RT Book,_Whole T1 Métodos alternativos ao uso de insecticidas A1 Seco Castro, José Manuel K1 Compoñentes orgánicos do solo K1 Componentes orgánicos del suelo K1 Praguicidas K1 Plaguicidas K1 Insecticidas K1 Funxicidas K1 Fungicidas K1 Substancias fitorreguladoras K1 Sustancias fitorreguladoras K1 Herbicidas K1 Alomonas K1 Kairomonas K1 Quimioesterilizantes K1 Feromonas K1 Química orgánica agrícola K1 Licenciatura en Química AB Esta unidade didáctica inclúese na materia de Química Orgánica Agrícola que se imparte no quinto curso da licenciatura en Química e supón unha carga lectiva de 60 horas. O alumnado adquirirá coñecementos fundamentais sobre compoñentes orgánicos do solo, praguicidas e produtos naturais de interese agrícola.De xeito moi xeral pódese definir a Química agrícola como a parte da ciencia que estuda os principios químicos da agricultura e as aplicacións agrícolas da química. Desde a perspectiva da química orgánica, as aplicacións máis importantes en agricultura danse no campo dos praguicidas, é dicir, daqueles compostos, maioritariamente de natureza orgánica, que se utilizan para combater os diferentes tipos de pragas dos cultivos agrícolas. Este feito xustifica que a parte máis importante do programa desta materia (Química Orgánica Agrícola) trate do estudo dos diferentes tipos de pesticidas/praguicidas. O estudo dos praguicidas pódese expor con dous enfoques moi distintos: o químico, facendo un estudo con base na súa estrutura e clasificándoos segundo os seus grupos funcionais; e o biolóxico, que leva unha clasificación en función da súa actividade biolóxica. Neste caso optouse por unha primeira clasificación das substancias en función da súa actividade biolóxica e dentro de cada categoría polos seus grupos funcionais. Por último, é importante indicar que se fará un especial fincapé naqueles praguicidas que proveñen de fontes naturais e tamén se amosarán cales son as alternativas máis importantes á loita química convencional na protección dos produtos agrícolas.Preséntanse conceptos fundamentais acerca dos praguicidas, tales como as súas clases, tipos de formulacións empregadas para o seu uso e criterios xerais de toxicidade. Para o seu estudo, os pesticidas clasifícanse, segundo o tipo de praga que combaten, en insecticidas, funxicidas, herbicidas, acaricidas, nematicidas,etc. PB Universidade de Santiago de Compostela. Servizo de Publicacións e Intercambio Científico SN 978-84-9887-995-7 YR 2013 FD 2013 LK http://hdl.handle.net/10347/10024 UL http://hdl.handle.net/10347/10024 LA glg NO Titulación: Licenciatura en Química -- Materia: Química orgánica agrícola NO Universidade de Santiago de Compostela. Servizo de Normalización Lingüística DS Minerva RD 28 abr 2026