaria Obligatoria del ayuntamiento de Redondela, consiguiendo implicar en la investigación a un total de 191 estudiantes de 2º y 3º Curso. Los resultados ponen de manifiesto la importancia de las tecnologías en la relación con el grupo de iguales y evidencian la existencia de situaciones que podríamos asociar con situaciones de ciberacoso. Además, detectamos una cifra importante de observadores de agresiones o acoso a través de los medios digitales. Asumiendo la clara necesidad de actuar desde una perspectiva educativa, concluimos haciendo hincapié en la relevancia de poner en marcha en los centros escolares programas de intervención socioeducativa orientados a optimizar las herramientas y recursos de los jóvenes para interactuar en la red y saber gestionar las relaciones entre iguales que albergan.
  • Item type: Item ,
    Pedagogía gerontológica: la atención gerontológica centrada en la persona (AGCP) desde la educación social
    (2018) Rodríguez Rodríguez, Laura; Universidade de Santiago de Compostela. Facultade de Ciencias da Educación; Gutiérrez Moar, María del Carmen
    El objetivo principal de esta investigación documental es mostrar la Atención Gerontológica Centrada en la Persona (AGCP) como un modelo para orientar la mejora de la calidad de vida de las personas mayores, donde se consideran valores nucleares la salvaguarda de la dignidad de la persona, el respeto a su singularidad y el derecho al control de su propia vida. Dentro de la AGCP, la autonomía se reconoce como un asunto clave en la atención cotidiana, donde la Educación Social juega un papel importante partiendo de la Animación Sociocultural (ASC), el tiempo de ocio y la educación a lo largo de la vida hacia el logro de un Desarrollo Comunitario (DC). Desde el ámbito de la educación, reconocemos la acción gerontológica profesional bajo el concepto de la Pedagogía Gerontológica, donde la AGCP se convierte en un amplio campo de trabajo para el/la Educador/a Social, junto con el resto de profesionales que puedan conformar el equipo interdisciplinar, cuya acción es ver la vejez y el envejecimiento de la población manteniendo los principios de este nuevo modelo
  • Item type: Item ,
    Mulleres galegas emprendedoras no eido da Educación Social
    (2018) Otero Vicente, Rebeca; Universidade de Santiago de Compostela. Facultade de Ciencias da Educación; Varela Crespo, Laura
    A presente investigación pretende indagar acerca dunha realidade coa que se convive na actualidade, que é o traballo das mulleres galegas emprendedoras no eido da Educación Social. Estas mulleres contan a súa experiencia, onde expoñen as dificultades que se atopan na integración ao mundo laboral por conta propia como educadoras sociais, así como a importancia dos aspectos positivos que pesan para poder seguir adiante cos seus proxectos de intervención socioeducativa. O obxectivo principal é coñecer a experiencia de mulleres emprendedoras na Educación Social na comunidade autónoma galega para analizar as dificultades e beneficios que lles achegou esta experiencia. Mediante o instrumento de natureza cualitativa (entrevista) realizamos unha análise descritiva da información recollida. Entre as conclusións obtidas salientamos a importancia da existencia de iniciativas como esta de cara ao desenvolvemento persoal e profesional destas mulleres, posto que permite dar visibilidade da súa realidade e servir de persoas referentes na comunidade
  • Item type: Item ,
    Intervención socioeducativa en contextos de prostitución. Aproximación ao traballo de rúa na comarca de Santiago de Compostela”
    (2018) Lima Reboiras, Yéssica; Universidade de Santiago de Compostela. Facultade de Ciencias da Educación; Bolaño Amigo, María Eugenia
    A seguinte investigación trata de facer unha aproximación á intervención socioeducativa en contextos de prostitución na comarca de Santiago de Compostela. A citada tarefa faise a través da revisión bibliográfica para a teorización do concepto; ao achegamento da relación entre a Educación Social e o ámbito da prostitución a través da revisión de documentación teórica e de investigacións previas; e, igualmente, a análise do traballo de tres entidades que se enmarcan nos contextos de prostitución do panorama galego e que desenvolven un dos seus proxectos (“traballo de rúa”) na comarca de Santiago de Compostela
