Ecuacións diferenciais: resolución e aplicacións a problemas en Bioloxía
Loading...
Identifiers
Publication date
Authors
Advisors
Tutors
Editors
Journal Title
Journal ISSN
Volume Title
Publisher
Universidade de Santiago de Compostela. Servizo de Publicacións e Intercambio Científico
Abstract
A unidade didáctica enmárcase dentro dos contidos relativos á materia de Formación Básica Matemáticas para Bioloxía, de 6 créditos ECTS impartida no primeiro semestre do primeiro curso do Grao en Bioloxía. Esta materia, como parte da Formación Básica da
Rama de Ciencias que a titulación oferta en primeiro curso, pretende, por unha banda, que o alumnado afiance ou desenvolva as
destrezas fundamentais en relación ao cálculo infinitesimal básico. Ademais, propicia unha toma de contacto co modelado
de certos problemas de interese no ámbito da Bioloxía por medio de ecuacións diferenciais ordinarias, proporcionando algunhas técnicas sinxelas de resolución dos modelos formulados para a obtención de conclusións sobre os fenómenos concretos de estudo.
Na unidade didáctica que se desenvolve, preséntanse os diferentes conceptos e técnicas relativos a unha introdución ao estudo das ecuacións diferenciais ordinarias de xeito detallado e apoiándose no estudo desenvolvido con carácter previo en relación aos conceptos básicos das funcións reais dunha e varias variables reais, e do cálculo diferencial e integral traballados nas
unidades precedentes, nas que se afondará dada a diversidade nos coñecementos previos do alumnado.
A formación proporcionada pola unidade en concreto (e pola materia en xeral) resulta fundamental na formación dos graduados en
Bioloxía independentemente da súa orientación profesional posterior, pola súa contribución ao desenvolvemento da capacidade de razoamento e da capacidade de interpretar datos e obter conclusións, e está relacionada coas seguintes competencias xerais (RD 1393/2007 de 29 de outubro):
- Reunir e interpretar datos, información e resultados relevantes,obter conclusións e emitir informes razoados en problemas relacionados coa Bioloxía.
- Aplicar tanto os coñecementos teórico-prácticos adquiridos como a capacidade de análise e de abstracción na definición e
formulación de problemas e na busca das súas solucións tanto en contextos académicos como profesionais.
Os contidos da materia corresponden co ámbito de competencias Coñecementos instrumentais, destrezas e habilidades, que inclúe outras competencias específicas encamiñadas a acadar as competencias xerais: Matemáticas e estatística aplicadas á
bioloxía, Principios físicos e químicos da bioloxía, Técnicas básicas en bioloxía, Informática aplicada á bioloxía,
Dirixir, redactar e executar informes e proxectos en bioloxía, Bases de lexislación, economía e xestión e Realizar servizos e
procesos. Dentro da competencia específica de Matemáticas e Estatística aplicadas á Bioloxía,atopamos as dúas materias Matemáticas para Bioloxía e Bioestatística(materia Básica de 6 créditos impartida no segundo semestre do primeiro curso).
Description
Titulación: Grao en Bioloxía -- Materia: Matemáticas para Bioloxía
Keywords
Ecuacións diferenciais ordinarias (EDO)| Ecuaciones diferenciales ordinarias (EDO)| Ecuacións en derivadas parciais (EDP)| Ecuaciones en derivadas parciales (EDP)| Teorema de Picard| Ecuacións lineares| Ecuaciones lineales| Modelo de Malthus| Ecuación loxística| Ecuación logística| Lei do arrefriamento de Newton| Ley del enfriamiento de Newton| Ecuación de von Bertalanffy| Matemáticas para Bioloxía| Grao en Bioloxía
Bibliographic citation
Relation
Has part
Has version
Is based on
Is part of
Is referenced by
Is version of
Requires
Sponsors
Universidade de Santiago de Compostela. Servizo de Normalización Lingüística
Rights
© Universidade de Santiago de Compostela, 2011. Esta obra atópase baixo unha licenza Creative Commons Atribución-Non comercial-Compartir igual 4.0 Internacional (CC BY-NC-SA 4.0)








