Presenza e ausencia das mulleres na prensa. Análise do tratamento da prostitución en El País e en ABC(1977-2012)

Loading...
Thumbnail Image
Identifiers

Publication date

Tutors

Editors

Journal Title

Journal ISSN

Volume Title

Publisher

Metrics
Google Scholar
lacobus
Export

Geographic coverage

Research Projects

Organizational Units

Journal Issue

Abstract

A investigación académica en Comunicación e Xénero desvela as discriminacións que das mulleres se fan nas representacións mediáticas. No Estado español, estes estudos adoitan estar referidos ás representacións sobre as mulleres brancas occidentais, heterosexuais e de clase media. Desa carencia nace a presente investigación, que está centrada nas representacións sobre a prostitución en El País e ABC, dende 1977 até 2012. Neste traballo analízase a valoración que fan El País e ABC do fenómeno da prostitución nos seus contidos: o proceso de selección e xerarquización da información, a tematización e creación de marcos referenciais, as representacións que se fan dos distintos suxeitos sociais involucrados na realidade da prostitución e o seu nivel de acceso ao discurso informativo, a análise das marcas textuais que deixan as rutinas de produción xornalística na construción do relato, así como o modo en que a axenda político institucional e o tecido cívico son trasladados aos medios de comunicación. A tese formula, entre as súas principais hipóteses, a influencia do contido político no mediático e a divulgación dun discurso simplificado e estigmatizador que está, ademais, determinado polos parámetros ideolóxicos do medio. Metodoloxicamente, bota man da combinación das análises do contido e do discurso. Os resultados evidencian a correlación do discurso político e o mediático. O asentamento da problemática da prostitución nas políticas públicas na última etapa analizada reflíctese nun incremento da información, da relevancia que se lle outorga e da profundidade con que se aborda. Os marcos temáticos do discurso político inflúen, así mesmo, no mediático, como acontece no caso da loita contra a trata. Constátase a existencia dun discurso simplificador, moi influído polo estigma, que vén modulado así mesmo pola liña ideolóxica do medio.

Description

Bibliographic citation

Relation

Has part

Has version

Is based on

Is part of

Is referenced by

Is version of

Requires

Sponsors

Rights

Esta obra atópase baixo unha licenza internacional Creative Commons BY-NC-ND 4.0. Calquera forma de reprodución, distribución, comunicación pública ou transformación desta obra non incluída na licenza Creative Commons BY-NC-ND 4.0 só pode ser realizada coa autorización expresa dos titulares, salvo excepción prevista pola lei. Pode acceder Vde. ao texto completo da licenza nesta ligazón: https://creativecommons.org/licenses/by-nc-nd/4.0/deed.gl