Mantemento e transmisión da lingua galega: unha achega ás familias da área de Compostela

Loading...
Thumbnail Image
Identifiers

Publication date

Advisors

Editors

Journal Title

Journal ISSN

Volume Title

Publisher

Metrics
Google Scholar
lacobus
Export

Geographic coverage

Research Projects

Organizational Units

Journal Issue

Abstract

O meu Traballo de Fin de Grao tentará abordar o estudo dos procesos de mantemento e transmisión da lingua galega nas familias da área da Compostela. Esta zona, destacada pola súa heteroxeneidade, non só a nivel lingüístico, senón tamén social e territorial, é de moito interese para o campo da sociolingüística, sendo ademais unha das áreas galegas máis extensas e poboadas. Para o seu estudo, empregaranse datos de pesquisas realizadas polo Instituto Galego de Estatística (IGE), de índole cuantitativa e relativos ao coñecemento e uso do galego. Asimesmo, farase uso da información recollida nos traballos da materia de Sociolingüística desde o ano 2005, co estudo de casos de familias de todo o territorio galego e relativos á transmisión e mantemento lingüístico ao longo de tres xeracións. O Traballo de Fin de Grao analizará os modelos de familias en función dos procesos de mantemento e cambio de lingua, tentando poñelos en relación con variables de tipo social, como son o hábitat e o estatus, e a evolución destas súas variables en distintos membros da unidade familiar ao longo das súas respectivas traxectorias biográficas.

Description

Traballo Fin de Grao en Lingua e Literatura Galegas. Curso 2021-2022

Bibliographic citation

Relation

Has part

Has version

Is based on

Is part of

Is referenced by

Is version of

Requires

Sponsors

Rights

Atribución-NoComercial-CompartirIgual 4.0 Internacional