Os dereitos reais de garantía
Loading...
Identifiers
Publication date
Authors
Advisors
Tutors
Editors
Journal Title
Journal ISSN
Volume Title
Publisher
Universidade de Santiago de Compostela. Servizo de Publicacións e Intercambio Científico
Abstract
Os dereitos reais de garantía son unha categoría especialmente importante
dos dereitos reais, posto que nos encontramos nunha sociedade onde o
principio de responsabilidade patrimonial universal resulta insuficiente. Esta
insuficiencia viría a provocar unha paralización do tráfico xurídico e con iso,
do tráfico económico.
Ante este feito, o dereito pon ao alcance do cidadán instrumentos
xurídicos específicos para evitar o incumprimento absoluto dos seus
dereitos de crédito. Deste xeito os dereitos reais de garantía supoñen un
reforzamento das garantías para o cobro e, como consecuencia, un
aumento da confianza dos suxeitos que lles leva a un incremento das
transaccións.
Os instrumentos de garantía que o dereito pon ao noso alcance son
moi diversos e algúns constitúen figuras tradicionais no noso dereito, se ben
algúns caeron no desuso, como é o caso da anticrese. En cambio, outras
garantías son de recente aparición no noso ordenamento e viñeron a
solucionar novas necesidades que a evolución da sociedade fixo nacer, é o
caso da hipoteca mobiliaria e do peñor sen desprazamento da posesión.
Pero sen dúbida ningunha, dentro dos dereitos reais de garantía o
máis importante é a hipoteca inmobiliaria. Esta figura converteuse nun dos
piares da economía española posto que é a garantía por antonomasia: a
seguridade que a hipoteca suscita, procedente basicamente do bo
funcionamento do Rexistro da Propiedade, fai que sexa o instrumento de
garantía ao que se recorre con maior frecuencia.
A figura da hipoteca inmobiliaria eríxese na garantía máis utilizada
como forma de financiamento da compra de vivenda. Está claro que os altos
prezos que as vivendas alcanzaron en España fai practicamente imposible a
súa compra ao contado, polo que resulta imprescindible, polo menos para a
maior parte da poboación recorrer ao préstamo, préstamo que as entidades
financeiras unicamente están dispostas a conceder se a operación se
garante a través da constitución de hipoteca.
Tendo en conta a importancia que o mercado inmobiliario ten no
noso pais (de feito, a crise actual procede do desastre deste mercado), fácil
é comprender a afirmación feita de que la hipoteca é un dos piares da
economía española.
Por todo iso, non é difícil que alguén de nós algunha vez entremos
en contacto con la figura da hipoteca, de aí o interese que o seu estudo ten,
non só para os estudantes da Licenciatura de Dereito, senón tamén para o
cidadán en xeral.
As outras garantías reais teñen un peso máis heteroxéneo no
conxunto da categoría, se ben algunhas delas alcanzaron moita importancia
nos mercados máis especializados tamén son alternativas ás que recorrer
cando non se conta cun ben inmoble que ofrecer como garantía.
En definitiva, nesta unidade didáctica preténdese o estudo de
figuras que, a pesar do seu carácter accesorio dos outros dereitos, non
obstante, se converten en pezas fundamentais para o correcto
funcionamento do tráfico xurídico que posibilita o intercambio de bens e
servizos
Description
Titulación: Licenciatura en Dereito -- Materia: Dereito Civil IV. Reais
Bibliographic citation
Relation
Has part
Has version
Is based on
Is part of
Is referenced by
Is version of
Requires
Sponsors
Universidade de Santiago de Compostela. Servizo de Normalización Lingüística
Rights
© Universidade de Santiago de Compostela, 2010. Esta obra atópase baixo unha licenza Creative Commons Atribución-Non comercial-Compartir igual 4.0 Internacional (CC BY-NC-SA 4.0)
Attribution-NonCommercial-NoDerivatives 4.0 Internacional
Attribution-NonCommercial-NoDerivatives 4.0 Internacional






