RT Book,_Whole T1 Linguaxe, mente e cerebro A1 Souto Gómez, Montserrat AB Linguaxe, mente e cerebro é a terceira e última unidade didáctica de Lingüística II. Esta é xunto con Lingüística unha materia básica da rama de Artes e Humanidades; ten seis créditos ECTS e pertence á área de coñecemento Lingüística Xeral.A presente unidade enfócase cara á docencia de Lingüística II no Grao de Lingua e Literatura Españolas da Facultade de Humanidades*. Por tanto, os seus destinatarios son os estudantes de segundo curso de Español que estudan no campus de Lugo. Todos eles, aínda que non estánobrigados a ter superada a materia Lingüística I (de primeiro curso), tiveron xa no curso anterior unha primeira aproximación aos contidos de Lingüística Xeral, e ás dúas grandes naturezas da linguaxe: a biolóxica obxecto desta unidade e a social.Neste último tema de Lingüística II afondaremos nas principais cuestións relacionadas coa natureza biolóxica da linguaxe: a súa adquisición como lingua materna, o proceso psicolingüístico de aprendizaxe de primeiras e segundas linguas, as características dos individuos plurilingües, os fundamentos biolóxicos da linguaxe, os trastornos da comunicación e, finalmente, as aplicacións da lingüística neste ámbito neuropsicolingüístico.A necesidade de conxugar teoría e aplicación será unha das constantes desta unidade didáctica, posto que a natureza biolóxica da linguaxe está relacionada con dous grandes problemas reais (como aprender mellor unha lingua? e como resolver un trastorno comunicativo?) que necesitan da Lingüística xunto con outras áreas de coñecemento para a súa resolución. PB Universidade de Santiago de Compostela. Servizo de Publicacións e Intercambio Científico SN 978-84-9887-734-2 YR 2011 FD 2011 LK http://hdl.handle.net/10347/33993 UL http://hdl.handle.net/10347/33993 LA glg NO Universidade de Santiago de Compostela. Servizo de Normalización Lingüística DS Minerva RD 21 abr 2026