Aprendizaxe cooperativa na universidade: a experiencia dun modelo híbrido na aula de idiomas
Loading...
Identifiers
Publication date
Authors
Advisors
Tutors
Editors
Journal Title
Journal ISSN
Volume Title
Publisher
Universidade de Santiago de Compostela. Servizo de Publicacións e Intercambio Científico
Abstract
Neste traballo expóñense os resultados dunha experiencia de aprendizaxe cooperativa realizada durante
o curso 2008-2009 cun grupo de alumnos universitarios na materia “Lingua Inglesa”. En diferentes
apartados dáse conta do contexto de aprendizaxe, os obxectivos que xustifican a posta en práctica da experiencia,
as características da técnica elixida (neste caso, unha combinación da técnica do crebacabezas
de Aronson e a do xogo-concurso por equipos de DeVries), as diferentes fases do desenvolvemento
da actividade e o seu proceso de avaliación, tanto polo profesor como polos alumnos participantes. O
éxito da experiencia apunta á conveniencia de fomentar este tipo de actividades de aprendizaxe no eido
universitario, especialmente considerando que moitos dos obxectivos da aprendizaxe cooperativa, tales
como o fomento da responsabilidade individual, o desenvolvemento de habilidades interpersoais para o
seu emprego na futura profesión, ou a mellora xeral do rendemento, particularmente no eido das linguas
estranxeiras, son tamén obxectivos básicos do Espazo Europeo de Educación Superior.
Description
Keywords
Bibliographic citation
LÓPEZ, Paula: «Aprendizaxe cooperativa na universidade: a experiencia dun modelo híbrido na aula de idiomas». Innovación Educativa. ISSN 1130-8656, vol.20 (2010), pp. 49-59








