Introdución aos modelos de datos de panel
Loading...
Identifiers
Publication date
Authors
Advisors
Tutors
Editors
Journal Title
Journal ISSN
Volume Title
Publisher
Universidade de Santiago de Compostela. Servizo de Publicacións e Intercambio Científico
Abstract
A materia na que se enmarca esta unidade didáctica corresponde ao 3º curso do grao de Administración e Dirección de Empresas. A materia de Econometría II proporciona ao estudante técnicas econométricas de dificultade media que permiten a análise cuantitativa da realidade económica e empresarial. Tamén, esboza algúns temas de gran relevancia na modelización econométrica proporcionando as ideas básicas e os conceptos necesarios para poder abordalos nun futuro con profundidade. Así, a materia comeza cunha primeira unidade de incumprimento das hipóteses do MRLNC, sinalando as consecuencias do incumprimento sobre a estimación MCO e as posibles solucións. A unidade II engloba o modelo xeneralizado, a súa estimación, contrastación de hipótese e predición. Este modelo xorde cando se incumpren as hipóteses de incorrelación e/ou de homocedasticidade do MRLNC. Nas unidades III e IV preséntanse por separado a autocorrelación e a heterocedasticidade, destacando as causas, as consecuencias sobre a estimación MCO e os métodos para detectar estas situacións así como os métodos de estimación, os contrastes de hipóteses e a predición. A unidade V aborda modelos econométricos uniecuacionais que inclúen relacións non contemporáneas entre as variables que interveñen nos mesmos. A seguinte unidade incorpora a análise de series temporais univariantes, estudando as súas características evolutivas e a dependencia entre as súas observacións. Ademais, introduce o concepto de proceso estocástico, a definición de estacionariedade, e desenvolve a tipoloxía de modelos univariantes, e as distintas fases de elaboración dun modelo ARIMA. Por último, trátase de modo introdutorio o fenómeno da regresión espuria e a interpretación da cointegración entre dúas series temporais coa mesma orde de integración, así como algúns contrastes para detectala. A unidade VII introduce sucintamente algúns modelos de variable dependente cualitativa. Na unidade VIII desenvólvese o tratamento da combinación de series temporais e datos de corte transversais.
Description
Titulación: Grao en Administración e Dirección de Empresas -- Materia: Econometría II
Keywords
Estimador intragrupos (within)| Mínimos Cuadrático Xeneralizado Factible (MCXF)| Mínimos Cuadrados Generalizados Factibles (MCXF)| Test de Hausman| Heteroxeneidade| Heterogeneidad| Nesgo de heteroxeneidade| Sesgo de heterogeneidad| Central de Balances do Banco de España| Econometría II| Administración e Dirección de Empresas
Bibliographic citation
Relation
Has part
Has version
Is based on
Is part of
Is referenced by
Is version of
Requires
Sponsors
Universidade de Santiago de Compostela. Servizo de Normalización Lingüística
Rights
© Universidade de Santiago de Compostela, 2013. Esta obra atópase baixo unha licenza Creative Commons Atribución-Non comercial-Compartir igual 4.0 Internacional (CC BY-NC-SA 4.0)








