Crecemento económico e liberdade económica

Loading...
Thumbnail Image
Identifiers

Publication date

Advisors

Editors

Journal Title

Journal ISSN

Volume Title

Publisher

Metrics
Google Scholar
lacobus
Export

Research Projects

Organizational Units

Journal Issue

Abstract

Á hora de explicar o crecemento económico asume unha grande importancia o papel das institucións. Institucións como poden ser a propiedade privada ou o imperio da lei afectan aos incentivos que confrontan os axentes económicos, determinan o seu comportamento e, consecuentemente, os resultados económicos tais como a eficiencia, a acumulación e a innovación. Polo tanto, as institucións teñen un efecto significativo sobre o crecemento económico (North, 1990). O obxectivo do presente traballo é analizar a relevancia da liberdade económica - como medida de calidade institucional dun país - para explicar o crecemento económico. Para iso, estímase unha regresión de converxencia para o periodo 1990-2014 e unha mostra de 108 países, na que se incorpora como variábel explicativa un índice de liberdade económica elaborado polo Fraser Institute do Canadá (Economic Freedom of the World index). O índice de liberdade económica asigna unha puntuación global (entre 0 e 10) sobre o nivel de liberdade económica de cada país, a partires dunha análise dun total de 42 variábeis diferentes. A puntuación varía segundo sexa, o país, máis favorábel a políticas respectuosas coa liberdade económica (puntuación alta) ou, pola contra, máis partidario do proteccionismo (baixa). Este índice, á súa vez, divídese en 5 compoñentes que son: tamaño do goberno; estrutura legal e seguridade dos dereitos de propiedade; dispoñibilidade e estabilidade monetaria; liberdade comercial; e regulación de crédito, traballo e negocios. Analizando os resultados da regresión de converxencia, a liberdade económica é significativa para explicar a taxa de crecemento do PIB por traballador. Non resultan significativos os subíndices dos que se compón o índice de liberdade económica, analizados individualmente. Xa que logo, saliéntase que o importante é o nivel de liberdade económica no seu conxunto e non algunha das compoñentes concretas que conforman o índice. Tamén, analízase a importancia dalgunhas variábeis políticas sobre o crecemento económico – como a calidade dos servizos públicos e efectividade das políticas públicas, control da corrupción... – pero, como se observa no traballo, está menos claro que engadindo estas variábeis mellore a capacidade explicativa do modelo. Ademáis de estudar diversa literatura ao respecto, cuxas fontes bibliográficas poden ser consultadas no epílogo do traballo, a ferramenta utilizada para levar a cabo a análise empírica dos datos foi o programa econométrico E-Views. Tamén se teñen utilizado para a realización do traballo outro tipo de software coma Excel ou Word

Description

Traballo Fin de Grao en Economía

Bibliographic citation

Relation

Has part

Has version

Is based on

Is part of

Is referenced by

Is version of

Requires

Sponsors

Rights

Atribución-NoComercial-CompartirIgual 4.0 Internacional