Teratoxénese
Loading...
Identifiers
Publication date
Authors
Advisors
Tutors
Editors
Journal Title
Journal ISSN
Volume Title
Publisher
Universidade de Santiago de Compostela. Servizo de Publicacións e Intercambio Científico
Abstract
A presente unidade didáctica forma parte da lección 3, que trata de mecanismos de toxicidade. Xunto á mutaxénese e a carcinoxénese constitúe un mecanismo especial de toxicidade. Tamén xunto aos anteriores caracterízase polo longo período de latencia que pasa, moitas veces, entre a exposición a un tóxico e a manifestación dos efectos. Comparte, ademais con eles a característica de que, ás veces, un mecanismo xenotóxico está na base fisiopatolóxica do proceso.
A teratoxénese é un problema que preocupou o home desde tempos remotos, pero ata mediados do século pasado pensábase que non tiña relación con exposicións ambientais, xa que se consideraba que a placenta actuaba como unha barreira de protección do feto. Foi a raíz do caso da talidomida, un fármaco empregado para tratar as náuseas do primeiro trimestre do embarazo, alá polos anos 60, cando xurdiu a alarma sobre os posibles riscos da exposición intraútero ás substancias químicas. A partir dese punto estableceuse a necesidade de avaliar o risco dos novos fármacos para o seu uso durante o embarazo, para evitar que o caso da talidomida se repetise. Tamén a partir de entón se estableceron uns principios básicos de teratoxénese, que serven para comprender cando unha determinada exposición pode supor un risco para o embarazo ou non.
Debido á frecuencia con que as mulleres embarazadas están expostas a tratamentos farmacolóxicos, é preciso que os farmacéuticos teñan unhas nocións básicas e claras sobre estes principios básicos e sobre os mecanismos de teratoxénese. Deste xeito poderán facer unha interpretación crítica do risco que pode supor o uso dun determinado fármaco nunha determinada etapa da xestación. Tamén é importante que coñezan
algún sistema de clasificación de fármacos en base ao seu potencial teratoxénico, e que se acostumen ao seu manexo e interpretación.
Description
Titulación: Licenciatura en Farmacia -- Materia: Toxicoloxía
Keywords
Ciclo reprodutor| Ciclo reproductor| Risco Teratoxénico| Riesgo Teratogénico| Talidomida| Isotretinoina| Isotretinoína| Dose limiar| Dosis umbral| Período embrionario| Periodo embrionario| Período fetal| Periodo fetal| Xenotipo fetal| Genotipo fetal| Organoxénese| Organogénesis| Placenta| Licenciatura en Farmacia| Toxicoloxía
Bibliographic citation
Relation
Has part
Has version
Is based on
Is part of
Is referenced by
Is version of
Requires
Sponsors
Universidade de Santiago de Compostela. Servizo de Normalización Lingüística
Rights
© Universidade de Santiago de Compostela, 2008. Esta obra atópase baixo unha licenza Creative Commons Atribución-Non comercial-Compartir igual 4.0 Internacional (CC BY-NC-SA 4.0)







