EC/015-Vol.15, Núm. 1 (2006)

Permanent URI for this collectionhttps://hdl.handle.net/10347/18917

Browse

Recent Submissions

Now showing 1 - 19 of 19
  • Item type: Item ,
    A pesca no comezo do S. XXI
    (Universidade de Santiago de Compostela, 2006) García Negro, María do Carme; González Laxe, Fernando; Universidade de Santiago de Compostela. Departamento de Economía Aplicada
  • Item type: Item ,
    O Libro blanco de la pesca: un instrumento para a competitividade
    (Universidade de Santiago de Compostela, 2006) Espinosa Manglana, Elena
  • Item type: Item ,
    I+D+i e o futuro do sector pesqueiro
    (Universidade de Santiago de Compostela, 2006) Landín Jaraíz, Amancio
  • Item type: Item ,
    O sector conserveiro e semiconserveiro de peixes e de mariscos: claves de futuro
    (Universidade de Santiago de Compostela, 2006) Vieites Baptista de Sousa, Juan Manuel
  • Item type: Item ,
    A miticultura en Galicia: unha actividade de éxito e con futuro
    (Universidade de Santiago de Compostela, 2006) Franco Leis, Manuel
  • Item type: Item ,
    ¿Ten futuro o marisqueo?
    (Universidade de Santiago de Compostela, 2006) Santasmarinas Raposo, Pencha
  • Item type: Item ,
    O porto de Celeiro
    (Universidade de Santiago de Compostela, 2006) Míguez López, Eduardo
  • Item type: Item ,
    O papel dos portos no desenvolvemento do sector pesqueiro: o porto de Vigo
    (Universidade de Santiago de Compostela, 2006) Losada Soutelo, Carlos M.
  • Item type: Item ,
    Descrición do marco legal e dalgunhas ideas referentes á inspección e ao control das pescas na Unión Europea logo da reforma da política común das pescas
    (Universidade de Santiago de Compostela, 2006) Vázquez Álvarez, Xavier
    O autor considera que unha aplicación rigorosa da Política Común das Pescas (PCP) é un prerrequisito para o éxito das orientacións en materia de xestión e conservación dos recursos pesqueiros. Nese contexto, analiza os cambios principais que caracterizan a reforma da PCP, repasa os obxectivos da Comisión Europea en materia de control e inspección para asegurar o cumprimento da normativa comunitaria en materia de pesca, e describe o proceso de reforzamento e harmonización do control e da aplicación práctica das medidas de conservación dos recursos que culminou na proposta da Comisión Europea para a creación dunha Axencia de Control de Pesca
  • Item type: Item ,
    O proceso de territorialización do sector pesqueiro europeo
    (Universidade de Santiago de Compostela, 2006) González Laxe, Fernando
    A Política Común Pesqueira (PCP) enfróntase a tres grandes retos: o da preservación e conservación dos recursos, o do modelo de xestión dos recursos e os consabidos mecanismos de control e, finalmente, o da competitividade do sector económico da pesca e os seus efectos sociais e territoriais. A PCP procura os principios da boa gobernabilidade, desexa contribuír a unha pesca responsable e quere estar definida sobre a base dunha compatibilidade cun sistema global de explotación duradeira dos recursos. En suma, a PCP pretende responder con postulados de coherencia entre as súas diferentes accións e garantir a viabilidade do sector pesqueiro no longo prazo. De acordo con estas consideracións, o acceso aos recursos pesqueiros así como os procesos de adaptación das capacidades de pesca ás potencialidades das reservas están constituíndo a prioridade máxima no referido á regulación da pesca. Porén, a súa aplicación subliña a emerxencia de varias traxectorias: a discriminación de determinadas flotas pesqueiras e a territorialización de determinadas pesqueiras. Este traballo quere reflexionar sobre o asunto e propor recomendacións para o presente sobre as cuestións que son obxecto de discusión entre os axentes da pesca españois ante as novas reformas da política pesqueira comunitaria e ante a actual configuración mundial do sector pesqueiro
  • Item type: Item ,
    A reforma da Política Pesqueira Común e as súas implicacións para España
    (Universidade de Santiago de Compostela, 2006) Iglesias Berlanga, Marta
