Dálle unha volta: unha proposta didáctica arredor da metáfora conceptual

Loading...
Thumbnail Image
Identifiers

Publication date

Advisors

Editors

Journal Title

Journal ISSN

Volume Title

Publisher

Metrics
Google Scholar
lacobus
Export

Research Projects

Organizational Units

Journal Issue

Abstract

A publicación de Metaphors We Live By (1980) de Lakoff e Johnson marcou un antes e un despois na Lingüística cognitiva, pois revelou que a metáfora conceptual non só se trata de un fenómeno ubicuo, senón que actúa a diario como reitor da nosa fala, do noso pensamento e das nosas accións. En canto parte da estruturación conceptual da nosa mente, a metáfora permítenos acceder aos dominios máis complexos e abstractos da realidade, ademais de fornecer un marco cultural no que recoñecermos como grupo. Neste sentido, descóbrese como un campo de estudo fresco e vizoso, cuxa aplicación é especialmente relevante na área de didáctica de linguas, dado que cada comunidade lingüística e cultural elabora conceptualmente un universo de seu. Con este traballo pretendemos, en primeiro lugar, reflexionar sobre a pertinencia da abordaxe didáctica da metáfora conceptual na área de Lingua Galega e Literatura do ensino secundario. Consideramos que se trata dun fenómeno central na estruturación da linguaxe e do pensamento do alumnado, de modo que o seu tratamento nas aulas pode actuar de catalizador do desenvolvemento racional e metalingüístico deste e, aínda máis, da súa creatividade. Por outra banda, todo apunta a que a metáfora pode garantir un achegamento máis rendible e efectivo ao léxico e, concretamente, á fraseoloxía. A continuación, e confiando na versatilidade e no atractivo da metáfora conceptual, presentaremos unha proposta didáctica arredor dela e das súas posibilidades subversivas, entendendo que ensinar ao alumnado a desautomatizar a lingua e o pensamento implica espertalos do etnocentrismo, crebar prexuízos e abrirlles a porta a outras concepcións do mundo

Description

Traballo Fin de Grao e Lingua e Literatura Galegas. Curso 2020-2021

Bibliographic citation

Relation

Has part

Has version

Is based on

Is part of

Is referenced by

Is version of

Requires

Sponsors

Rights