Universidades restaurativas: guía básica para o seu desenvolvemento en España

Loading...
Thumbnail Image
Identifiers
ISBN: 9788409779970

Publication date

Advisors

Tutors

Editors

Journal Title

Journal ISSN

Volume Title

Publisher

Plataforma Pacto de Convivencia
Metrics
Google Scholar
lacobus
Export

Research Projects

Organizational Units

Journal Issue

Abstract

Esta guía presenta unha proposta de cambio organizacional cara a unha cultura restaurativa nas universidades contextualizada na realidade académica e social de España. Parte da convicción de que unha xestión axeitada dos conflitos capacita para o crecemento e fortalecemento social. Esta cultura restaurativa incide na asunción de responsabilidade ante o dano que producimos, facéndonos evolucionar do coñecido principio de «quen a fai, págaa» cara a un moito máis construtivo: «quen a fai, repáraa»; e amplía a mirada ao considerar o conflito nas súas diferentes fases: a fase da provención —aquilo que podemos facer para prepararnos a fin de poder afrontar un conflito antes de que escale e desencadee unha crise que nos desborde—, a fase reactiva —ofrecer respostas restaurativas durante e despois do conflito—; e as necesarias actuacións reintegrativas posteriores. Esta guía dáse a coñecer co obxectivo de que poida servir de axuda na toma de decisións informada que as universidades deben afrontar para cumprir a Lei 3/2022, do 24 de febreiro, de convivencia universitaria de España. Con ela derrógase un réxime disciplinario de 1954 xerado durante a ditadura. Ao propor como novidade o uso da mediación e outras medidas alternativas á sanción, esta lei abre a porta no ámbito español á posta en marcha do enfoque restaurativo como forma complementaria de tratar as vítimas e as persoas infractoras, sobre todo naqueles conflitos cunha asimetría moral non sempre recoñecida institucionalmente. O seu contido estrutúrase en dez capítulos: unha introdución que contextualiza o reto actual ao que se enfrontan as universidades españolas; unha exposición dos antecedentes restaurativos no modelo educativo nacional e internacional; unha breve descrición dos fundamentos de xustiza restaurativa que subxacen ao modelo proposto; o encaixe xurídico do enfoque restaurativo no marco da Lei de convivencia 3/2022 de España; unha proposta concreta para a implementación do enfoque restaurativo de maneira transversal nunha universidade que aspire a integrar no seu ADN institucional unha nova cultura restaurativa, coa descrición dos diferentes niveis de actuación e dous instrumentos específicos: Plan Director de Cultura Restaurativa (CURE) e o Programa de Abordaxe Restaurativa de Conflitos (ARCO); un repertorio de prácticas e procesos restaurativos clasificados por niveis de abordaxe; unha listaxe de cen indicadores para o Plan Director de Cultura Restaurativa; unha extensa bibliografía; unha interesante lista de recursos para profundar no exposto; e unha invitación á comunidade universitaria para continuar a conversación.

Description

sta obra foi traducida ao galego polos profesores da Universidade de Santiago de Compostela Xesús Ferreiro Núñez e Francisco Xosé Candia Durán e revisada polo Servizo de Normalización Lingüística da mesma Universidade. A súa produción foi promovida e financiada polo Grupo de Investigación en Pedagoxía Social e Educación Ambiental da USC (SEPA-interea).

Bibliographic citation

Giménez-Salinas, E., Olalde, A. J., Albertí, M., Ruiz-Sánchez, A. (2025). Universidades restaurativas: guía básica para o seu desenvolvemento en España. Plataforma Pacto de convivencia.

Relation

Has part

Has version

Is based on

Is part of

Is referenced by

Is version of

Requires

Sponsors

Rights

© Pacto de Convivencia e autores. Madrid, 2024 © da edición en lingua galega, Universidade de Santiago de Compostela, 2025
Attribution-NonCommercial-ShareAlike 4.0 International