Fundamentos de deseño organizativo
Loading...
Identifiers
Publication date
Authors
Advisors
Tutors
Editors
Journal Title
Journal ISSN
Volume Title
Publisher
Universidade de Santiago de Compostela. Servizo de Publicacións e Intercambio Científico
Abstract
A realidade actual en cambio constante do contorno empresarial provoca que, cada vez máis, os empresarios precisen dispoñer dunha serie de capacidades e habilidades que lles permitan traballar nese contorno de incerteza e cambio. Na xestión de empresas non existen receitas máxicas pero a implantación dun determinado sistema de cara a toma das decisións ou de cara a resolución de conflitos pode incrementar as posibilidades de éxito.
A materia Fundamentos de Dirección de Empresas, correspondente ó 1º curso de Administración e Dirección de Empresas, busca aproximar ó alumnado coa realidade empresarial e coas tarefas propias dos directivos e empresarios. Ao mesmo tempo, pretende dotalos das ferramentas necesarias nas que apoiarse para a toma de decisións.
Así, cada unha das unidades didácticas que compoñen a materia afondará nunha das funcións do proceso de administración: planificación, organización, dirección e control.
Neste caso, esta unidade didáctica está dedicada á segunda das funcións do proceso de administración: a organización. En primeiro lugar, explicaranse con detalle os conceptos que definen o deseño da estrutura
organizacional. Por tanto, falarase, entre outras cuestións, da división do traballo e da especialización, dos tipos de departamentalización que pode levar a cabo unha empresa, do tramo de control e da cadea de mando, do nivel de centralización/descentralización das empresas así como trazos para poder avalialo, da delegación e, finalmente, dos mecanismos de coordinación que aplican as empresas, así como da súa relevancia
a medida que as empresas aumentan de dimensión. En segundo lugar, presentaranse os tipos de estrutura que poden presentar as empresas, facendo fincapé nos dous extremos: a estrutura mecanicista e a estrutura orgánica.
Description
Titulación: Grao en Administración e Dirección de Empresas -- Materia: Fundamentos de Dirección de Empresas
Bibliographic citation
Relation
Has part
Has version
Is based on
Is part of
Is referenced by
Is version of
Requires
Sponsors
Universidade de Santiago de Compostela. Servizo de Normalización Lingüística
Rights
© Universidade de Santiago de Compostela, 2013. Esta obra atópase baixo unha licenza Creative Commons Atribución-Non comercial-Compartir igual 4.0 Internacional (CC BY-NC-SA 4.0)