    En vigor desde o 1 de xaneiro de 2003, a Política Pesqueira Común (PPC) afronta un novo e ambicioso proceso de revisión destinado a xestionar de maneira máis eficaz a dimensión biolóxica, económica e social da pesca. Malia a necesidade de conciliar as reivindicacións dos pescadores no mantemento do seu medio de vida co crítico diagnóstico actual das pesqueiras europeas, o reto máis controvertido da nova PPC bifúrcase nunha cuádrupla dirección: ‘primo’, a fixación de obxectivos no longo prazo; ‘secundo’, a adopción dunha nova política capaz de corrixir a sobredimensión crónica da flota da Unión Europea (UE); ‘tertio’, unha aplicación máis eficaz das normas convidas no seu seo e, por último, unha maior implicación das partes intere-sadas. Concretándose deste modo a ‘ratio essendi’ do estudo que se presenta, o seu principal obxectivo reside en valorar os avances máis significativos alcanzados nos diferentes ámbitos e as súas repercusións para España
  • Item type: Item ,
    As empresas conserveiras e o mercado mundial do atún
    (Universidade de Santiago de Compostela, 2006) Núñez Gamallo, Ramón
    Tras unha descrición do mercado mundial do atún, realízase a continuación unha aproximación ao mundo da industria conserveira de peixe española e galega na que se identifican as súas características principais e na que se pon de manifesto cales delas poden supoñer vantaxes ou debilidades fronte aos fenómenos de deslocalización produtiva. O comportamento dos investimentos realizados por este sector no estranxeiro, porén, amosa un significativo despregamento desde o ano 2001 en adiante. Así, os exemplos que ofrecen algunhas das empresas máis destacadas do sector mostran como o proceso de deslocalización produtiva comezou seguindo diferentes estratexias
  • Item type: Item ,
    España no comercio internacional/global dos productos da pesca
    (Universidade de Santiago de Compostela, 2006) Sálamo Otero, Pedro
    Neste artigo trátase de analizar a posición española no comercio internacional dos produtos da pesca e a súa contribución á formación da oferta nacional. A lonxitude do período analizado (o período comprendido entre os anos 1995 e 2005) así como o detalle dos datos estudados (ao máximo nivel de desagregación, é dicir, a nivel de produto), permitirán concluír que a dimensión e a fortaleza do comercio internacional dos produtos da pesca en España non obedece a factores conxunturais, senón que é unha característica específica do sector pesqueiro global-mente considerado que está solidamente establecida
  • Item type: Item ,
    O traballo das mulleres no sector pesqueiro galego: análise dos problemas relacionados co seu tratamiento estatístico
    (Universidade de Santiago de Compostela, 2006) García Negro, María do Carme; Zotes Tarrío, Yolanda Nélida; Universidade de Santiago de Compostela. Departamento de Economía Aplicada
    O traballo das mulleres ten unha importancia socioeconómica decisiva no sector pesqueiro galego. Participan en toda a cadea produtiva, desde o subsector extractivo ata a comercialización final do produto: tarefas de recollida, tratamento e venda de peixe, xestión e planificación empresarial das unidades de produción. Este papel é fundamental en subsectores como a conserva e a transformación de peixe, o subsector acuícola, as actividades auxiliares da pesca ou do marisqueo onde a súa actuación se converte nun factor esencial, acadando en Galicia unha entidade propia que non existe noutros países de Europa. Non obstante, esta realidade está recollida de forma moi deficiente nas escasas estatísticas referidas ao sector pesqueiro, distorsionando o papel das mulleres. Neste traballo pretendemos evidenciar a verdadeira importancia das mulleres no sector pesqueiro galego cunha cuantificación do emprego nos distintos eidos
  • Item type: Item ,
    Algunhas das especificidades máis problemáticas do traballo no mar realizado a bordo de embarcacións pesqueiras
    (Universidade de Santiago de Compostela, 2006) Carril Vázquez, Xosé Manuel
    O traballo no mar comprende numerosas actividades. Unha destas actividades é a realizada a bordo dos barcos de pesca, que rexistra moitas peculiaridades derivadas fundamentalmente da consideración do buque como un centro de traballo singular e que dificultan a aplicación a este traballo específico das normas laborais e de Seguridade Social de carácter xeral. Estas peculiaridades presentan problemas moi concretos que, xunto cos problemas estruturais do sector, impiden que poida falarse con rigor da actividade pesqueira coma un traballo digno e humano
  • Item type: Item ,
    As táboas input-output da pesca e conserva galega, un instrumento de xestión útil e oportuno
    (Universidade de Santiago de Compostela, 2006) Franquesa Artés, Ramón
