Universidades restaurativas: guía básica para o seu desenvolvemento en España
| dc.contributor.author | Giménez-Salinas i Colomer, Esther | |
| dc.contributor.author | Olalde Altarejos, Alberto José | |
| dc.contributor.author | Albertí i Cortés, Mònica | |
| dc.contributor.author | Ruiz Sánchez, Ana Luisa | |
| dc.date.accessioned | 2025-12-16T08:07:06Z | |
| dc.date.available | 2025-12-16T08:07:06Z | |
| dc.date.issued | 2025 | |
| dc.description | sta obra foi traducida ao galego polos profesores da Universidade de Santiago de Compostela Xesús Ferreiro Núñez e Francisco Xosé Candia Durán e revisada polo Servizo de Normalización Lingüística da mesma Universidade. A súa produción foi promovida e financiada polo Grupo de Investigación en Pedagoxía Social e Educación Ambiental da USC (SEPA-interea). | |
| dc.description.abstract | Esta guía presenta unha proposta de cambio organizacional cara a unha cultura restaurativa nas universidades contextualizada na realidade académica e social de España. Parte da convicción de que unha xestión axeitada dos conflitos capacita para o crecemento e fortalecemento social. Esta cultura restaurativa incide na asunción de responsabilidade ante o dano que producimos, facéndonos evolucionar do coñecido principio de «quen a fai, págaa» cara a un moito máis construtivo: «quen a fai, repáraa»; e amplía a mirada ao considerar o conflito nas súas diferentes fases: a fase da provención —aquilo que podemos facer para prepararnos a fin de poder afrontar un conflito antes de que escale e desencadee unha crise que nos desborde—, a fase reactiva —ofrecer respostas restaurativas durante e despois do conflito—; e as necesarias actuacións reintegrativas posteriores. Esta guía dáse a coñecer co obxectivo de que poida servir de axuda na toma de decisións informada que as universidades deben afrontar para cumprir a Lei 3/2022, do 24 de febreiro, de convivencia universitaria de España. Con ela derrógase un réxime disciplinario de 1954 xerado durante a ditadura. Ao propor como novidade o uso da mediación e outras medidas alternativas á sanción, esta lei abre a porta no ámbito español á posta en marcha do enfoque restaurativo como forma complementaria de tratar as vítimas e as persoas infractoras, sobre todo naqueles conflitos cunha asimetría moral non sempre recoñecida institucionalmente. O seu contido estrutúrase en dez capítulos: unha introdución que contextualiza o reto actual ao que se enfrontan as universidades españolas; unha exposición dos antecedentes restaurativos no modelo educativo nacional e internacional; unha breve descrición dos fundamentos de xustiza restaurativa que subxacen ao modelo proposto; o encaixe xurídico do enfoque restaurativo no marco da Lei de convivencia 3/2022 de España; unha proposta concreta para a implementación do enfoque restaurativo de maneira transversal nunha universidade que aspire a integrar no seu ADN institucional unha nova cultura restaurativa, coa descrición dos diferentes niveis de actuación e dous instrumentos específicos: Plan Director de Cultura Restaurativa (CURE) e o Programa de Abordaxe Restaurativa de Conflitos (ARCO); un repertorio de prácticas e procesos restaurativos clasificados por niveis de abordaxe; unha listaxe de cen indicadores para o Plan Director de Cultura Restaurativa; unha extensa bibliografía; unha interesante lista de recursos para profundar no exposto; e unha invitación á comunidade universitaria para continuar a conversación. | |
| dc.identifier.citation | Giménez-Salinas, E., Olalde, A. J., Albertí, M., Ruiz-Sánchez, A. (2025). Universidades restaurativas: guía básica para o seu desenvolvemento en España. Plataforma Pacto de convivencia. | |
| dc.identifier.isbn | 9788409779970 | |
| dc.identifier.uri | https://hdl.handle.net/10347/44507 | |
| dc.language.iso | glg | |
| dc.publisher | Plataforma Pacto de Convivencia | |
| dc.rights | © Pacto de Convivencia e autores. Madrid, 2024 © da edición en lingua galega, Universidade de Santiago de Compostela, 2025 | |
| dc.rights | Attribution-NonCommercial-ShareAlike 4.0 International | en |
| dc.rights.accessRights | open access | |
| dc.rights.uri | http://creativecommons.org/licenses/by-nc-sa/4.0/ | |
| dc.subject | Cultura restaurativa | |
| dc.subject | Universidades | |
| dc.subject | Xestión universitaria | |
| dc.title | Universidades restaurativas: guía básica para o seu desenvolvemento en España | |
| dc.type | book | |
| dspace.entity.type | Publication |
Files
Original bundle
1 - 1 of 1
Loading...
- Name:
- 2025_universidades-restaurativas_glg.pdf
- Size:
- 1.15 MB
- Format:
- Adobe Portable Document Format