Reflexións sobre o uso da linguaxe inclusiva nos traballos académicos do estudantado universitario
Loading...
Identifiers
Publication date
Authors
Advisors
Tutors
Editors
Journal Title
Journal ISSN
Volume Title
Publisher
Universidade de Santiago de Compostela. Servizo de Publicacións e Intercambio Científico
Abstract
O profesorado universitario, especialmente aquel que actúa nas facultades
de Ciencias da Educación, polo seu papel formador e como referente
social, é clave e exemplo en canto á actuación no emprego da
linguaxe. De nada serven as disertacións que alentan á inclusión se o
vocabulario, prácticas e expresións que usamos para isto son sexistas.
Ante esta preocupación, propóñome analizar o uso da linguaxe inclusiva
nos traballos académicos dun grupo de estudantes de universidade
para descubrir como é a repercusión no uso desta tralo manexo por
parte do alumnado das rúbricas que usa o profesorado para avaliar.
Desta análise, sobresae o uso do masculino xenérico, en harmonía coa
tendencia da escrita da maioría da literatura da que dispomos e das regras
que rexen a sociedade na que nos enmarcamos. Suscítase tamén
a importancia que o alumnado universitario outorga ao uso da linguaxe
inclusiva, que semella ser bastante modesto. Neste caso concreto,
aínda a sabendas de que o uso da linguaxe inclusiva é un criterio avaliable
de cara ás cualificacións das prácticas de aula, e logo de coñecer
e usar a rúbrica que se usa para cualificar, as producións académicas
non parecen mellorar notablemente no uso da linguaxe inclusiva.
Description
Publicación derivada dunha comunicación presentada ao congreso: "IV Xornada Universitaria Galega en Xénero. Perspectiva de xénero na docencia universitaria", 15 de xullo de 2016 na Facultade de Ciencias da Comunicación (Santiago de Compostela)
Bibliographic citation
Casal de la Fuente, Lucía (2016). Reflexións sobre o uso da linguaxe inclusiva nos traballos académicos do estudantado universitario . En A. González Penín, A.J. López Díaz & E. Aguayo Lorenzo (eds.): Actas IV Xornada Universitaria Galega en Xénero. Perspectiva de xénero na docencia universitaria (pp. 291-301). Santiago de Compostela: Universidade de Santiago de Compostela, Servizo de Publicacións e Intercambio Científico. ISBN: 978-84-16954-17-9. D.L.: C. 2361-2016
Relation
Has part
Has version
Is based on
Is part of
Is referenced by
Is version of
Requires
Sponsors
Rights
Atribución-NoComercial-CompartirIgual 3.0 España








