O vocalismo átono como indexador de galeguidade na pronuncia: estudo perceptivo

Loading...
Thumbnail Image
Identifiers

Publication date

Advisors

Editors

Journal Title

Journal ISSN

Volume Title

Publisher

Metrics
Google Scholar
lacobus
Export

Geographic coverage

Research Projects

Organizational Units

Journal Issue

Abstract

A pertinencia do vocalismo átono final na percepción de trazos galegos na pronuncia vénse observando desde hai anos por diferentes autores/as (Regueira, 2012; Tomé Lourido, 2018). A raíz do traballo de Aguete (2020), xestouse a hipótese de Aguete & Fernández Rei (2022) de que o vocalismo átono ten máis relevancia ca o tónico na percepción de trazos caracteristicamente galegos na fala. Con base nesta idea, formulamos a hipótese central do traballo: a percepción da pronuncia galega está ideoloxicamente mediada, isto é, un trazo considerado emblemático do galego oral (a diferenciación de sete vogais tónicas) non é o principal indexador da súa galeguidade. Para demostrar isto, realizaremos un experimento, partindo da hipótese de Aguete & Fernández Rei (2022), que consistirá nun test perceptivo no que controlaremos as variables de pronuncia do vocalismo tónico (7 e 5 vogais) e do vocalismo átono (reducido e non reducido). Para a súa elaboración e realización empregaremos a plataforma FOLERPA (Fernández Rei et al., 2021). No test incluiremos preguntas de valoración do acento, da tradicionalidade, da autenticidade e da orixe (rural-urbana) dos/as informantes. Asemade, buscaremos unha reflexión por parte das persoas xuízas sobre estes ítems para contarmos cos seus xuízos metapragmáticos. Esperamos que a variable do vocalismo átono sexa máis relevante ca a do tónico, o que confirmaría a hipótese do experimento e ratificaría a nosa hipótese principal. Isto comporta unha reflexión sobre a indexicalidade como vínculo entre unha forma e un significado social (Bucholtz & Hall, 2005): se os/as falantes ligan a galeguidade da pronuncia á distinción de 7 vogais tónicas e, pola contra, a perciben a través da redución do vocalismo átono, atopariámonos ante un significado social vinculado a un preconcepto e non a unha forma e, asemade, ante a posibilidade de que o vocalismo átono sexa a forma indexadora.

Description

Bibliographic citation

Relation

Has part

Has version

Is based on

Is part of

Is referenced by

Is version of

Requires

Sponsors

Rights

Attribution-NonCommercial-ShareAlike 4.0 International