Dálle unha volta: unha proposta didáctica arredor da metáfora conceptual

dc.contributor.affiliationUniversidade de Santiago de Compostela. Facultade de Filoloxíagl
dc.contributor.authorRodríguez Espiñeira, Sara
dc.contributor.tutorÁlvarez de la Granja, María
dc.date.accessioned2022-02-02T10:06:24Z
dc.date.available2022-02-02T10:06:24Z
dc.date.issued2021-09
dc.descriptionTraballo Fin de Grao e Lingua e Literatura Galegas. Curso 2020-2021gl
dc.description.abstractA publicación de Metaphors We Live By (1980) de Lakoff e Johnson marcou un antes e un despois na Lingüística cognitiva, pois revelou que a metáfora conceptual non só se trata de un fenómeno ubicuo, senón que actúa a diario como reitor da nosa fala, do noso pensamento e das nosas accións. En canto parte da estruturación conceptual da nosa mente, a metáfora permítenos acceder aos dominios máis complexos e abstractos da realidade, ademais de fornecer un marco cultural no que recoñecermos como grupo. Neste sentido, descóbrese como un campo de estudo fresco e vizoso, cuxa aplicación é especialmente relevante na área de didáctica de linguas, dado que cada comunidade lingüística e cultural elabora conceptualmente un universo de seu. Con este traballo pretendemos, en primeiro lugar, reflexionar sobre a pertinencia da abordaxe didáctica da metáfora conceptual na área de Lingua Galega e Literatura do ensino secundario. Consideramos que se trata dun fenómeno central na estruturación da linguaxe e do pensamento do alumnado, de modo que o seu tratamento nas aulas pode actuar de catalizador do desenvolvemento racional e metalingüístico deste e, aínda máis, da súa creatividade. Por outra banda, todo apunta a que a metáfora pode garantir un achegamento máis rendible e efectivo ao léxico e, concretamente, á fraseoloxía. A continuación, e confiando na versatilidade e no atractivo da metáfora conceptual, presentaremos unha proposta didáctica arredor dela e das súas posibilidades subversivas, entendendo que ensinar ao alumnado a desautomatizar a lingua e o pensamento implica espertalos do etnocentrismo, crebar prexuízos e abrirlles a porta a outras concepcións do mundogl
dc.identifier.urihttp://hdl.handle.net/10347/27450
dc.language.isoglggl
dc.rights.accessRightsopen accessgl
dc.subjectMetáfora conceptualgl
dc.subjectCognición e linguaxegl
dc.subjectEnsino do galegogl
dc.subjectEnsino de linguasgl
dc.subjectEnsino secundariogl
dc.subject.classificationMaterias::Investigación::57 Lingüística::5705 Lingüística sincrónica::570507 Psicolingüísticagl
dc.subject.classificationMaterias::Investigación::57 Lingüística::5701 Lingüística aplicada::570111 Enseñanza de lenguasgl
dc.titleDálle unha volta: unha proposta didáctica arredor da metáfora conceptualgl
dc.typebachelor thesisgl
dspace.entity.typePublication
relation.isAdvisorOfPublication4a47a1ad-ba0a-4b38-b88d-4968f82efcf6
relation.isTutorOfPublication4a47a1ad-ba0a-4b38-b88d-4968f82efcf6
relation.isTutorOfPublication.latestForDiscovery4a47a1ad-ba0a-4b38-b88d-4968f82efcf6

Files

Original bundle

Now showing 1 - 1 of 1
Loading...
Thumbnail Image
Name:
GLLG_-_Rodríguez_Espiñeira,_Sara[1].pdf
Size:
3.05 MB
Format:
Adobe Portable Document Format
Description: