A Unión Europea : estrutura xeral
Loading...
Identifiers
Publication date
Authors
Advisors
Tutors
Editors
Journal Title
Journal ISSN
Volume Title
Publisher
Universidade de Santiago de Compostela. Servizo de Publicacións e Intercambio Científico
Abstract
O estudo da Unión Europea e o seu ordenamento xurídico insírese dentro
do ámbito dos estudos xurídicos internacionais, no fenómeno do
rexionalismo, isto é, no establecemento de mecanismos de cooperación
entre Estados en diferentes áreas rexionais para alcanzar determinados
obxectivos de interese común. Este fenómeno, que non é exclusivo do
continente europeo, concretouse na creación de moi diferentes
Organizacións Internacionais Rexionais, algunhas das cales van máis aló da
mera cooperación intergobernamental e serven como canle para o
desenvolvemento de procesos de integración. Este é o caso da Unión
Europea, que constitúe un modelo único de Organización Internacional de
integración á que os Estados cederon o exercicio de competencias
soberanas e que deron lugar á creación dun novo sistema xurídico, o
Dereito da Unión Europea, que goza de autonomía respecto do Dereito
Internacional Público e dos Dereitos internos dos Estados membros, pero
que está estreitamente relacionado con ambos os ordenamentos xurídicos. Esta materia ten como propósito introducir o alumnado no estudo da
estrutura da Unión Europea e das peculiaridades do seu ordenamento
xurídico. Trátase así de ofrecer unha visión xeral do funcionamento das institucións comunitarias e dos mecanismos e procedementos a través dos
cales se elabora e se aplica o Dereito da Unión Europea (repartición de
competencias, sistema de fontes, mecanismos de aplicación ou
mecanismos de control), que facilite a comprensión dos trazos distintivos
deste ordenamento xurídico peculiar e lle permita a aplicación das súas
normas naqueles ámbitos do Dereito español que se vexan afectados por
elas.
Nesta materia non se busca examinar todos os ámbitos materiais –
cada vez máis amplos– que son obxecto de regulación polo ordenamento
xurídico da Unión Europea, senón que esta normativa comunitaria
específica deberá ser estudada naquelas disciplinas do Dereito español que
se vexan afectadas pola acción das institucións europeas, pois iso permitirá
ofrecer así ao alumnado, desde un punto de vista material, unha perspectiva
máis completa, que xa non debe quedar limitada ao estudo do Dereito
positivo interno, senón que debe ter en conta o impacto da normativa
comunitaria, que resulta cada vez máis importante
Description
Titulación: Grao en Dereito -- Materia: Institucións e Dereito da Unión Europea
Keywords
Bibliographic citation
Relation
Has part
Has version
Is based on
Is part of
Is referenced by
Is version of
Requires
Sponsors
Universidade de Santiago de Compostela. Servizo de Normalización Lingüística
Rights
© Universidade de Santiago de Compostela, 2010. Esta obra atópase baixo unha licenza Creative Commons Atribución-Non comercial-Compartir igual 4.0 Internacional (CC BY-NC-SA 4.0)
Attribution-NonCommercial-NoDerivatives 4.0 Internacional
Attribution-NonCommercial-NoDerivatives 4.0 Internacional








