RT Book,_Whole T1 Fundamentos de deseño organizativo A1 García Chas, Romina K1 Estrutura organizacional K1 Estructura organizacional K1 Estratexia K1 Estrategia K1 Deseño organizativo K1 Diseño organizativo K1 Departamentalización K1 Tramo de control K1 Cadea de mando K1 Cadena de mando K1 Fundamentos de Dirección de Empresas K1 Administración e Dirección de Empresas AB A realidade actual en cambio constante do contorno empresarial provoca que, cada vez máis, os empresarios precisen dispoñer dunha serie de capacidades e habilidades que lles permitan traballar nese contorno de incerteza e cambio. Na xestión de empresas non existen receitas máxicas pero a implantación dun determinado sistema de cara a toma das decisións ou de cara a resolución de conflitos pode incrementar as posibilidades de éxito.A materia Fundamentos de Dirección de Empresas, correspondente ó 1º curso de Administración e Dirección de Empresas, busca aproximar ó alumnado coa realidade empresarial e coas tarefas propias dos directivos e empresarios. Ao mesmo tempo, pretende dotalos das ferramentas necesarias nas que apoiarse para a toma de decisións.Así, cada unha das unidades didácticas que compoñen a materia afondará nunha das funcións do proceso de administración: planificación, organización, dirección e control.Neste caso, esta unidade didáctica está dedicada á segunda das funcións do proceso de administración: a organización. En primeiro lugar, explicaranse con detalle os conceptos que definen o deseño da estrutura organizacional. Por tanto, falarase, entre outras cuestións, da división do traballo e da especialización, dos tipos de departamentalización que pode levar a cabo unha empresa, do tramo de control e da cadea de mando, do nivel de centralización/descentralización das empresas así como trazos para poder avalialo, da delegación e, finalmente, dos mecanismos de coordinación que aplican as empresas, así como da súa relevancia a medida que as empresas aumentan de dimensión. En segundo lugar, presentaranse os tipos de estrutura que poden presentar as empresas, facendo fincapé nos dous extremos: a estrutura mecanicista e a estrutura orgánica. PB Universidade de Santiago de Compostela. Servizo de Publicacións e Intercambio Científico SN 978-84-15876-54-0 YR 2013 FD 2013 LK http://hdl.handle.net/10347/10074 UL http://hdl.handle.net/10347/10074 LA glg NO Titulación: Grao en Administración e Dirección de Empresas -- Materia: Fundamentos de Dirección de Empresas NO Universidade de Santiago de Compostela. Servizo de Normalización Lingüística DS Minerva RD 23 abr 2026