RT Dissertation/Thesis T1 Presenza e ausencia das mulleres na prensa. Análise do tratamento da prostitución en El País e en ABC(1977-2012) A1 Puñal Rama, Ana Belén A2 Universidade de Santiago de Compostela. Facultade de Ciencias da Comunicación. Departamento de Ciencias da Comunicación, K1 Xénero K1 Prostitución K1 Medios de comunicación K1 Prensa K1 El País K1 ABC AB A investigación académica en Comunicación e Xénero desvela as discriminacións que das mulleres se fan nas representacións mediáticas. No Estado español, estes estudos adoitan estar referidos ás representacións sobre as mulleres brancas occidentais, heterosexuais e de clase media. Desa carencia nace a presente investigación, que está centrada nas representacións sobre a prostitución en El País e ABC, dende 1977 até 2012. Neste traballo analízase a valoración que fan El País e ABC do fenómeno da prostitución nos seus contidos: o proceso de selección e xerarquización da información, a tematización e creación de marcos referenciais, as representacións que se fan dos distintos suxeitos sociais involucrados na realidade da prostitución e o seu nivel de acceso ao discurso informativo, a análise das marcas textuais que deixan as rutinas de produción xornalística na construción do relato, así como o modo en que a axenda político institucional e o tecido cívico son trasladados aos medios de comunicación. A tese formula, entre as súas principais hipóteses, a influencia do contido político no mediático e a divulgación dun discurso simplificado e estigmatizador que está, ademais, determinado polos parámetros ideolóxicos do medio. Metodoloxicamente, bota man da combinación das análises do contido e do discurso. Os resultados evidencian a correlación do discurso político e o mediático. O asentamento da problemática da prostitución nas políticas públicas na última etapa analizada reflíctese nun incremento da información, da relevancia que se lle outorga e da profundidade con que se aborda. Os marcos temáticos do discurso político inflúen, así mesmo, no mediático, como acontece no caso da loita contra a trata. Constátase a existencia dun discurso simplificador, moi influído polo estigma, que vén modulado así mesmo pola liña ideolóxica do medio. YR 2015 FD 2015-06-01 LK http://hdl.handle.net/10347/13376 UL http://hdl.handle.net/10347/13376 LA glg DS Minerva RD 24 abr 2026