    As táboas input-output son un instrumento de análise económica que permiten cuantificar a interrelación das actividades sectoriais dunha economía entre si. Dado o particular momento de crise que vive a pesca e a importancia desta na estrutura económica de Galicia, a publicación das “Táboas input-otput para a pesca e a conserva de Galicia” referidas ao exercicio de 1999 é especialmente oportuna. Neste artigo coméntanse as posibilidades que para a simulación de escenarios, a previsión de evolucións e a avaliación de políticas económicas pode ter a súa elaboración
  • Item type: Item ,
    A sustentabilidade dos recursos pesqueiros en termos biolóxicos
    (Universidade de Santiago de Compostela, 2006) González-Garcés Santiso, Alberto
    Neste artigo faise unha descrición dos criterios e da linguaxe científicos usados actualmente para determinar o estado de explotación e o desenvolvemento sostible das pesqueiras desde o punto de vista biolóxico. En función destes criterios, preséntase a situación actual do conxunto dos recursos pesqueiros mundiais e analízase a situación dalgunhas poboacións de interese pesqueiro para Galicia en función dos puntos de referencia biolóxicos. Finalmente, faise un exame dos elementos que cumpriría ter en conta para aplicar o “enfoque de ecosistema” na avaliación e na xestión dos recursos pesqueiros, e tamén das necesidades de coñecementos científicos para poder aplicar este “enfoque de ecosistema” no futuro
  • Item type: Item ,
    A base do coñecemento na xestión de pesqueiras: o caso do sistema de mandato e control da Unión Europea
    (Universidade de Santiago de Compostela, 2006) Aranda Azabache, Martín; Murillas Maza, Arantza; Motos Izeta, Lorenzo
    Tradicionalmente, a xestión pesqueira centrouse en protexer os recursos da sobreexplotación frecuentemente mediante o TAC (total admisible de capturas) e recuperando os sobreexplotados. En certas circunstancias, o TAC pode conducir a erros do sistema de xestión tanto de tipo ecolóxico coma social e económico. O TAC adminístrase xeralmente a través dunha plataforma de Comando e Control (C&C), que se caracteriza pola toma de decisións centralizadas tanto no establecemento de regras coma na súa vixilancia. Estes sistemas desenvolven un papel central na xestión de pesqueiras da Unión Europea. Porén, os sistemas de C&C baseados en cotas son percibidos como alternativas de xestión decepcionantes, aínda cando o sistema de TAC e cotas foi apoiado maioritariamente pola industria europea durante o último proceso de revisión da PPC. Estes sistemas deixan pouca marxe para a participación dos usuarios, e non inclúen o coñecemento destes no proceso de toma de decisións. Todo iso lle resta lexitimidade ao proceso e, en consecuencia, xera fallos como o falseamento de datos das capturas e o incremento de prácticas de descarte. Isto afecta negativamente na calidade da información usada na produción de coñecemento científico. Os xestores teñen que responder a este reto fortalecendo a produción do coñecemento a partir do uso de todas as fontes de coñecemento e disciplinas científicas, potenciando a implicación dos principais actores interesados
  • Item type: Item ,
    A sustentabilidade das pesqueiras: fundamentos teóricos e análise dentro do marco da política pesqueira comunitaria
    (Universidade de Santiago de Compostela, 2006) Villasante Larramendi, Carlos Sebastián; Carballo Penela, Adolfo; Universidade de Santiago de Compostela. Departamento de Economía Aplicada; Universidade de Santiago de Compostela. Departamento de Organización de Empresas e Comercialización
    Un dos retos máis importantes que o ser humano debe superar na actualidade relaciónase coa deterioración ambiental do noso planeta. A adopción dun modelo de crecemento económico creado sen considerar as interaccións entre a economía e o medio propiciou que determinadas actividades, fundamentais para a supervivencia da especie humana, deban ser reformuladas para poder manterse no longo prazo. De aí que cada vez máis a busca dun modelo de desenvolvemento sustentable se converta nun obxectivo prioritario na planificación no longo prazo de case calquera tipo de actividade. Porén, os esforzos neste sentido non terán éxito se o concepto non é definido sen ambigüidade tanto no que se refire aos principios teóricos nos que se basea como en canto ás súas implicacións para actividades concretas. No caso das actividades pesqueiras, existen distintas propostas relacionadas coa consecución dun modelo de xestión sustentable -principio de precaución, enfoque dos ecosistemas...-, sendo o obxectivo deste traballo a análise dos fundamentos teóricos destas propostas e da súa evolución, así como da súa aplicación no marco da Política Pesqueira Comunitaria (PCP)