RT Book,_Whole T1 Os dereitos reais de garantía A1 Herrero Oviedo, Margarita K1 Hipotecas K1 España AB Os dereitos reais de garantía son unha categoría especialmente importantedos dereitos reais, posto que nos encontramos nunha sociedade onde oprincipio de responsabilidade patrimonial universal resulta insuficiente. Estainsuficiencia viría a provocar unha paralización do tráfico xurídico e con iso,do tráfico económico.Ante este feito, o dereito pon ao alcance do cidadán instrumentosxurídicos específicos para evitar o incumprimento absoluto dos seusdereitos de crédito. Deste xeito os dereitos reais de garantía supoñen unreforzamento das garantías para o cobro e, como consecuencia, unaumento da confianza dos suxeitos que lles leva a un incremento dastransaccións.Os instrumentos de garantía que o dereito pon ao noso alcance sonmoi diversos e algúns constitúen figuras tradicionais no noso dereito, se benalgúns caeron no desuso, como é o caso da anticrese. En cambio, outrasgarantías son de recente aparición no noso ordenamento e viñeron asolucionar novas necesidades que a evolución da sociedade fixo nacer, é ocaso da hipoteca mobiliaria e do peñor sen desprazamento da posesión.Pero sen dúbida ningunha, dentro dos dereitos reais de garantía omáis importante é a hipoteca inmobiliaria. Esta figura converteuse nun dospiares da economía española posto que é a garantía por antonomasia: aseguridade que a hipoteca suscita, procedente basicamente do bofuncionamento do Rexistro da Propiedade, fai que sexa o instrumento degarantía ao que se recorre con maior frecuencia.A figura da hipoteca inmobiliaria eríxese na garantía máis utilizadacomo forma de financiamento da compra de vivenda. Está claro que os altosprezos que as vivendas alcanzaron en España fai practicamente imposible asúa compra ao contado, polo que resulta imprescindible, polo menos para amaior parte da poboación recorrer ao préstamo, préstamo que as entidadesfinanceiras unicamente están dispostas a conceder se a operación segarante a través da constitución de hipoteca.Tendo en conta a importancia que o mercado inmobiliario ten nonoso pais (de feito, a crise actual procede do desastre deste mercado), fácilé comprender a afirmación feita de que la hipoteca é un dos piares daeconomía española.Por todo iso, non é difícil que alguén de nós algunha vez entremosen contacto con la figura da hipoteca, de aí o interese que o seu estudo ten,non só para os estudantes da Licenciatura de Dereito, senón tamén para ocidadán en xeral.As outras garantías reais teñen un peso máis heteroxéneo noconxunto da categoría, se ben algunhas delas alcanzaron moita importancianos mercados máis especializados tamén son alternativas ás que recorrercando non se conta cun ben inmoble que ofrecer como garantía.En definitiva, nesta unidade didáctica preténdese o estudo defiguras que, a pesar do seu carácter accesorio dos outros dereitos, nonobstante, se converten en pezas fundamentais para o correctofuncionamento do tráfico xurídico que posibilita o intercambio de bens eservizos PB Universidade de Santiago de Compostela. Servizo de Publicacións e Intercambio Científico SN 9788498875416 YR 2010 FD 2010 LK http://hdl.handle.net/10347/23267 UL http://hdl.handle.net/10347/23267 LA glg NO Titulación: Licenciatura en Dereito -- Materia: Dereito Civil IV. Reais NO Universidade de Santiago de Compostela. Servizo de Normalización Lingüística DS Minerva RD 23 abr 2026