RT Generic T1 Mantemento e transmisión da lingua galega: unha achega ás familias da área de Compostela T2 Mantenimiento y transmisión de la lengua gallega: aproximación a las familias del área de Compostela T2 Maintenance and transmission of the Galician language: an approach to the families in the area of Compostela A1 Iglesias Buján, Pedro K1 Lingua galega K1 Transmisión lingüística interxenacional K1 Santiago de Compostela K1 Sociolingüística galega K1 Enquisas lingüísticas AB O meu Traballo de Fin de Grao tentará abordar o estudo dos procesos de mantemento e transmisión da lingua galega nas familias da área da Compostela. Esta zona, destacada pola súa heteroxeneidade, non só a nivel lingüístico, senón tamén social e territorial, é de moito interese para o campo da sociolingüística, sendo ademais unha das áreas galegas máis extensas e poboadas. Para o seu estudo, empregaranse datos de pesquisas realizadas polo Instituto Galego de Estatística (IGE), de índole cuantitativa e relativos ao coñecemento e uso do galego. Asimesmo, farase uso da información recollida nos traballos da materia de Sociolingüística desde o ano 2005, co estudo de casos de familias de todo o territorio galego e relativos á transmisión e mantemento lingüístico ao longo de tres xeracións. O Traballo de Fin de Grao analizará os modelos de familias en función dos procesos de mantemento e cambio de lingua, tentando poñelos en relación con variables de tipo social, como son o hábitat e o estatus, e a evolución destas súas variables en distintos membros da unidade familiar ao longo das súas respectivas traxectorias biográficas. YR 2022 FD 2022 LK http://hdl.handle.net/10347/30273 UL http://hdl.handle.net/10347/30273 LA glg NO Traballo Fin de Grao en Lingua e Literatura Galegas. Curso 2021-2022 DS Minerva RD 4 may 2026