RT Generic T1 Crecemento económico e liberdade económica A1 Franco Rodríguez, Mateo Santiago K1 Crecemento económico K1 Distribución da riqueza K1 Liberdade econômica K1 Política económica K1 Crecimiento económico K1 Libertad económica K1 Distribución da la riqueza K1 Economic Freedom AB Á hora de explicar o crecemento económico asume unha grande importancia o papel das institucións. Institucións como poden ser a propiedade privada ou o imperio da lei afectan aos incentivos que confrontan os axentes económicos, determinan o seu comportamento e, consecuentemente, os resultados económicos tais como a eficiencia, a acumulación e a innovación. Polo tanto, as institucións teñen un efecto significativo sobre o crecemento económico (North, 1990). O obxectivo do presente traballo é analizar a relevancia da liberdade económica - como medida de calidade institucional dun país - para explicar o crecemento económico. Para iso, estímase unha regresión de converxencia para o periodo 1990-2014 e unha mostra de 108 países, na que se incorpora como variábel explicativa un índice de liberdade económica elaborado polo Fraser Institute do Canadá (Economic Freedom of the World index). O índice de liberdade económica asigna unha puntuación global (entre 0 e 10) sobre o nivel de liberdade económica de cada país, a partires dunha análise dun total de 42 variábeis diferentes. A puntuación varía segundo sexa, o país, máis favorábel a políticas respectuosas coa liberdade económica (puntuación alta) ou, pola contra, máis partidario do proteccionismo (baixa). Este índice, á súa vez, divídese en 5 compoñentes que son: tamaño do goberno; estrutura legal e seguridade dos dereitos de propiedade; dispoñibilidade e estabilidade monetaria; liberdade comercial; e regulación de crédito, traballo e negocios. Analizando os resultados da regresión de converxencia, a liberdade económica é significativa para explicar a taxa de crecemento do PIB por traballador. Non resultan significativos os subíndices dos que se compón o índice de liberdade económica, analizados individualmente. Xa que logo, saliéntase que o importante é o nivel de liberdade económica no seu conxunto e non algunha das compoñentes concretas que conforman o índice. Tamén, analízase a importancia dalgunhas variábeis políticas sobre o crecemento económico – como a calidade dos servizos públicos e efectividade das políticas públicas, control da corrupción... – pero, como se observa no traballo, está menos claro que engadindo estas variábeis mellore a capacidade explicativa do modelo. Ademáis de estudar diversa literatura ao respecto, cuxas fontes bibliográficas poden ser consultadas no epílogo do traballo, a ferramenta utilizada para levar a cabo a análise empírica dos datos foi o programa econométrico E-Views. Tamén se teñen utilizado para a realización do traballo outro tipo de software coma Excel ou Word YR 2018 FD 2018 LK http://hdl.handle.net/10347/19038 UL http://hdl.handle.net/10347/19038 LA glg NO Traballo Fin de Grao en Economía DS Minerva RD 24 abr 2026