RT Book,_Whole T1 Teratoxénese A1 Cruz Landeira, Angelines K1 Ciclo reprodutor K1 Ciclo reproductor K1 Risco Teratoxénico K1 Riesgo Teratogénico K1 Talidomida K1 Isotretinoina K1 Isotretinoína K1 Dose limiar K1 Dosis umbral K1 Período embrionario K1 Periodo embrionario K1 Período fetal K1 Periodo fetal K1 Xenotipo fetal K1 Genotipo fetal K1 Organoxénese K1 Organogénesis K1 Placenta K1 Licenciatura en Farmacia K1 Toxicoloxía AB A presente unidade didáctica forma parte da lección 3, que trata de mecanismos de toxicidade. Xunto á mutaxénese e a carcinoxénese constitúe un mecanismo especial de toxicidade. Tamén xunto aos anteriores caracterízase polo longo período de latencia que pasa, moitas veces, entre a exposición a un tóxico e a manifestación dos efectos. Comparte, ademais con eles a característica de que, ás veces, un mecanismo xenotóxico está na base fisiopatolóxica do proceso.A teratoxénese é un problema que preocupou o home desde tempos remotos, pero ata mediados do século pasado pensábase que non tiña relación con exposicións ambientais, xa que se consideraba que a placenta actuaba como unha barreira de protección do feto. Foi a raíz do caso da talidomida, un fármaco empregado para tratar as náuseas do primeiro trimestre do embarazo, alá polos anos 60, cando xurdiu a alarma sobre os posibles riscos da exposición intraútero ás substancias químicas. A partir dese punto estableceuse a necesidade de avaliar o risco dos novos fármacos para o seu uso durante o embarazo, para evitar que o caso da talidomida se repetise. Tamén a partir de entón se estableceron uns principios básicos de teratoxénese, que serven para comprender cando unha determinada exposición pode supor un risco para o embarazo ou non.Debido á frecuencia con que as mulleres embarazadas están expostas a tratamentos farmacolóxicos, é preciso que os farmacéuticos teñan unhas nocións básicas e claras sobre estes principios básicos e sobre os mecanismos de teratoxénese. Deste xeito poderán facer unha interpretación crítica do risco que pode supor o uso dun determinado fármaco nunha determinada etapa da xestación. Tamén é importante que coñezan algún sistema de clasificación de fármacos en base ao seu potencial teratoxénico, e que se acostumen ao seu manexo e interpretación. PB Universidade de Santiago de Compostela. Servizo de Publicacións e Intercambio Científico SN 978-84-9750-935-0 YR 2008 FD 2008 LK http://hdl.handle.net/10347/10980 UL http://hdl.handle.net/10347/10980 LA glg NO Titulación: Licenciatura en Farmacia -- Materia: Toxicoloxía NO Universidade de Santiago de Compostela. Servizo de Normalización Lingüística DS Minerva RD 22 abr 2026