RT Generic T1 O vocalismo átono como indexador de galeguidade na pronuncia: estudo perceptivo T2 El vocalismo átono como indexador de galleguidad en la pronunciación: estudio perceptivo T2 Unstressed vocalism as an index of Galician identity in pronunciation: a perceptual study A1 Fernández López, Daniel K1 Vocalismo K1 Galego K1 Indexicalidade K1 Identidade AB A pertinencia do vocalismo átono final na percepción de trazos galegos na pronuncia vénse observando desde hai anos por diferentes autores/as (Regueira, 2012; Tomé Lourido, 2018). A raíz do traballo de Aguete (2020), xestouse a hipótese de Aguete & Fernández Rei (2022) de que o vocalismo átono ten máis relevancia ca o tónico na percepción de trazos caracteristicamente galegos na fala. Con base nesta idea, formulamos a hipótese central do traballo: a percepción da pronuncia galega está ideoloxicamente mediada, isto é, un trazo considerado emblemático do galego oral (a diferenciación de sete vogais tónicas) non é o principal indexador da súa galeguidade. Para demostrar isto, realizaremos un experimento, partindo da hipótese de Aguete & Fernández Rei (2022), que consistirá nun test perceptivo no que controlaremos as variables de pronuncia do vocalismo tónico (7 e 5 vogais) e do vocalismo átono (reducido e non reducido). Para a súa elaboración e realización empregaremos a plataforma FOLERPA (Fernández Rei et al., 2021). No test incluiremos preguntas de valoración do acento, da tradicionalidade, da autenticidade e da orixe (rural-urbana) dos/as informantes. Asemade, buscaremos unha reflexión por parte das persoas xuízas sobre estes ítems para contarmos cos seus xuízos metapragmáticos.Esperamos que a variable do vocalismo átono sexa máis relevante ca a do tónico, o que confirmaría a hipótese do experimento e ratificaría a nosa hipótese principal. Isto comporta unha reflexión sobre a indexicalidade como vínculo entre unha forma e un significado social (Bucholtz & Hall, 2005): se os/as falantes ligan a galeguidade da pronuncia á distinción de 7 vogais tónicas e, pola contra, a perciben a través da redución do vocalismo átono, atopariámonos ante un significado social vinculado a un preconcepto e non a unha forma e, asemade, ante a posibilidade de que o vocalismo átono sexa a forma indexadora. YR 2024 FD 2024-05-06 LK https://hdl.handle.net/10347/41317 UL https://hdl.handle.net/10347/41317 LA glg DS Minerva RD 28 abr 2026