RT Book,_Whole T1 Creación de procesos A1 Rodil Rodríguez, Eva AB Esta unidade didáctica (en adiante, UD) denominada «Creación deprocesos» forma parte da materia «Procesos de Química Industrial»,optativa da Orientación Enxeñaría de Procesos, que se imparte no primeirosemestre do 4º curso do Grao en Enxeñaría Química. Nesta materia trátasea descrición e análise dos procesos químicos industriais máis amplamenteestablecidos, tendo en conta non só as materias primas implicadas e osprodutos obtidos, senón tamén a descrición detallada do propio proceso e aanálise e control das súas variables fundamentais. Faise un estudodetallado de procesos de química industrial: descrición, diagrama de fluxo,unidades de operación e sistemas de control, e por último se aborda asimulación de procesos.Esta UD pertence o bloque I de Análise e deseño de procesosquímicos, na UD precedente o estudantado debe acadar coñecementossobre a avaliación do problema primitivo e a análise e selección dealternativas. Esta UD pretende dar unha idea global de cales son os pasosnecesarios para a creación dun proceso químico, as técnicas dispoñibles eos coñecementos necesarios para poder implantalas.Os contidos desta unidade didáctica serán desenvolvidos nunhas 7horas distribuídas da seguinte maneira: 4 horas de clases expositivas,contidos teóricos, 2 horas de traballo do alumnado nas clases interactivas e1 hora de titoría en grupo para dar as primeiras indicacións necesarias paradesenvolver o traballo en grupo.Esta UD ten un carácter xeral e pode ser utilizada non só no graopara o que está formulada senón para todos aqueles que desexen estudaros pasos necesarios para a creación dun proceso químico. PB Universidade de Santiago de Compostela. Servizo de Publicacións e Intercambio Científico SN 978-84-9887-965-0 YR 2013 FD 2013 LK http://hdl.handle.net/10347/34036 UL http://hdl.handle.net/10347/34036 LA glg NO Universidade de Santiago de Compostela. Servizo de Normalización Lingüística DS Minerva RD 17 abr 2026