Métodos alternativos ao uso de insecticidas

Loading...
Thumbnail Image
Identifiers
ISBN: 978-84-9887-995-7

Publication date

Advisors

Tutors

Editors

Journal Title

Journal ISSN

Volume Title

Publisher

Universidade de Santiago de Compostela. Servizo de Publicacións e Intercambio Científico
Metrics
Google Scholar
lacobus
Export

Research Projects

Organizational Units

Journal Issue

Abstract

Esta unidade didáctica inclúese na materia de Química Orgánica Agrícola que se imparte no quinto curso da licenciatura en Química e supón unha carga lectiva de 60 horas. O alumnado adquirirá coñecementos fundamentais sobre compoñentes orgánicos do solo, praguicidas e produtos naturais de interese agrícola. De xeito moi xeral pódese definir a Química agrícola como a parte da ciencia que estuda os principios químicos da agricultura e as aplicacións agrícolas da química. Desde a perspectiva da química orgánica, as aplicacións máis importantes en agricultura danse no campo dos praguicidas, é dicir, daqueles compostos, maioritariamente de natureza orgánica, que se utilizan para combater os diferentes tipos de pragas dos cultivos agrícolas. Este feito xustifica que a parte máis importante do programa desta materia (Química Orgánica Agrícola) trate do estudo dos diferentes tipos de pesticidas/praguicidas. O estudo dos praguicidas pódese expor con dous enfoques moi distintos: o químico, facendo un estudo con base na súa estrutura e clasificándoos segundo os seus grupos funcionais; e o biolóxico, que leva unha clasificación en función da súa actividade biolóxica. Neste caso optouse por unha primeira clasificación das substancias en función da súa actividade biolóxica e dentro de cada categoría polos seus grupos funcionais. Por último, é importante indicar que se fará un especial fincapé naqueles praguicidas que proveñen de fontes naturais e tamén se amosarán cales son as alternativas máis importantes á loita química convencional na protección dos produtos agrícolas. Preséntanse conceptos fundamentais acerca dos praguicidas, tales como as súas clases, tipos de formulacións empregadas para o seu uso e criterios xerais de toxicidade. Para o seu estudo, os pesticidas clasifícanse, segundo o tipo de praga que combaten, en insecticidas, funxicidas, herbicidas, acaricidas, nematicidas,etc.

Description

Titulación: Licenciatura en Química -- Materia: Química orgánica agrícola

Bibliographic citation

Relation

Has part

Has version

Is based on

Is part of

Is referenced by

Is version of

Requires

Sponsors

Universidade de Santiago de Compostela. Servizo de Normalización Lingüística

Rights

© Universidade de Santiago de Compostela, 2013. Esta obra atópase baixo unha licenza Creative Commons Atribución-Non comercial-Compartir igual 4.0 Internacional (CC BY-NC-SA 4.0)