O vocalismo átono como indexador de galeguidade na pronuncia: estudo perceptivo
| dc.contributor.affiliation | Universidade de Santiago de Compostela. Departamento de Filoloxía Galega | |
| dc.contributor.affiliation | Universidade de Santiago de Compostela. Facultade de Filoloxía | |
| dc.contributor.author | Fernández López, Daniel | |
| dc.contributor.tutor | Fernández Rei, Elisa | |
| dc.coverage.spatial | east=-8.1338558; north=42.5750554; name=Galicia | |
| dc.date.accessioned | 2025-05-09T11:41:16Z | |
| dc.date.available | 2025-05-09T11:41:16Z | |
| dc.date.issued | 2024-05-06 | |
| dc.description.abstract | A pertinencia do vocalismo átono final na percepción de trazos galegos na pronuncia vénse observando desde hai anos por diferentes autores/as (Regueira, 2012; Tomé Lourido, 2018). A raíz do traballo de Aguete (2020), xestouse a hipótese de Aguete & Fernández Rei (2022) de que o vocalismo átono ten máis relevancia ca o tónico na percepción de trazos caracteristicamente galegos na fala. Con base nesta idea, formulamos a hipótese central do traballo: a percepción da pronuncia galega está ideoloxicamente mediada, isto é, un trazo considerado emblemático do galego oral (a diferenciación de sete vogais tónicas) non é o principal indexador da súa galeguidade. Para demostrar isto, realizaremos un experimento, partindo da hipótese de Aguete & Fernández Rei (2022), que consistirá nun test perceptivo no que controlaremos as variables de pronuncia do vocalismo tónico (7 e 5 vogais) e do vocalismo átono (reducido e non reducido). Para a súa elaboración e realización empregaremos a plataforma FOLERPA (Fernández Rei et al., 2021). No test incluiremos preguntas de valoración do acento, da tradicionalidade, da autenticidade e da orixe (rural-urbana) dos/as informantes. Asemade, buscaremos unha reflexión por parte das persoas xuízas sobre estes ítems para contarmos cos seus xuízos metapragmáticos. Esperamos que a variable do vocalismo átono sexa máis relevante ca a do tónico, o que confirmaría a hipótese do experimento e ratificaría a nosa hipótese principal. Isto comporta unha reflexión sobre a indexicalidade como vínculo entre unha forma e un significado social (Bucholtz & Hall, 2005): se os/as falantes ligan a galeguidade da pronuncia á distinción de 7 vogais tónicas e, pola contra, a perciben a través da redución do vocalismo átono, atopariámonos ante un significado social vinculado a un preconcepto e non a unha forma e, asemade, ante a posibilidade de que o vocalismo átono sexa a forma indexadora. | |
| dc.identifier.uri | https://hdl.handle.net/10347/41317 | |
| dc.language.iso | glg | |
| dc.rights | Attribution-NonCommercial-ShareAlike 4.0 International | en |
| dc.rights.accessRights | open access | |
| dc.rights.uri | http://creativecommons.org/licenses/by-nc-sa/4.0/ | |
| dc.subject | Vocalismo | |
| dc.subject | Galego | |
| dc.subject | Indexicalidade | |
| dc.subject | Identidade | |
| dc.subject.classification | 570502 Etnolingüística | |
| dc.subject.classification | 570505 Fonética | |
| dc.subject.classification | 570506 Fonología | |
| dc.title | O vocalismo átono como indexador de galeguidade na pronuncia: estudo perceptivo | |
| dc.title.alternative | El vocalismo átono como indexador de galleguidad en la pronunciación: estudio perceptivo | |
| dc.title.alternative | Unstressed vocalism as an index of Galician identity in pronunciation: a perceptual study | |
| dc.type | bachelor thesis | |
| dspace.entity.type | Publication | |
| relation.isTutorOfPublication | 223e421e-7064-4696-a90b-d8bdb96594ad | |
| relation.isTutorOfPublication.latestForDiscovery | 223e421e-7064-4696-a90b-d8bdb96594ad |
Files
Original bundle
1 - 1 of 1
Loading...
- Name:
- TFG_Daniel Fernández López (1).pdf
- Size:
- 1.31 MB
- Format:
- Adobe Portable Document Format