  • Item type: Item ,
    Os tempos de lecer das mulleres adultas no rural. O caso de Viana do Bolo (Ourense)
    (2017) Sánchez Gómez, Tania; Universidade de Santiago de Compostela. Facultade de Ciencias da Educación; Caballo Villar, María Belén
    No presente Traballo de Fin de Grao (TFG), investigamos sobre os tempos de lecer das mulleres adultas no rural, no concello de Viana do Bolo (Ourense), co obxectivo de diagnosticar as dificultades e posibilidades neste eido e formular alternativas desde a perspectiva da Pedagoxía/Educación Social. Empregamos as potencialidades da indagación cualitativa para coñecer a perspectiva das protagonistas. O informe fundaméntase nos tres piares conceptuais básicos que tecen as temáticas vertebradoras do traballo: tempos sociais e xénero, Pedagoxía do Lecer como intervención no tempo libre e responsabilidade da Administración Local neste proceso. Constatamos que as canles de acceso ao lecer deste colectivo, no enclave analizado, atópanse moi debilitadas. As desigualdades de xénero, acentuadas, non propician o igual exercicio de dereitos da cidadanía, ao tempo que a ausencia dunha oferta estable por parte da Administración Pública, dificulta o lecer experiencial e humanista para o xénero feminino nesta franxa de idade –característica extrapolable ao resto da poboación
  • Item type: Item ,
    Los estilos educativos parentales y los procesos de socialización de género en el hogar: un estudio situado en el ayuntamiento de Bueu (Pontevedra)
    (2017) Menduiña Hermelo, Nerea; Universidade de Santiago de Compostela. Facultade de Ciencias da Educación; Priegue Caamaño, Diana
    A familia, como fonte de socialización primaria, é o núcleo fundamental da educación de todas as persoas, por iso o estilo educativo dos proxenitores constitúe unha peza chave no desenvolvemento das súas funcións educativas. O obxectivo principal desta investigación, é coñecer os estilos educativos parentais que predominan nas familias bueuenses e indagar sobre os procesos de socialización de xénero no fogar. Para iso realizamos un estudo descritivo de natureza cuantitativa servíndonos dos instrumentos (enquisas) que deseñamos para nenos e nenas de entre 10 e 11 anos e as súas respectivas familias. Entre os resultados acadados queremos destacar que, en xeral, as familias enquisadas mostran características de conduta parental democrática. En canto a socialización de xénero, non se trata de familias que transmitan estereotipos de xénero de forma directa, sen embargo, consideramos, tras analizar as súas respostas, que de forma indirecta si o fan. Entre as conclusión ás que chegamos destaca a importancia de implantar programas de formación que orienten ás familias no desenvolvemento das súas funcións dende os principios da parentalidade positiva
  • Item type: Item ,
    Relaciones afectivo-sexuales en personas con Parálisis Cerebral. Un proyecto de intervención socioeducativa
    (2017) Collazo González, Andrea; Universidade de Santiago de Compostela. Facultade de Ciencias da Educación; Morán de Castro, Carmen
    Mediante este Trabajo de Fin de Grado se realizará el diseño de un proyecto de intervención socioeducativo para el colectivo de personas con parálisis cerebral, incluido en el ámbito de la educación para la mediación, la inclusión social y la diversidad de la Educación Social. Concretamente, realizaremos una propuesta de acción socioeducativa de formación y sensibilización en el ámbito de las relaciones afectivo-sexuales dirigido a las personas, familiares y profesionales que acuden a APAMP (Asociación de Familias de Personas con Parálisis Cerebral), en Vigo. Nuestros objetivos serán profundizar en el conocimiento de las características, necesidades y posibilidades del colectivo; sensibilizar y ayudar a las familias en un tema que les resulta difícil; e investigar e informar sobre las iniciativas, recursos y experiencias para facilitar estas relaciones. Partiendo de un análisis de la realidad de la Asociación, se realiza una propuesta de trabajo con el interés de que se incorporen en los planes de trabajo de la entidad iniciativas socioeducativas en el ámbito de la educación afectivo-sexual