Crecemento económico e liberdade económica

dc.contributor.affiliationUniversidade de Santiago de Compostela. Facultade de Ciencias Económicas e Empresariaisgl
dc.contributor.authorFranco Rodríguez, Mateo Santiago
dc.contributor.tutorRío Iglesias, Fernando del
dc.date.accessioned2019-07-05T11:01:38Z
dc.date.available2019-07-05T11:01:38Z
dc.date.issued2018
dc.descriptionTraballo Fin de Grao en Economíagl
dc.description.abstractÁ hora de explicar o crecemento económico asume unha grande importancia o papel das institucións. Institucións como poden ser a propiedade privada ou o imperio da lei afectan aos incentivos que confrontan os axentes económicos, determinan o seu comportamento e, consecuentemente, os resultados económicos tais como a eficiencia, a acumulación e a innovación. Polo tanto, as institucións teñen un efecto significativo sobre o crecemento económico (North, 1990). O obxectivo do presente traballo é analizar a relevancia da liberdade económica - como medida de calidade institucional dun país - para explicar o crecemento económico. Para iso, estímase unha regresión de converxencia para o periodo 1990-2014 e unha mostra de 108 países, na que se incorpora como variábel explicativa un índice de liberdade económica elaborado polo Fraser Institute do Canadá (Economic Freedom of the World index). O índice de liberdade económica asigna unha puntuación global (entre 0 e 10) sobre o nivel de liberdade económica de cada país, a partires dunha análise dun total de 42 variábeis diferentes. A puntuación varía segundo sexa, o país, máis favorábel a políticas respectuosas coa liberdade económica (puntuación alta) ou, pola contra, máis partidario do proteccionismo (baixa). Este índice, á súa vez, divídese en 5 compoñentes que son: tamaño do goberno; estrutura legal e seguridade dos dereitos de propiedade; dispoñibilidade e estabilidade monetaria; liberdade comercial; e regulación de crédito, traballo e negocios. Analizando os resultados da regresión de converxencia, a liberdade económica é significativa para explicar a taxa de crecemento do PIB por traballador. Non resultan significativos os subíndices dos que se compón o índice de liberdade económica, analizados individualmente. Xa que logo, saliéntase que o importante é o nivel de liberdade económica no seu conxunto e non algunha das compoñentes concretas que conforman o índice. Tamén, analízase a importancia dalgunhas variábeis políticas sobre o crecemento económico – como a calidade dos servizos públicos e efectividade das políticas públicas, control da corrupción... – pero, como se observa no traballo, está menos claro que engadindo estas variábeis mellore a capacidade explicativa do modelo. Ademáis de estudar diversa literatura ao respecto, cuxas fontes bibliográficas poden ser consultadas no epílogo do traballo, a ferramenta utilizada para levar a cabo a análise empírica dos datos foi o programa econométrico E-Views. Tamén se teñen utilizado para a realización do traballo outro tipo de software coma Excel ou Wordgl
dc.identifier.urihttp://hdl.handle.net/10347/19038
dc.language.isoglggl
dc.rightsAtribución-NoComercial-CompartirIgual 4.0 Internacional
dc.rights.accessRightsopen accessgl
dc.rights.urihttp://creativecommons.org/licenses/by-nc-sa/4.0/
dc.subjectCrecemento económicogl
dc.subjectDistribución da riquezagl
dc.subjectLiberdade econômicagl
dc.subjectPolítica económicagl
dc.subjectCrecimiento económicogl
dc.subjectLibertad económicagl
dc.subjectDistribución da la riquezagl
dc.subjectEconomic Freedomgl
dc.titleCrecemento económico e liberdade económicagl
dc.typebachelor thesisgl
dspace.entity.typePublication
relation.isAdvisorOfPublication66a8310c-7c7c-459e-97e2-d2cefb1a41fa
relation.isTutorOfPublication66a8310c-7c7c-459e-97e2-d2cefb1a41fa
relation.isTutorOfPublication.latestForDiscovery66a8310c-7c7c-459e-97e2-d2cefb1a41fa

Files

Original bundle

Now showing 1 - 1 of 1
Loading...
Thumbnail Image
Name:
TFG_Mateo Santiago Franco Rodríguez.pdf
Size:
1.03 MB
Format:
Adobe Portable Document Format
Description: