RT Book,_Whole T1 Ecuacións diferenciais: resolución e aplicacións a problemas en Bioloxía A1 Rodríguez López, Rosana K1 Ecuacións diferenciais ordinarias (EDO) K1 Ecuaciones diferenciales ordinarias (EDO) K1 Ecuacións en derivadas parciais (EDP) K1 Ecuaciones en derivadas parciales (EDP) K1 Teorema de Picard K1 Ecuacións lineares K1 Ecuaciones lineales K1 Modelo de Malthus K1 Ecuación loxística K1 Ecuación logística K1 Lei do arrefriamento de Newton K1 Ley del enfriamiento de Newton K1 Ecuación de von Bertalanffy K1 Matemáticas para Bioloxía K1 Grao en Bioloxía AB A unidade didáctica enmárcase dentro dos contidos relativos á materia de Formación Básica Matemáticas para Bioloxía, de 6 créditos ECTS impartida no primeiro semestre do primeiro curso do Grao en Bioloxía. Esta materia, como parte da Formación Básica da Rama de Ciencias que a titulación oferta en primeiro curso, pretende, por unha banda, que o alumnado afiance ou desenvolva as destrezas fundamentais en relación ao cálculo infinitesimal básico. Ademais, propicia unha toma de contacto co modeladode certos problemas de interese no ámbito da Bioloxía por medio de ecuacións diferenciais ordinarias, proporcionando algunhas técnicas sinxelas de resolución dos modelos formulados para a obtención de conclusións sobre os fenómenos concretos de estudo.Na unidade didáctica que se desenvolve, preséntanse os diferentes conceptos e técnicas relativos a unha introdución ao estudo das ecuacións diferenciais ordinarias de xeito detallado e apoiándose no estudo desenvolvido con carácter previo en relación aos conceptos básicos das funcións reais dunha e varias variables reais, e do cálculo diferencial e integral traballados nas unidades precedentes, nas que se afondará dada a diversidade nos coñecementos previos do alumnado.A formación proporcionada pola unidade en concreto (e pola materia en xeral) resulta fundamental na formación dos graduados en Bioloxía independentemente da súa orientación profesional posterior, pola súa contribución ao desenvolvemento da capacidade de razoamento e da capacidade de interpretar datos e obter conclusións, e está relacionada coas seguintes competencias xerais (RD 1393/2007 de 29 de outubro):- Reunir e interpretar datos, información e resultados relevantes,obter conclusións e emitir informes razoados en problemas relacionados coa Bioloxía.- Aplicar tanto os coñecementos teórico-prácticos adquiridos como a capacidade de análise e de abstracción na definición e formulación de problemas e na busca das súas solucións tanto en contextos académicos como profesionais.Os contidos da materia corresponden co ámbito de competencias Coñecementos instrumentais, destrezas e habilidades, que inclúe outras competencias específicas encamiñadas a acadar as competencias xerais: Matemáticas e estatística aplicadas á bioloxía, Principios físicos e químicos da bioloxía, Técnicas básicas en bioloxía, Informática aplicada á bioloxía,Dirixir, redactar e executar informes e proxectos en bioloxía, Bases de lexislación, economía e xestión e Realizar servizos e procesos. Dentro da competencia específica de Matemáticas e Estatística aplicadas á Bioloxía,atopamos as dúas materias Matemáticas para Bioloxía e Bioestatística(materia Básica de 6 créditos impartida no segundo semestre do primeiro curso). PB Universidade de Santiago de Compostela. Servizo de Publicacións e Intercambio Científico SN 978-84-9887-566-9 YR 2011 FD 2011 LK http://hdl.handle.net/10347/10003 UL http://hdl.handle.net/10347/10003 LA glg NO Titulación: Grao en Bioloxía -- Materia: Matemáticas para Bioloxía NO Universidade de Santiago de Compostela. Servizo de Normalización Lingüística DS Minerva RD 4 may 2026